"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Evanxelista. De nome Xoán e de orixe xudía, tomou o nome romano de Marcos como sobrenome. Nos primeiros textos aparece como Xoán Marcos, o que fai crer que era un xudeu que pertencía ao mundo grego. Curmán de san Bernabeu, acompañou a este na viaxe que fixo con san Paulo a Antioquía, Chipre e Asia Menor. Estivo en relación estreita cos apóstolos, especialmente con san Paulo e san Pedro, e segundo a lenda, marchou por mandato de san Pedro a Alexandría, onde fundou unha comunidade cristiá. Máis tarde foi martirizado por unha multitude, que o arrastrou polas rúas cunha corda ao pescozo. A lenda conta tamén que quixeron queimar o seu corpo, pero empezou a chover moito e inundouse todo Exipto. En 828, comerciantes venecianos roubaron o seu corpo e levárono a Venecia, o que provocou a transformación no centro do seu culto. Escribiu o segundo Evanxeo e nos primeiros séculos do cristianismo, o seu Evanxeo considerouse o de san Pedro, porque ao parecer escribírao ao ditado do apóstolo....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Roma ? - ?) Papa (336). De nome Prisco, sucedeu a san Silvestre. Atribúeselle un decreto polo que se lle reservaba ao bispo de Ostia o dereito de consagrar o papa. A súa festividade celébrase o 7 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - ? 286) Mártir, irmán de san Marceliano. Ambos os dous foron decapitados durante a persecución de Diocleciano. A súa festivididade celébrase o 18 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insurxente mexicano. Foi o principal dirixente e voceiro do Ejército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN). Deuse a coñecer con este nome desde a súa primeira comparecencia pública (1994), na selva de Lancadocea (Chiapas), en que denunciaba a precariedade das condicións de vida dos pobos indíxenas do seu país e esixía ao goberno unha inmediata solución ao problema. Oficialmente foi identificado como Rafael Sebastián Guillén Vicente (Tampico, Tamaulipas 19.6.1957), que desapareceu desde 1984. Este personaxe encarna o rexeitamento ao neoliberalismo e á globalización, e simpatiza cos grupos activistas de esquerdas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia da Fronteira do Noroeste, Paquistán, situada ao N do río Kalpāni (244.511 h [1998]).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ou quen profesa a arte de navegación ou que traballa no mar.

      2. gremio de mareantes

        Confraría de xentes do mar, que existiu desde a Idade Media ata o s XIX, que se encarga de rexer a vida mariñeira en diversos portos galegos.

    1. Que causa mareo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Influído pola escola de paisaxistas de Múnic e por A. Böcklin, trala súa estadía en Italia (1864) representou unha abstracción da natureza limitada ás cousas máis esenciais, cunha técnica que se achega á do fresco. Das súas obras destacan O baño de Diana (1863), os frescos da biblioteca do Instituto Zoolóxico de Nápoles (1873-1874), en colaboración co escultor A. von Hildebrand, e As Hespérides (1884).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Mestre na Escola de Artes e Oficios de Vigo, traballou o marfil e o barro, en obras de pequeno formato. Destacan os conxuntos Mordomas e Entroido. Ten obra no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo e noutras coleccións galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno hereditario do tecido conectivo descrito polo médico francés Bernard-Jean Antonin Marfan (1858-1942) que ocasiona alteracións oculares, osteoarticulares e cardiovasculares. Prodúcese un crecemento esaxerado dos ósos longos, cun talle e unha envergadura excesivas para a idade, e os dedos moi longos (aracnodactilia). As articulacións son moi laxas e hiperestensibles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e economista. Foi secretario xeral do Consello de Empresarios e director provincial do Instituto para a Reforma das Estruturas Comerciais (IRESCO). Militou no Partido Galego Independente (PGI) e despois na UCD, cando o PGI se integrou na UCD. Presidiu a Deputación Provincial da Coruña (1979-1987) e UCD de Galicia (1982), e foi senador por Coalición Popular (1986-1989). Fundou e presidiu Democracia Galega (1996), formación política de ámbito galego e autonomista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Filla dun pagán, a súa ama de cría converteuna ao cristianismo. O gobernador romano quixo casar con ela e, ao ser rexeitado, ordenou o seu martirio. Na iconografía represéntase como unha rapaciña que viste a túnica e o manto das virxes romanas. Os seus atributos xerais son a palma do martirio e o libro; e os persoais unha cruz e un dragón baixo os seus pés, que representa o demo; pero tamén pode levar unha coroa de perlas na cabeza. A súa festividade celebrábase o 20 de xullo, pero a reforma litúrxica posterior ao Concilio Vaticano II eliminouna do calendario litúrxico universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Alviano 1247 - Cortona 22.2.1297) Relixiosa franciscana. Fundou un hospital para pobres en Cortona e levou unha vida de sacrificio e penitencia. Na iconografía viste hábito de franciscana. O seu atributo persoal é un can que ás veces lle tira do hábito. A súa festividade celébrase o 22 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Hungría 1045? - Edimburgo 16.11.1093) Raíña de Escocia. Dona do Rei Malcolm III de Escocia, levou unha vida austera e fomentou a cultura e a relixión. A súa festividade celébrase o 10 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Navarra, filla de Enrique II de Francia e de Catarina de Medici. Casou en 1572 con Enrique III de Navarra (Enrique IV ; de Francia), pero o Papa Clemente VII anulou o matrimonio por ter numerosos amantes. Conservou o título de raíña ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa dominicana, filla do Rei Bela IV e sobriña de santa Isabel de Hungría. Foi abadesa do convento fundado nunha illa do Danubio entre Buda e Pest. Na iconografía viste hábito dominicano. O seus atributos son un lirio e un libro cunha coroa real aos pés. A súa festividade celébrase o 18 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Pont-à-Mousson 1430 - Dampierre, Anjou 25.8.1482) Raíña de Inglaterra, filla de Renato I, rei titular de Nápoles, e de Isabel de Lorena. Casou en 1445 con Enrique VI de Inglaterra e fíxose gobernadora efectiva do reino. A súa política provocou a Guerra das Dúas Rosas. Foi derrotada definitivamente en Tewkesbury en 1471.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa de Alençon, raíña de Navarra, condesa de Armagnac e escritora, filla do conde Carlos de Angulema e de Luísa de Savoia, e irmá do Rei Francisco I de Francia. Casou en 1509 co duque Carlos de Alençon e en 1527 co Rei Enrique II de Navarra. Escribiu o Heptaméron e varios poemas que foron recollidos en Miroir de l’âme pécheresse (1531).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Verosvres, Charolais 1647 - Paray-le-Monial 1690) Mística francesa. Profesou (1672) no convento da Visitación e manifestou que recibira de Xesús Cristo o encargo de propagar a devoción ao Sagrado Corazón. Na iconografía represéntase case anciá, con hábito escuro, en éxtase e axeonllada cos ollos cara ao ceo, e o seu atributo persoal é un corazón ou unha coroa de espiños na man. Canonizada en 1920, a súa festividade celébrase o 16 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo e xeomorfólogo. Membro da Societé Géologique de France, está considerado un dos fundadores da xeografía física. Escribiu, entre outras obras, Les formes du terrain (1888), en colaboración con G. de la Noë, e Le Jura (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Foi un dos iniciadores da análise química e introduciu o uso do microscopio nos estudios químicos. Empregou o ensaio á chama para diferenciar o sodio do potasio e obter o P2O2 por combustión do elemento; e tamén demostrou en1946 que o cinc era un elemento, cando conseguiu illalo en estado puro.

    VER O DETALLE DO TERMO