"Arga" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 283.

  • Margarida I de Acaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa de Alençon, raíña de Navarra, condesa de Armagnac e escritora, filla do conde Carlos de Angulema e de Luísa de Savoia, e irmá do Rei Francisco I de Francia. Casou en 1509 co duque Carlos de Alençon e en 1527 co Rei Enrique II de Navarra. Escribiu o Heptaméron e varios poemas que foron recollidos en Miroir de l’âme pécheresse (1531).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Princesa de Acaia (1373-1374), de Tarento (1373-1380) e emperatriz titular de Constantinopla (1373-1380), filla do príncipe Filipe II de Acaia (Filipe I de Tarento). Herdou, á morte do seu irmán Filipe III de Acaia, o título imperial e os principados de Tarento e de Acaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Dinamarca e Noruega (1387-1396) e de Suecia (1389-1396), filla de Valdemar IV de Dinamarca. Casada en 1363 con Haakon VI de Noruega, foi rexente durante a minoría de idade do seu fillo Olavo II de Dinamarca e derrotou a Alberte I de Suecia, país do que se fixo proclamar raíña. Impuxo a Unión de Kalmar (1397) aos reinos de Noruega, Suecia e Dinamarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Dinamarca desde 1972, filla de Federico IX de Dinamarca e Noruega. De nome Margrette Alexandrine Thorhildur Ingrid, puido ser elixida como herdeira en 1953 pola abolición da lei sálica. Casou en 1967 co aristócrata francés Henri de Laborde de Monpezat, de quen tivo dous fillos, Federico, príncipe herdeiro, e Xoaquín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Verosvres, Charolais 1647 - Paray-le-Monial 1690) Mística francesa. Profesou (1672) no convento da Visitación e manifestou que recibira de Xesús Cristo o encargo de propagar a devoción ao Sagrado Corazón. Na iconografía represéntase case anciá, con hábito escuro, en éxtase e axeonllada cos ollos cara ao ceo, e o seu atributo persoal é un corazón ou unha coroa de espiños na man. Canonizada en 1920, a súa festividade celébrase o 16 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Silleda baixo a advocación de san Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emulsión plástica de graxas e aceites ideada polo francés Mège-Mouriès que non proceden do leite ou que só proceden en parte. É un produto fundamentalmente graxo que, polas súas propiedades físicas e sensoriais, pode empregarse para os mesmos fins ca a manteiga. O seu consumo é moi elevado, xa que é máis barato ca a manteiga. Para obtela empréganse graxas animais refinadas e transesterificadas (oleomargarina, lardo, aceite de balea), aínda que predominan as graxas vexetais (de coco, algodón, soia, cacahuete, palma) refinadas e hidroxenadas. En moitos casos faise con mestura de graxas, diversas proporcións de leite pasteurizado, ou de nata. Outros compoñentes son: sal (conservador e intensificador do gusto), lecitina (tensioactivo), monoglicéridos e diglicéridos (emulsionantes), conservantes (ácido sórbico, ácido benzoico), vitaminas (A e D), colorantes (naturais), aromatizantes (diacetil, que permite evitar o emprego de leite cultivado), ácido cítrico e citratos (substratos dos microorganismos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. margarida.

    2. Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘teta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa das Antillas, situada ao NL de Venezuela. Forma, coas illas de Coche e Cubagua, o estado de Nueva Esparta. Nela sitúase La Asunción, capital de Nueva Esparta. É moi importante na súa economía a pesca e o cultivo de perlas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cóctel que se fai a base de ron, xenebra, brandy ou outro licor, con limón e, en xeral, un pouco de granadina, que se serve en copa xeada. Adoitan engadirse un pouco de sifón e dúas ou tres guindas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada no condado de Kent, Inglaterra, Reino Unido (53.280 h [1981]). É un lugar de veraneo, no esteiro do Támesis, e un pequeno porto de pesca. A súas principais actividades económicas derivan do turismo estival.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero carnívoro que mide 40 cm ata a cruz e 85 cm de lonxitude, e mais 40 cm de cola. A súa cor varía da pardo amarelenta á pardo escura e presenta manchas ovais e raias lonxitudinais negras. De costumes nocturnos, é bo trepador e áxil nas árbores, onde pasa a maior parte do tempo e descende das copas de cabeza, ao contrario ca a maioría dos felinos. Aliméntase de pequenos mamíferos, réptiles, insectos e aves que comparten a cima das árbores. Habita en altiplanos de densa vexetación desde o N de México ata o N de Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Directora teatral. Entre 1980 e 1997 coordinou o Taller de Teatro Clámide, co que realizou un importante labor de animación e divulgación teatral en Vilagarcía de Arousa e a súa comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Etnóloga estadounidense. Foi discípula de F. Boas e de R. Benedict, realizou numerosos traballos de campo en Samoa, Nova Guinea e Bali e tamén estudiou os indios de EE UU. Escribiu New Lives for Old: Cultural Transformation (1928-1953), Coming of Age in Samoa (1928), Sex and Temperament in Three Primitive Societies (1935) e Male and Female (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi inquisidor de Galicia e València e cóengo lectoral e vigairo capitular de Santiago de Compostela. Escribiu Elucida et elegans interpretatio ad Bullam Alexandri III P.M. de Jubileo D. Jacobi unici Hispaniarum Patroni (1628) e Comentarios sobre las Constituciones capitulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista estadounidense. Traballou no Atlanta Journal (1922-1926) e escribiu unha única obra, Gone With the Wind (1936, premio Pulitzer, 1937), dun grande éxito, que foi levada ao cine en 1939.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se emprega para o transporte de pesos en sentido vertical, mediante unha plataforma, cabina ou gaiola que se despraza cara a arriba e cara a abaixo, encaixada en dúas guías. Malia que a súa constitución é esencialmente a mesma ca a dun ascensor, ten unha estrutura máis simple e adaptada a unha función específica. A maioría dos montacargas son movidos por un motor eléctrico pero, nalgúns casos, recórrese á tracción manual ou hidráulica. Nos almacéns automatizados poden ser empregados os montacarcas automáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueóloga hindú. Naturalizada británica, dirixiu escavacións en Malta e en Menorca e publicou as primeiras memorias sistemáticas de escavacións en poboamentos talaióticos menorquinos coa serie Cambridge Excavations in Minorca: Trepucó (1932-1938) e Sa Torreta (1934). Tamén publicou Ancient Egyptian Legends (1904), The Genesis of Religion (1963) e My First 100 Years (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO