"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Revolucionario suízo. Dedicouse á propaganda política, e en 1789 publicou Publiciste Parisien e L’ami du peuple, xornais en que defendía o seu radicalismo político. Identificouse coas necesidades do baixo pobo e converteuse en ídolo de masas de París. Formou parte dos Club dos Cordeliers e, máis tarde, dos xacobinos, onde inspirou e defendeu a intransixencia política fronte aos xirondinos. Foi membro do comité de vixilancia da Comuna de París e un dos responsables das matanzas do 10 de agosto e setembro de 1792. Foi deputado de París na Convención Nacional e continuou instigando ás masas da capital á acción revolucionaria. Exerceu un papel destacado na caída dos xirondinos, en xuño de 1793.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao maratón.

      2. Que esixe moita intensidade ou require moita duración.

    1. Persoa que corre maratóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Escribiu numerosas obras de interpretación histórica como Teoría del estado en España durante el siglo XVIII (1944), El concepto de España en la Edad Media (1955), Teoría del saber histórico (1958), Las comunidades de Castilla, una primera revolución moderna (1963) e Estado moderno y mentalidad social (1972). Foi membro da Academia de Historia de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas un escudo partido: primeira partición, de prata; segunda partición, de azul; brochantes sobre o trazo da partición, tres roeis, partidos, dun no outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Misioneiro e escritor. Viviu moitos anos entre os indios moxos e escribiu Arte de la lengua moxa, con su vocabulario y catecismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Despois de estudar teoloxía e filosofía dedicouse á pintura. Pertenceu a Der Blaue Reiter. Interesado por expresar o movemento na vida e os animais, o seu tema preferido foron os cabalos, Serie de cabalos de Lenggries (1908). Destacan Os tres cabalos vermellos e Os cabalos brancos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación aplicada aos territorios hipánicos, fronteirizos co Imperio Carolinxio e que despois foron coñecidos co nome de Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • marchantiáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matrona . Foi a primeira en impulsar os principios do monacato. Foi cativa de Alarico. A súa festividade celébrase o 31 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir, irmán de san Marcos. Morreu decapitado xunto co seu irmán durante a persecución de Diocleciano. A súa festividade celébrase o 18 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa, filla dun funcionario imperial e irmá maior de santo Ambrosio e de san Sátiro, educados por ela. Aparece representada con dous nenos (os seus irmáns). A súa festividade celébrase o 17 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (296-308). Foi mártir durante a persecución de Diocleciano xunto cun tal Pedro, segundo a inscrición atopada nunha catacumba romana. Viste de pontifical co sagrado palio e a tiara na cabeza e como atributos persoais leva o pergamiño e unha espada ou puñal. A súa festividade celébrase o 2 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e bispo de Ancira. Opúxose ao arianismo e foi apoiado por Atanasio e os niceos, pero foi acusado de sabeliano e desterrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Centurión romano. Casou con santa Nunia e tiveron unha ducia de fillos, todos eles mártires e santos. A súa festividade celébrase o 30 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de París. Segundo a lenda, librou a cidade dun dragón que habitaba a sepultura dunha muller adúltera, morta sen se arrepentir. A súa festividade celébrase o 1 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (308-309) e mártir. Atacou os cristiáns renegados e apóstatas públicos mediante a esixencia de penitencia pública. Detido por orde do Emperador Maxencio, este obrigouno a ser o seu palafreneiro dentro da súa propia igrexa, transformada en corte de cabalos. Morreu martirizado. A súa festividade celébrase o 16 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Comezou colaborando en Las Noticias e La Dona Catalana. A súa poesía é postsimbolista con elementos realistas (Rutas, 1938; La pasión desvelada, 1946 ou El viento, 1951). Tamén publicou novelas (Nina, 1949 ou Algo muere cada día, 1955), e, xunto co seu marido, Ricardo Fernández de la Reguera, escribiu dez títulos dos Nuevos episodios nacionales (1963-1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Financeiro. Participou na constitución da Compañía Transmediterránea (1916) e posteriormente na absorción de La Isleña (1917) e na creación dunha moderna fábrica de abonos químicos. A partir de 1918 iniciou a súa vida política desde o Partido Liberal e promoveu un amplio reagrupamento de forzas políticas contra mauristas. En 1926 constituíu a Banca March SA, e apoiou financeiramente a sublevación militar de xullo de 1936. En 1955 creou a Fundación Juan March, composta por un patronato e un consello, desde a que se promove a investigación científica e as relacións culturais entre o estado español e outros estados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. Foi oficial de infantería de Mariña desde 1889, e explorou diversos territorios de África Occidental e a rexión do alto Níxer, no interior de Costa de Marfil. En 1898 protagonizou o incidente de Fāshōda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Coñecida como Mademoiselle Dumesnil, foi unha das actrices dramáticas máis célebres do s XVIII e unha das figuras da Comédie-Française entre 1737 e 1776. Traballou en obras de Voltaire e Racine, como en Iphigénie en Aulide (1737). En 1800 publicou Mémoires, en resposta ao libro homólogo precedente de Hyppolite Clairon.

    VER O DETALLE DO TERMO