"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Nai de Xesús Cristo, filla de santa Ana e san Xoaquín. Mencionada discretamente na literatura neotestamentaria, foi obxecto de antigas tradicións, segundo as que morreu en Éfeso ou Xerusalén. Como obxecto de culto e veneración ocupou progresivamente un lugar singular na fe e na piedade cristiás, moi influínte no desenvolvemento do dogma católico. A elaboración da doutrina e da piedade marianas fixo aparecer diverxencias notables entre Oriente e Occidente: mentres as igrexas ortodoxas desenvolveron unha especie de omnipresencia de María, Nai de Deus (Theotokos), na liturxia, na himnografía e na iconografía, a Igrexa Latina seguiu un desenvolvemento doutrinal que desembocou nunha marioloxía. Desde a Reforma, a persoa de María e o papel que se lle atribúe na obra de salvación suscitaron numerosos problemas. Para comprender o seu papel a tradición instituíu paralelismos tipolóxicos, sobre todo o de Eva-María e o de María-Igrexa. Se a fe se comprendeu mellor a través de Eva e da Igrexa,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Servidora de Xesús Cristo. Muller de Cleofás, acompañaba a Xesús Cristo e asistiu á súa morte e sepultura. A súa festividade celébrase o 9 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que deriva do nome persoal grego Mariamne, e que ten a súa orixe no antigo exipcio mrj-imn ‘amada polo deus Amón’, a través do hebreo. Entre as santas destacan santa Mariana (s I) e santa Mariana de Xesús (s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña (1649-1665) e rexente (1655-1677) de España, filla do Emperador Fernando III. Casou en 1649 co seu tío, Filipe IV. Foi rexente mentres o seu fillo, o futuro Carlos II, non foi maior de idade. Confiou nesta época o poder aos seus favoritos: o xesuíta Nithard e Fernando de Valenzuela y Enciso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de España (1689-1700). Foi a segunda muller de Carlos II, sobre o que exerceu unha forte influencia. Cando foi evidente que o rei morrería sen sucesión, decantouse alternativamente en favor de Filipe de Anjou ou de Carlos de Austria, ata que finalmente se decantou por este.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Quito 1618 - 1645) Virxe e penitente. Fixo voto de castidade desde nena e, ao non ser admitida en ningún convento, viviu na súa casa como contemplativa. A súa festividade celébrase o 26 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mariana de Neoburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e xesuíta. Escribiu Historiae de Rebus Hispaniae Libri XXX, obra publicada en Toledo (1592) e, completa, en Maguncia (1601), que foi considerada un modelo de prosa histórica e de rigor de investigación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s I) Irmá do apóstolo Filipe. Asistiu o seu irmán e enterrouno. Non ten culto en Occidente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Cuba, situada ao SO da aglomeración de La Habana (127.563 h [estim 1981]). É un centro residencial e industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depresión do Océano Pacífico que constitúe un estreito arco que se estende de L a S do arquipélago das Marianas. Ten unha profundidade de 10.960 m, a máis profunda que se coñece.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago do Pacífico occidental que forma parte da Micronesia norteamericana, ao N de Guam, ao L de Filipinas e ao S de Xapón (477 km2; 75.000 h [estim 2001]). A súa capital é Saipan. Son illas de orixe volcánica, alternantes con formacións coralinas, das que destacan Saipan (116 km2), Tinian (109 km2) e Rota (85 km2). A maior parte da poboación é micronesia. Os principais cultivos agrícolas son o cacao, o coco e a cana de azucre. A pesca é moi abundante, sobre todo a de atún e crustáceos, pero a principal actividade económica é o turismo. Foron descubertas por Fernão de Magalhães (1521), que as chamou Illas dos Ladróns, pero os xesuítas casteláns, chegados en 1668, rebautizáronas co nome de Marianas, en honor de Mariana de Austria. Posesión española ata 1898, ano en que cedeu Guam a EE UU, despois do referendo de 1977 estas illas, agás Guam, convertéronse nun estado asociado de EE UU, baixo o nome de Commonwealth of the Northern...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Culto que se profesa á Virxe María.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Compañía de María.

    2. Que ou quen pertence á orde relixiosa da Compañía de María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do nome persoal latino Marianus, derivado do xentilicio latino Marius ‘Mario’. Con posterioridade, tamén se considerou como derivado de María. Destaca con este nome san Mariano (s VI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á Virxe María e ao seu culto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, debuxante e gravador italiano. Coñecido como Sandro Botticelli, foi discípulo de frei Filippo Lippi e, estivo influído polos irmáns Piero e Antonio Pollaiolo, especialmente na volta aos temas mitolóxicos, e por Andrea Verrocchio. A maior parte da súa carreira desenvolveuse en Florencia, onde recibiu o apoio dos Medici. A súa obra, excluída a última etapa mística, representa a exaltación dun esteticismo decorativo e aristocrático ao servizo dun concepto da arte que reaccionaba contra o afán de reproducir con fidelidade a realidade. Pintou Giuditta e Oloferne (1469-1470) e tamén L’Epifania, (1475) e La Primavera (1477-1478), ambas as dúas para os Uffizi. Tres anos máis tarde foi chamado a Roma polo Papa Sisto IV para decorar a Capela Sixtina do Vaticano, onde traballou con Perugino, Pinturichio, Cosimo Rosselli e Ghirlandaio. Pintou Pallade che doma il Centauro (1485?), Nascita di Venere (1486?) e L’Annunciazione (1488-1490),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Berry s VI) Anacoreta. Localizárono morto nunha fraga e no lugar da súa tumba aconteceron moitos milagres. A súa festividade celébrase o 19 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Foi senador por designación real (1977-1979) e desenvolveu, á luz da filosofía da razón vital, moitos dos temas inaugurados polo seu mestre Ortega y Gasset, con quen fundou o Instituto de Humanidades de Madrid (1948). Escribiu Historia de la filosofía (1941), Miguel de Unamuno (1943), Introdución a la filosofía (1947), Consideración de Cataluña (1966), Antropología metafísica (1970), La justicia social y otras injusticias (1974) e La España real (1976) (volume inicial dunha serie sobre España). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias en Comunicación y Humanidades (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro de peregrinación e de culto á Virxe, situado na localidade homónima austríaca, no land de Estiria (2300 h [estim 1980]). A igrexa, realizada en estilo gótico, foi reconstruída en 1664. O interior barroco contén unha talla románica da Virxe do s XII.

    VER O DETALLE DO TERMO