"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

  • Grupo de empresas fundado no 1922 como froito das inquedanzas de Manuel Álvarez Pérez e que terá como sucesor a Moisés Álvarez O’Farril durante as décadas dos cincuenta e sesenta. O Grupo Álvarez configúrase actualmente como o líder nacional e un dos primeiros grupos internacionais do sector de cerámica de mesa e decorativa, actividade na que está presente a través das súas distintas factorías. A actividade deste grupo empresarial compleméntase coa produción de envases de vidro. No 1999, o Grupo de Empresas Álvarez conta con catro fábricas organizadas do seguinte modo: Fábrica de Porcelana Santa Clara, situada en Cabral, iniciou a súa actividade no 1941 e está especializada na produción de vaixelas, elementos decorativos e vitroporcelana que comercializa baixo a marca Santa Clara; Pontesa, situada en Ponte Sampaio (Pontevedra), inaugurada no 1961 dedícase á fabricación de vaixelas e elementos decorativos de louza comercializados baixo a marca Pontesa e conta ademais coa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor arxentino, coñecido tamén polo pseudónimo Fray Mocho. É autor de narracións costumistas e picarescas de extraordinaria popularidade: Un viaje al país de los matreros (1897), Cuentos de Fray Mocho (1906). As súas obras completas publicáronse en 1954.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. No 1810 uniuse ao exército insurxente de José M. Morelos. Máis adiante loitou contra Santa Anna, con quen finalmente acabaría por aliarse contra os invasores norteamericanos (1846-1847). Foi Gobernador do estado de Guerrero (1850-1853) e Presidente da República (1855).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe cisterciense do Mosteiro de Sobrado. Publicou De los usos de la regular observancia del Císter en España (1586).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico norteamericano. Participou nos traballos de montaxe dos primeiros radares e na fabricación da primeira bomba atómica (proxecto Manhattan). Traballou tamén en resoadores-aceleradores lineais, que aplicou á aterraxe dos avións en condicións perigosas. Desenvolveu a cámara de burbullas de Glaser e descubriu as partículas de resonancia de vida curta, o que lle valeu o Premio Nobel de Física (1968). Xunto co seu fillo Walter elaborou unha teoría sobre a extinción dos dinosauros, logo moi aceptada, que propoñía como explicación do feito a caída dun meteorito na Terra hai 65 millóns de anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor de narrativa e teatro. Publicou a comedia Mientras haya flores (1900) e o libro De Vigo a Manila (1903). Segundo Couceiro Freijomil estreou con éxito as pezas Contra avaricia... largueza e Siempre huérfana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástica. Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. Traballa na obra gráfica con monotipos, nos que fai unha importante mestura con pinturas en pezas irrepetibles. Realiza tamén libros de artista e caixas, onde se ven as pegadas da súa propia vida. Acadou diversas bolsas e premios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Exerceu no Carballiño como Procurador dos Tribunais. Publicou Imperial Monasterio de Osera. Historia y documentos de esta ilustre casa religiosa (1891).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e escritor romántico. Amigo de Espronceda, publicou no 1852 unha continuación de El diablo mundo e numerosos poemas imitando os de Zorrilla, Espronceda e Lord Byron. A súa obra máis salientable é a narración La protección de un sastre (1840).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de cantería. Traballou en Tui a finais do século XVI e comezos do XVII. Autor do claustro do convento de San Domingos (1597) e a casa dos Correa (1599) en Tui. Atribúenselle as construcións das pontes de Sárdoma e da Veiga en Vigo así como diversas calzadas pertencentes ao camiño real. Tamén traballou no convento de Ganfei (Portugal) na reconstrución de parte do edificio conventual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Publicou Programa de un curso de nociones de Agricultura, precedido de elementos de Botánica más indispensables, dispuesto con sujeción al aprobado por el Consejo de Instrución Pública, para la Escuela Normal Superior de Santiago (1878).