linóleo
(< lat linu ‘liño’ + lat olĕu‘aceite’)
-
s
m
[QUÍM]
Material de recubrimento que está constituído por un tecido, xeralmente de xute, cuberto por unha pasta feita de aceite de liñaza colofonia, goma kaurí, serraduras de cortiza ou de madeira, cargas minerais e materias colorantes. É un material elástico, impermeable e resistente á abrasión, empregado en pavimentos, revestimentos de paredes e carrocerías, e na obtención de pranchas para gravados.
-
s
m
[ARTE]
Estampación que se obtén pola impresión dun gravado tallado na superficie dunha prancha de linóleo. O procedemento para a obtención deste material é, en principio, o xilográfico, en que con gubias se rebaixan as partes que quedarán brancas na estampa, deixando o relevo na superficie lisa para ser tintada sobre papel. A aparición de gravado sobre linóleo data de principios do s XX, e a partir de mediados de século imponse como procedemento artístico de carácter propio, e foi utilizado por numerosos artistas, como Picasso ou Miró.