"Ain" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 537.
-
PERSOEIRO
Pintor. Representante da Segunda Escola de Fontainebleau, a súa obra recibiu a influencia de Primaticio. Realizou na galería de Diana, no Château de Fontainebleau, os frescos da lenda de Hércules e no Louvre decorou a galería de Apolo, destruída durante un incendio en 1661. O seu manierismo anunciou o clasicismo posterior. Foi pintor de cámara de Enrique III.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizadora cinematográfica francesa. Dedicouse ao cine a partir de 1915 e despois da Primeira Guerra Mundial participou nas correntes vangardistas. Publicou numerosos escritos sobre cine en distintas publicacións. Entre as súas producións destacan La fête espagnole (A festa española, 1919), La souriante Madame Beudet (A sorrinte Madame Beudet, 1922) e La coquille et le clergyman (A cuncha e o crego, 1926), de tipo surrealista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador, sobriño e axudante de Thomas Gainsborough. Realizou reproducións das obras de seu tío e rematou aquelas que este deixou inacabadas á súa morte. Entre os seus retratos destacan os conservados no Garrick Club, referidos a actores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Papua Nova Guinea (15.500 km2; 184.408 h [1990]). A capital é Rabaul (17.022 h [1990]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xefe dunha das doce tribos de Israel, e segundo fillo de Xosé e Asenat, filla de Potifera, sacerdote de On. A tribo de Efraín tivo un papel preponderante no Reino do Norte ao producirse a escisión entre Xudá e Israel (922 a C).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa estatal francesa creada no 1976 como sucesora da Société Nationale des Pétroles d’Aquitaine (SNPA), constituída en 1941 tralo descubrimento de depósitos de gas na rexión desde 1939. Está presente en todo o ciclo do petróleo e comercializa os seus produtos baixo as marcas Elf e Antar. Converteuse no primeiro grupo refinador de Francia, así como no primeiro produtor francés de gas natural. Participou tamén nas industrias química e farmacéutica. Privatizouse en 1994 e fusionouse con Total-Fina en 1999, co que se conformou un dos primeiros grupos petrolíferos mundiais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poñer as polainas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica británica realizada en 1960. Foi dirixida por Tony Richardson e interpretada por Laurence Olivier, Joan Plowright, Brenda de Banzie, Alan Bates e Albert Finney. É a historia dun actor de music-hall en decadencia que se ve inmerso nunha trama cada vez máis complicada. Está baseada nunha obra teatral de John Osborne, e destaca polo traballo fotográfico, a ambientación e o guión, feito polo propio Osborne.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Meter algo na súa vaíña, especialmente unha arma branca.
-
PENÍNSULAS
Península ao N do condado de Dún na nGall, Irlanda. Está rodeada polo loch Súilighe no O e o Lough Foyle no L (3.000 h [1980]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Membro da Ertzaintza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corpo policial autonómico de Euskadi. Os foros permitíronlles aos territorios vascos exercer historicamente facultades policiais, fundamentalmente coas milicias municipais, que se reunían en circunstancias extraordinarias. A inestabilidade política do s XIX favoreceu a delincuencia, feito que fixo que as autoridades forais decidiran enfrontala coa formación de corpos permanentes: mikeletes en Bizkaia e Gipuzkoa, e miñones en Araba (posteriormente chamáronse así tamén os biscaíños). Malia a intención estatal de substituír todos os corpos policiais pola Garda Civil, creada en 1844, os corpos forais mantivéronse. En plena Guerra Civil, as Cortes da República promulgaron o Estatuto Vasco de Autonomía (1.10.1936), que significou a fundación da ertzaña, policía da administración autonómica. Trala ocupación de Euskadi polos sublevados, o goberno de Burgos decretou a supresión do réxime foral de Bizkaia e Gipuzkoa, e con ela a disolución dos seus corpos policiais. Tamén...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘muíño’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
espadana.
-
PERSOEIRO
Militar. Foi coñecido como Espoz y Mina, apelido do seu pai que adoptou durante a Guerra da Independencia, na que participou á fronte das guerrillas de Navarra e na toma de Zaragoza. Tralo regreso de Fernando VII liderou un pronunciamento liberal en Pamplona (1814) que non tivo éxito polo que se viu obrigado a exiliarse. Regresou durante o Trienio Constitucional, período no que foi capitán xeral de Galicia (1821) e de Catalunya, e dedicouse a combater as partidas absolutistas. A volta de Fernando VII supuxo o seu exilio a Francia, onde permaneceu ata 1834 e dende onde realizou algunhas incursións en España para atentar contra o absolutismo. Amnistiado por María Cristina de Borbón, foi vicerrei de Navarra (1834-1835) e capitán xeral de Catalunya (1835-1836), cargos dende os que combateu o carlismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar francés. Almirante de Francia (1792) e conde de Estaing. Loitou na Guerra de Independencia dos EE UU do lado norteamericano e sitiou a cidade de Nova York (1778). En 1780 dirixiu a flota franco-española no sitio de Xibraltar. Comandante da Garda Nacional do Palacio de Versailles (1789), foi favorable á Revolución Francesa, aínda que a súa defensa da monarquía o levou á guillotina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo derivado do latín Stephanus, nome testemuñado esporadicamente en Roma en era precristiá, pero usado só por gregos ou orientais, que reproduce, á súa vez, o grego Stéphanos, nome persoal moi antigo e tamén voz común stéphanos (στέ ϕ ανος) ‘coroa, gloria’. Presenta as variantes Esteve e Esteveíña. Deste nome deriva Estévez, un dos apelidos patronímicos galegos máis frecuentes. Co cristianismo espallouse, especialmente, este nome debido ao culto a santo Estevo, diácono e primeiro protomártir cristián, e un dos santos máis antigos no culto hispánico (s V); e invócase contra o mal da pedra e contra as dores de cabeza. Outros santos con este nome foron Estevo I de Hungría (969-1038), primeiro rei dos maxiares e celebrado o 16 de agosto, o Papa Estevo I (257-260), celebrado o 2 de agosto, ou Estevo Harding (1050?-1133), terceiro abade da orde do Císter. Entre os santos galegos, destaca un...
-
PERSOEIRO
Gravador grego. Dedicouse á gravación de moedas en Siracusa, Catania e Camarina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1918 por Resurreción María de Azkue, Arturo Campion, Luis de Eleizalde e Julio Urquijo, coa finalidade de estudar e estruturar a lingua vasca. Publicaban a revista Euskera, basicamente de temas filolóxicos e de problemas lingüísticos. Responsabilizouse da organización de congresos e de actos culturais encamiñados ao fomento e difusión da lingua vasca, e unificou a lingua literaria. Concedía anualmente os premios Lizardi de poesía, Xenpelar de poesía popular, Domingo Aguirre de novela e Toribio Alzaga de teatro. Está composta por vinte e catro membros titulares e mais outros membros correspondentes e de honor.