"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • Que pode ser referido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relatar algunha cousa de xeito oral ou escrito.

    2. Falar de algo ou alguén de maneira indirecta.

    3. Facer mención de algo ou de alguén sen entrar en profundidades.

    4. Estar unha cousa en relación de dependencia con outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ferver de novo algunha cousa.

    2. Poñerse moi nervioso e de mal humor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Goiriz, Vilalba 07/07/1958. Filólogo.
    Licenciado en Filoloxía Románica pola USC (1982), en 1983 entregou a memoria de licenciatura titulada O exordio estacional na lírica galorrománica medieval. Foi lector de castelán e galego na Universidade de Colonia (1985-1987). Regresou en 1987 á Universidade de Santiago de Compostela como axudante e en 1989 obtivo o título de Doutor en Filoloxía Románica coa tese titulada A fala do Norte da Terra Chá: estudio descritivo, dirixida por Antón Santamarina. En 1994 obtivo a praza de profesor titular e en 2008 a de catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, onde continúa exercendo. Foi director do Departamento de Filoloxía Galega de 2005 a 2009. 
    É tamén investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG) desde 1981 do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista, fillo de Manuel Remuñán García. Doutor en Dereito pola Universidad de Madrid, foi profesor de dereito internacional público e relacións internacionais na Universidade de Santiago de Compostela. Destacou o seu labor na conservación do patrimonio histórico da cidade compostelá. Membro do Seminario Estudos Galegos, da Asociación Española de Derecho Internacional e académico correspondente da Real Academia Galega, escribiu diversos estudos sobre dereito internacional e relacionados con Santiago de Compostela. Recibiu a Medalla Castelao (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade hereditaria de transmisión autosómica dominante que afecta á pel e ás mucosas e que se caracteriza pola presenza de telanxiéctase que curan facilmente producindo, sobre todo, epistaxes e hemorraxias dixestivas. OBS: Tamén se denomina telanxiéctase hemorráxica hereditaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén ou produce resina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Motín levado a cabo polas tropas asentadas no Arsenal de Ferrol en 1795, causado pola falta de fondos para o pagamento dos seus soldos, debida á crise da facenda polos gastos da guerra que os deixara sen paga durante seis meses. Como medida de coacción, presentouse o capitán xeneral de Galicia coas súas tropas nas proximidades de Ferrol, pero non resultou efectivo e finalmente pagaron aos soldados con fondos da cidade e do cabido, ante a necesidade de manter a Armada alerta para a súa posible incorporación á guerra con Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Editor, neto do fundador de La Voz de Galicia Xoán Fernández Latorre. Propietario e presidente da Corporación Voz de Galicia, un dos maiores grupos de comunicación de Galicia, que engloba La Voz de Galicia, Diario de León, Radio Voz, Voz Audiovisual, Sondaxe e Canal Voz. Licenciado en Dereito, accedeu en 1963 á xerencia do rotativo La Voz de Galicia. Baixo a súa dirección, o xornal, o de maior difusión de Galicia e o sexto de información xeral de España, viviu a súa grande expansión: acometeu unha total renovación técnica, superou os 100.000 exemplares de difusión diaria, creou o sistema de edicións que dá cobertura a toda Galicia e inaugurou o edificio intelixente que alberga a planta de impresión de Sabón (Arteixo) en 1992. En 2001 creou a fundación que leva o seu nome co fin de fomentar o coñecemento e difusión da cultura e contribuír ao estudo, investigación, defensa e creación de medios de comunicación en Galicia en calquera dos seu soportes e que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando Casado d’Arambillet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Activo en Betanzos, foi un dos primeiros pintores barrocos de Galicia. Cara a 1650 pintou o retablo de Santo Antón de Padua no santuario da Nosa Señora do Camiño de Tiobre e o retablo maior da capela da Madanela de Betanzos. Nestas obras amosou unha concepción pictórica sinxela, co emprego de fondos escuros, unha gama cromática pobre de tons escuros e pardos, onde domina o debuxo sobre a cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e ceramista. Asentado na Coruña, foi membro fundador do Colectivo Nacional de Diseño e Investigación Arrancadilla e en 1986 dirixiu e promoveu o Primeiro Encontro Europeo de Ceramistas en Galicia. Recibiu, entre outros, o Premio Cádiz de Escultura en 1986.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Doutor en Sagrada Teoloxía e licenciado en Dereito Canónico, foi cóengo do Seminario de Mondoñedo e de Santiago de Compostela, onde foi nomeado bispo auxiliar en 1922. Escribiu diversos sermóns e cartas pastorais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferdinand Paul Wilhem.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tiroidite crónica fibrosa que se caracteriza por unha proliferación masiva de tecido fibroso, que determina a formación dun bocio de consistencia moi dura, como de madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Talasemia, de caracter heterocigótico, máis benigna que outros tipos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e patriota grego. De nome Andónios Kiriazís, escribiu versos patrióticos e un himno de batalla contra os turcos, inspirado polas ideas da Revolución Francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Membro do goberno provisional da Segunda República, foi ministro de Xustiza (1931), de Instrución Pública e Belas Artes (1931-1933) e de Estado (1933). Foi embaixador en Washington durante a Guerra Civil Española (1936-1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade da pel, propia dos neonatos e de etioloxía non ben coñecida, que consiste na formación de vexigas e na aparición dunha eritrodermia exfoliativa dolorosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Topógrafo. Dedicado á investigación arqueolóxica, colaborou na delimitación, confección e estudo do plano da zona de protección monumental do centro histórico de Ourense. Publicou La Vía romana XVIII (via nova): revisión de su trazado y mensuración (2000) e Consideraciones sobre la antigüedad del episcopado auriense y la génesis de su diócesis: el rol del Parochiale Suevum y otras cuestiones (2003). É académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO