"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Río que fluía nos infernos. Nel bebían os mortos, cando entraban no outro mundo, para esquecer a súa vida terrestre, e os que crían na metempsicose afirmaban que as ánimas, antes da súa reencarnación, bebían tamén nel para esquecer o que viran nese outro mundo.
-
-
Relativo ou pertencente ás leucotricáceas.
-
Bacteria da antiga familia das leucotricáceas.
-
Antiga familia de bacterias formada por organismos que oxidan ácido sulfhídrico.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás lexioneláceas.
-
Bacteria da familia das lexioneláceas.
-
Familia de bacterias á que pertencen as bacterias responsables da lexionelose.
-
-
-
Campo en que se realizaban paradas militares, na antiga Grecia, situado ao L de Atenas, ao pe do Licabeto e preto do santuario de Apolo Liceo. Pericles fundou alí un ximnasio que, máis tarde, foi sede da escola peripatética de Aristóteles (335 a C). Filipo V de Macedonia destruíuno e o nome pasou a designar propiamente a escola filosófica de Aristóteles e, co paso do tempo, os edificios públicos en que se celebraban exercicios literarios e filosóficos.
-
Asociación dedicada á promoción social ou cultural que se fundou en Europa ao longo do s XIX, asociada a determinados grupos sociais, profesionais ou políticos. Desde mediados do s XIX detectouse na Galicia urbana un importante movemento asociativo, de carácter recreativo e cultural, que amosou a incipiente diversificación social. Vinculados especialmente a grupos de artesáns e clases medias urbanas, dos numerosos liceos que se crearon en Galicia destacan o Liceo Artístico de Lugo (1867), Liceo Coruñés, fundado en 1846 co nome de Sociedad Artística y Literaria de La Coruña; Liceo de la Juventud de Santiago de Compostela (1847), que foi refundado no antigo convento de Santo Agostiño en 1854; Liceo de Artesanos de Ferrol (1855); Liceo de Vigo (1877); e Liceo Recreo de Artesanos de Ourense (1850).
-
Centro educativo de ensino secundario, chamado así nalgúns países como Francia e Italia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación recreativa e cultural creada o 1 de xaneiro de 1847 en Santiago de Compostela. As súas actividades remataron en 1848, pero cara a 1854 fundouse no antigo convento de Santo Agostiño un novo liceo denominado Liceo de la Juventud de Santiago de Compostela. Esta nova asociación aglutinou a mocidade intelectual, dos que destacaban Murguía, Rodrigues Seoane e Paz Novoa e Pondal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista cuadrimestral que apareceu en 1926 por iniciativa dos estudiantes. Reapareceu entre xaneiro de 1930 e outubro de 1932, e tivo unha terceira etapa que comezou en 1948. Publicada polo colexio teolóxico do convento franciscano de Santiago de Compostela, orixinalmente era unha revista de temática xeral pero co tempo dirixiuse cara a temas da realidade histórica de Galicia.
-
SEMANARIOS
Semanario literario editado na Coruña entre o 8 de marzo e o 31 de maio de 1846. Impreso nos obradoiros tipográficos de Puga, tivo como director a Xosé Puente Brañas. Foi o órgano da sociedade El Liceo e nel colaboraron destacados escritores como Vicente Turnes.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás licoperdáceas.
-
Fungo da familia das licoperdáceas.
-
Familia de fungos, da orde das licoperdais, de carpóforo redondeado co peridio dobre e a gleba loculada. A esta familia pertencen os bufos de vella (Lycoperdan).
-
-
-
Relativo ou pertencente ás licopodiáceas.
-
Pteriodófito da familia das licopodiáceas.
-
Familia de pteridófitos, da orde das licopodiais, que se caracterizan por presentar prótalos moi desenvolvidos e esporofito alongado e bifurcado. O xénero principal é Lycopodium.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: licopodiato.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é de natureza da madeira.
-
-
Relativo ou pertencente ás liliáceas.
-
Planta da familia das liliáceas.
-
Familia de plantas herbáceas a miúdo bulbosas, rizomatosas ou tuberosas, da orde das liliais, xeralmente de flores actinomorfas e hermafroditas e froito de condición moi variada. Comprende preto de 2.800 especies, moitas delas con interese medicinal ou alimentario.
-
-
-
PERSOEIRO
Pintor. Cultivou especialmente o retrato en esmalte. Traballou para a corte francesa en Fontainebleau onde se formou xunto a F. Primaticio. En Limoges dirixiu a manufactura real de esmaltes. Foi retratista de Francisco I e Enrique II.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás lináceas.
-
Planta da familia das lináceas.
-
Familia de plantas herbáceas, arbustivas ou arbóreas, da orde das linais, que presentan follas alternas, simples, enteiras, sésiles e a miúdo estreitas, flores actinomorfas, hermafroditas, xeralmente pentámeras e froito en cápsula loculicida. Comprende unhas 300 especies propias de zonas temperadas e cálidas, algunhas delas, como o liño, de grande interese económico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe grego, fillo de Exipto. Casou con Hipermestra, unha das Danaides.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especie que inclúe agrupacións moi amplas de individuos que poden diferir entre eles ata un grao relativamente considerable.
-
-
Material de recubrimento que está constituído por un tecido, xeralmente de xute, cuberto por unha pasta feita de aceite de liñaza colofonia, goma kaurí, serraduras de cortiza ou de madeira, cargas minerais e materias colorantes. É un material elástico, impermeable e resistente á abrasión, empregado en pavimentos, revestimentos de paredes e carrocerías, e na obtención de pranchas para gravados.
-
Estampación que se obtén pola impresión dun gravado tallado na superficie dunha prancha de linóleo. O procedemento para a obtención deste material é, en principio, o xilográfico, en que con gubias se rebaixan as partes que quedarán brancas na estampa, deixando o relevo na superficie lisa para ser tintada sobre papel. A aparición de gravado sobre linóleo data de principios do s XX, e a partir de mediados de século imponse como procedemento artístico de carácter propio, e foi utilizado por numerosos artistas, como Picasso ou Miró.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema que afirma que os puntos do espazo fásico (cada un dos que representa un posible estado do sistema material dado) se moven no decurso do tempo como un fluído incomprensible, é dicir, que o volume do espazo fásico ocupado por un conxunto destes puntos permanece constante.
-
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Considerou que a psicoloxía era a base da reflexión filosófica, aínda que máis tarde se decantou pola fenomenoloxía husserliana. Escribiu Die ethischen Grundfragen (Problemas éticos fundamentais, 1902) e Leitfaden der Psychologie (Fío condutor da psicoloxía, 1903).
VER O DETALLE DO TERMO