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Terceiro conde de Sarria. Fillo de Álvaro Rodríguez, segundo conde de Sarria e da infanta Sancha posible irmá de Afonso VII. Logo dunha xuventude rebelde e desenfreada, no 1168 pasa á Corte leonesa de Fernando II, converténdose en cofundador da Orde de Santiago. Despois da doazón do Rei de Portugal no 1172 da vila de Abrantes e do castelo de Monte Santo á Orde de Santiago, recibiu o cargo de Comendador Maior. Daquela renunciara xa ao hábito de Santiago por mor quizais da loita entre os Castro e os Lara. O conde de Sarria era partidario dos Castro e da causa de León, non gustando de que o Rei Fernando II pactara cos Lara, para casar cunha dama castelá da súa casa. Fundou a Orde de Monte Gandío, sometida á do Cister, que chegou a ser moi poderosa tras doazóns de soberanos como o Emperador de Bizancio, Baluino I. En Galicia a súa liñaxe tivo dominio sobre lugares como As Nogais, Agueira, Doncos, Padornelo, Noceda ademais de posuír moitas terras na Península Ibérica, Italia e Oriente. A súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de cine cubano. Director do Noticiario ICAIC Latinoamericano, creado o ano 1960 na Habana, é autor de numerosas curtametraxes, que o converteron nun dos mellores documentalistas do mundo. Tamén realizou longametraxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Frade agostiño residente. No 1826 marchou a Filipinas onde administrou os lugares de Janinay e Jaro. Polo seu labor misioneiro concedéuselle a Cruz de Isabel a Católica. Así mesmo é autor de varias obras en dialecto hiligaíno para os seus fregreses como Estrella del Cielo, Camino del Cielo, Puente celestial, El Cielo abierto, Tesoro celestial, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de capela da catedral tudense, dende 1834 ata a súa morte. Durante o seu maxisterio houbo na catedral dificultades económicas, ata o punto de temerse a supresión da capela de música. Semella que o mestre non atendía axeitadamente aos nenos do coro, que chegou a quedar case sen compoñentes. Certamente, aínda que a súa longa traxectoria estivo chea de problemas, a súa produción musical foi moi abundante, e non de menor interese ca as dos seus predecesores, conservándose máis de 150 pezas na catedral, algunhas para instrumentos non propios do uso nos ambientes eclesiásticos daquela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Ingresou en 1976 en Reforma Democrática e Alianza Popular. Foi senador por Asturias (1982) e deputado tamén por Asturias dende 1986. Trala celebración do VIII Congreso Nacional de AP, foi membro do Cómite Executivo Nacional. No IX Congreso Nacional do PP, foi elixido secretario xeral, cargo no que foi confirmado nos congresos de Sevilla (1990) e Madrid (1993 e 1996). Dende o 5 de maio de 1996 foi Vicepresidente Primeiro do Goberno e Ministro da Presidencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Doutor en Teoloxía. Relacionado coa igrexa dende que ingresou no Seminario de Lugo con 9 anos, onde se ordenou sacerdote, a súa evolución persoal está marcada por encontros e desencontros coa xerarquía eclesiástica. Durante as décadas dos 50 e 60, foi párroco nas localidades do Cebreiro, Cartelos e Amandi. Viaxou despois a Roma, onde se doutorou. Ao longo da súa vida escribiu estudos e reflexións de ton crítico que o apartaron da liña oficial da igrexa e que o levaron a exercer a docencia. Destacou como decidido defensor da renovación eclesiástica propugnada polo Concilio Vaticano II. No eido ensaístico publicou El Cebrero (1956), O clero e o uso do galego (1966), Proceso a la iglesia gallega?: Testimonio de los escritores gallegos del siglo XIX (1969), Crítica de Leslie Dewart a la ontoteología (1981) e o volume de memorias...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de amarelar.

    2. De cor tirando a amarelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar cor amarela a unha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer de cor amarela.

    2. Poñerse pálido ou dunha cor tirando a amarela.

    VER O DETALLE DO TERMO