"Aman" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 250.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (11.384 h [2001]). A principal base económica do concello é a industria, que está moi diversificada. Desde 1920 é lugar de veraneo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Coñecido como Jean Moréas, escribiu en francés. Os seus primeiros libros mostran unhas claras resonancias de Baudelaire e Verlaine, pero máis tarde distanciouse do simbolismo, do que foi voceiro, para atopar a súa propia voz poética. Da súa produción destacan Les Syrtes (1884), Les Cantilènes (1886), Le Pélerin passionné (1891-1893) e Iphigénie en Tauride (1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Barra longa de madeira, de corda, de pedra ou de metal, ou de calquera outro material, disposta na parte superior dunha varanda, ou suxeita a unha parede, pola que se se pode pasar a man, ao subir unha escaleira. OBS: Nesta acepción adoita empregarse coa forma pasamáns.
-
Tecido en forma de cinta ou cordón que serve para adornar vestidos, mobles ou calquera outro obxecto.
-
-
-
Arte de elaborar pasamán.
-
Conxunto de adornos elaborados con pasamán. Nos traxes tradicionais de gala, tanto masculinos como femininos, consiste nun entramado de pequenas boliñas de acibeche furadas, inseridas nunha rede de fío que reproduce deseños vexetais ou xeométricos.
-
Obradoiro ou tenda de pasamán.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fabrica ou vende obxectos suntuarios de pequenas dimensións, como adornos, pasamáns, botóns, galóns, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pasamanaría
-
VER O DETALLE DO TERMO
Monte situado no extremo S da parroquia de Noceda (Cervantes). O seu cumio acada os 1.189 m de altitude.
-
GALICIA
Perito industrial e político. Emigrou a Uruguay en 1956, onde desenvolveu actividades galeguistas no Patronato da Cultura Galega de Montevideo, do que foi directivo. Nesta mesma cidade colaborou como locutor da emisión radial en lingua galega Sempre en Galicia, emitido por Radio Carve. De volta a Galicia, en 1977, fundou a libraría Castelao, en Vigo, e fixou a súa residencia na casa familiar que tiña en Soutomaior. Foi alcalde desa vila entre os anos 1979 e 1991 -o primeiro elixido democraticamente-, e converteu o concello nun dos primeiros de Galicia en galeguizar a súa actividade administrativa. Colaborador de diversas publicacións das colectividades galegas no exterior, escribiu diferentes artigos, como “A prolongada peregrinación riopratense” publicado en A Galicia exterior (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Inicialmente a súa obra aproximouse a un certo expresionismo que recordaba as vangardas galegas da década de 1930. Vinculado aos movementos artísticos da década de 1980 en Vigo, destacou como paisaxista, aínda que nos seus cadros mostra un grande interese pola figura humana, nunha pintura de raizame antropocéntrico incluso en obras en que a abstracción e as influencias do cubismo e das vangardas internacionais de principios de século están presentes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico e compositor. Pasou parte da súa infancia e a súa adolescencia en Cambados, onde coñeceu a tradición musical galega. Estudou socioloxía na Université de La Sorbonne de París e tamén harmonía, composición e guitarra. En 1973 comezou as súas actuacións, xunto con outros músicos, na radio e a televisión, e gravou o seu primeiro disco, Vida e Morte (1974), onde musicou poemas de Rosalía, Celso E. Ferreiro e Darío X. Cabana.
VER O DETALLE DO TERMO
En 1975 regresou a España e dedicouse á composición de temas para os seus primeiros discos Rosalía de Castro (1975), Caravel de caraveles (1976), en que recompila numerosas cancións populares galegas; Lelia Doura (1977), Canciones de amor y celda (1979) e Cántico Espiritual (1977), co que iniciou unha serie de concertos por distintos auditorios.... -
VER O DETALLE DO TERMO
Karaman-Oghlu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produto de limpeza que se emprega para quitar manchas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo deus de Creta, fillo de Zeus e, como Minos, rei e lexislador. Na obra de Platón aparece como xuíz dos mortos, xunto a Éaco e Minos.
-
PERSOEIRO
Físico hindú. Estudou a óptica atómica e descubriu o efecto coñecido co seu nome (1928), polo que recibiu o Premio Nobel de Física en 1930. Investigou sobre a refracción da luz e do son, a fisioloxía do ollo humano e os instrumentos musicais. En colorimetría, estableceu unha teoría contraria ás ideas de Maxwell e da tricromaticidade. Fundou o Indian Journal of Physics (1926) e a Indian Academy of Sciencies (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno descuberto por C. V. Raman en 1928. Consiste na aparición, nunha luz dispersa por un fluído, dunha frecuencias v1 e v2, unha delas máis grande e outra máis pequena que a da radiación incidente, cunha intensidade moito máis pequena que a da luz dispersada de frecuencia igual á incidente v0.
-
PERSOEIRO
Relixioso hindú. Fundador dos rāmānandīs, seita relixiosa de India, que adora a Rāma como deus supremo. O novo ensino, case idéntico ao de Rāmānuja, caracterízase, sobre todo, pola apertura a todo o mundo, sen distinción de castes, incluso de non hindús.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Brahmán hindú. Fundou a escola viśish ṭ ādvaita ou non-dualismo cualificado. A diferenza da filosofía advaita de Śankara, admite tres principios eternos: a alma, o mundo e Deus, e dálle importancia decisiva á devoción a Rāma con vista á liberación do círculo das reencarnacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe galega que trae como armas, en campo de azul, un brazo armado de prata, nacente do flanco sinistro, que empuña unha espada fendente, do mesmo, acompañado en punta dunha cabeza de mouro coroada de ouro e degolada.
-
-
Que ten moitas cores fortes e vivas mal combinadas, especialmente referido a unha peza de roupa.
-
Que ten un exceso de adobíos de pouco gusto, especialmente referido a unha peza de roupa.
-
Que viste esta roupa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que rechama.