"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Raíña de Portugal e infanta de España, filla de Filipe V e de Isabel de Farnese. Casou en 1727 con Xosé, príncipe de Brasil e herdeiro dos reis de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Francia, filla do Emperador Francisco I e de María Tareixa   I de Austria. Casou con Luís XVI de Francia, e cando este ascendeu ao trono (1774), o seu dominio sobre o rei reflectiuse nunha forte influencia política. Acusada de favorecer os intereses de Austria, mal vista por culpa dos seus excesivos dispendios e pola súa oposición a toda clase de reformismo, a opinión tornouse en contra dela. Durante a Revolución Francesa fixérona prisioneira xunto co rei (13 de agosto de 1792), e executárona ao ano seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Personaxe popular. Segundo a tradición, capitaneou unha revolta popular (1386) contra o bispo de Lugo, Pedro López de Aguiar, por causa dos fortes tributos que padecían. A súa sona deu orixe a un modismo adverbial “en tempos de María Castaña” equivalente a ‘antigamente, hai moitos séculos’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marta de Xeorxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Bizancio, filla de Costanza I de Antioquía e de Ramón de Poitiers, príncipe de Antioquía. Casou en 1161 co Emperador Manuel I Comneno de Bizancio. Trala morte deste (1180), foi rexente do herdeiro Aleixo II Comneno de Bizancio. Por culpa da súa política prolatina foi prendida e estrangulada por Andrónico I Comneno, curmán de Manuel I, quen en 1183 foi proclamado emperador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa. Tomou o hábito mercedario en 1248 e en 1261 fundou a rama feminina da orde da Mercé. O seu culto aprobouno o Papa Inocencio XII en 1692 e a súa festividade celébrase o 25 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora francesa. Todas as súas obras conservadas están escritas en versos pareados de oito sílabas. Traduciu do latín unha serie de fábulas esópicas (Ysopet, 1170?) e unha narración sobre o purgatorio de san Patricio (Espurgatoire Saint Patrice, 1190?). A súa obra máis destacada e persoal son doce lais (1167?), narracións en verso de carácter amoroso e fantástico, que contiñan unhas anécdotas coas que se compuxeron cancións líricas, coñecidas na lírica inglesa, bretoa e francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María de Antioquía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Princesa de Girona e de Asturias, filla do Rei Xoán III de Portugal e de Catarina de Austria. Casou en 1543 co seu curmán o príncipe Filipe (Filipe II), herdeiro de Carlos I. Morreu ao dar a luz o infante Carlos de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Noirmoutier 31.7.1796 - Angers 24.4 .1868) Relixiosa. Fundadora da congregación de Nosa Señora da Caridade do Bo Pastor en 1835, foi canonizada en 1940. A súa festividade celébrase o 24 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Exipto 345? - Palestina 421) Penitente. Convertida ao cristianismo despois de ter unha visión en Xerusalén, retirouse a vivir no deserto durante 47 anos. O seu sepulcro, en Palestina, foi moi visitado no s VI. A súa festividade celébrase o 2 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Corinaldo, Ancona 16.10.1890 - Nettuno, Lacio 5.7.1902) Virxe e mártir. Morreu martirizada por defender a súa pureza e foi canonizada en 1950. A súa festividade celébrase o 6 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María I de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María II de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Aragón e Castela, filla de Filipe II de Orléans e de Enriqueta Ana de Inglaterra. Casou en 1679 co Rei Carlos II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infanta de España e duquesa de Montpensier, filla do Rei Fernando VII e de María Cristina das Dúas Sicilias. Casou en 1846 con Antón de Orléans, duque de Montpensier, fillo do Rei Luís Filipe I de Francia. En 1868 foi expulsada, co seu marido, por conspirar contra a súa irmá, a Raíña Isabel II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Florencia 1566 - 25.5.1607) Relixiosa carmelita. Mestra de novicias, tiña estigmas e acadou un alto grao de misticismo. A súa festividade celébrase o 25 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s I) Penitente. Personaxe do Novo Testamento, foi discípula de Xesús Cristo, a quen acompañou ata a súa morte na cruz e foi a primeira persoa que anunciou a súa resurrección. A tradición medieval occidental identificouna coa pecadora arrepentida que perfumou os pés de Xesús Cristo na casa de san Simón, citada nos Evanxeos de san Lucas, san Mateo e san Marcos. Discútese se María de Magdala, María de Betania e a pecadora anónima eran esta mesma santa. É a personificación das bágoas do arrepentimento. Na iconografía existen dúas tipoloxías: a Madalena cortesá de gran fermosura e sensualidade que, vestida con ricos vestidos, leva na man un vaso de perfume para lavarlle os pés a Xesús Cristo; e a Madalena penitente, xeralmente núa, co corpo cuberto por unha longa cabeleira, e que leva nas mans un cranio, un rosario e unha coroa de espiños. A súa festividade celébrase o 22 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de España, filla de Antonio de Orléans, duque de Montpensier e da infanta María Luísa Fernanda de Borbón. Casou en 1878 co seu curmán o Rei Afonso XII e morreu de tifo ao cabo de seis meses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República Dominicana (1.272 km2; 124.957 h [1993]). A súa capital é Nagua (26.013 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO