"Arbo" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 184.

  • Edificio construído en Vigo entre 1911 e 1927 segundo un proxecto de Antonio Palacios. Substituíu ao Teatro Rosalía de Castro, incendiado en 1910, e ademais empregouse como cinematógrafo e casino. Está formado por dúas salas teatrais superpostas, con diversos salóns de columnas e unha monumental escaleira, iluminada cenitalmente cunha vidreira deseñada por Palacios. A platea da sala principal apóiase nunha bóveda nervada de formigón con arcos moi rebaixados. A fachada principal fai referencia á Opéra de París de Charles Garnier e organízase como un grande arco que acolle grandes ventás e balcóns. Inaugurouse o 23 de abril de 1927 coa ópera Madame Pompadour. En 1982 Caixanova adquiriuno e rehabilitounno como centro cultural e engadíronselle esculturas de Buciños e Oliveira como remate na fachada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido carboxílico en que un átomo de osíxeno ou ambos os dous foron substituídos por átomos de xofre. Segundo o número de átomos presentes na molécula, denomínanse ácidos monotiocarboxílicos, que presentan tautomería, e existen as dúas formas posibles no que respecta ao enlace carbono-xofre, e ácidos ditiocarboxílicos, dos que destaca o ácido ditiocarbónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ciclo de Krebs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima que cataliza a escisión dun 2-oxoácido en aldehido e dióxido de carbono. Funciona coa colaboración da cocarboxilase (pirofosfato de tiamina) e é fundamental no catabolismo anaeróbico da glicosa porque transforma o ácido pirúvico en acetaldehido, último paso antes da produción de alcohol.

    VER O DETALLE DO TERMO