"Arles" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 266.

  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Coñecido tamén como “o derradeiro dos góticos” pola súa novela Melmoth the Wanderer (1820), converteuse nun especialista do xénero de terror. Publicou as novelas The fatal revenge or the Family of Montorio (1807), The Wild Irish Boy (1808), The Milesian Chief (1812) e a traxedia en verso Bertram (1816).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista. Chanceler de Francia (1768), aboliu o parlamento de París (1771) e intentou establecer un goberno que eliminase calquera oposición á monarquía. Trala morte de Luís XV de Francia (1774) foi destituído.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. Fundou o movemento monárquico L’Action Française e dirixiu a revista e o diario do mesmo nome. Foi favorable á evolución dos nacionalismos e anticipou algúns axiomas do fascismo. Escribiu L’avenir de intelligence (1905), Enquête sur la monarchie (1900-1909), La Musique intérieure (1925) e Romanticisme et révolution (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Contribuíu ás teorías modernas sobre o sistema de números reais e foi un dos primeiros en establecer o continuo. Definiu aritmeticamente os números irracionais sen referirse aos límites.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés. Estudou con Saint-Saëns, Fauré e Gigout. Compuxo operetas e óperas cómicas, como Veronique (1898) e Fortunio (1907), e ballets, como Les deux pigeons (1886). Dirixiu a Opéra-Comique de París (1898-1904) e a orquestra da Opéra de París (1907-1914). Compuxo tamén música para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e poeta. Coñecido como Charles Vildrac, fundou o grupo Abbaye en 1906. A visión idealista do humanismo marcou a súa obra. Das súas obras teatrais destacan Le paquebot Tenacity (1920), La brouille (1930) e Dommages de guerre (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo francés. Descubriu 21 cometas e elaborou un catálogo que contiña a posición de 300 obxectos de aspecto nebuloso. A primeira colección foi publicada 1770 e en 1781 apareceu a última versión. Os obxectos deste catálogo desígnanse mediante a letra M seguida dun número correlativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Contrabaixista, compositor e director de orquestra estadounidense. Colaborador habitual de Louis Amstrong e Duke Ellington, a súa obra sintetiza as diferentes correntes da música negra americana. Entre os seus discos destacan Tonight at Noon (1961), Changes (1973) e Three or Four Shades of the Blues (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Desenvolveu un estilo festivo e provocador, tal e como se reflicte nos seus filmes Con el culo al aire (1981), Karnabal (1985, Premio de la Generalitat de Catalunya, 1986), Daniya, el jardin de Harén (1988) e El rey del mambo (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico. É un dos fundadores da citoloxía e a fisioloxía vexetais e autor de traballos memorables sobre as carrizas. Escribiu Elémens de physiologie végétale et botanique (1815).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico estadounidense. Interpretou fundamentalmente papeis tráxicos e westerns. Despois da súa participación en The Story of G. I. Joe (1945), pola que foi nominado ao Oscar como mellor actor secundario, converteuse nunha das estrelas máis cotizadas de Hollywood. Da súa filmografía destacan River of No Return (1954), The Night of the Hunter (1955), Home from Hill (1960), Cape Fear (1962 e 1991), El Dorado (1966), The Yakuza (1975), The Last Tycoon (1976), The Ambassador (1984) e Dead Man (1995). Recibiu o Premio Donostia polo conxunto da súa carreira (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e escritor. Foi profesor en Lovaina (1956) e especialista do Concilio Vaticano II. Escribiu Littérature du XXe siècle et christianisme (1953-1960) e L’homme moderne devant le salut (1965). Foi nomeado membro da Real Academia da Lingua e Literatura Francesas en Bélxica (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista e escritor inglés, primeiro conde de Halifax. Financeiro experto, foi deputado, chanceler e primeiro ministro (1697). Ideou o primeiro fondo de amortización da débeda pública e fundou o Banco de Inglaterra (1694). Os seus escritos e os seus discursos parlamentarios foron publicados en 1715.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto estadounidense. En 1952-1954 foi tenente do corpo de enxeñeiros da armada en Corea, Xapón e EE UU. Das súas construcións destaca o Sea Ranch en Sonora (1963-1965), obra realizada xuntamente con Turnubull, Lyndon e Whitacker; as vivendas no porto Tegel (1987) e a biblioteca de Humboldt (1998), feitos coa colaboración de Ruble e Yuddel. Algunhas das súas obras inscribíronse na corrente posmoderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político inglés, conde de Montmouth e de Peterborough. En 1705 dirixiu o exército aliado que se trasladou ata Barcelona e apoderouse da cidade. En 1706 desencadeou unha ofensiva contra València, pero retirouse da Guerra de Sucesión Española polo seu desacordo co arquiduque Carlos de Austria e o xeneral Galway.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de xadrez e avogado estadounidense. Campión de América (1857), en 1858 estaba considerado como un dos tres mellores do mundo, xunto a Staunton e Anderssen. Desenvolveu un esquema de xogo táctico, sinxelo e baseado na apertura. Retirouse en 1859, tras só dous anos de carreira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo estadounidense. A súa contribución no campo da semiótica, influenciada polo neopositivismo e o pragmatismo americanos, foi moi considerable. Escribiu Signs, Language and Behavior (1946), Signification and Significance (1964) e The Pragmatic Movement in American Philosophy (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Comezou a escribir poesía aos catorce anos. En 1828 foi introducido no círculo literario de V. Hugo, e a influencia romántica apréciase xa nos Contes d’Espagne e d’Italie (1830). En 1832 debutou no teatro con Un spectacle dans un fauteil. O seu idilio con George Sand inspiroulle La confession d’un enfant du siècle (1836), Les nuits (1837) e a Lettre a Lamartine e Souvenir (1841). Entre 1835 e 1840 publicou pezas dramáticas como Lorenzaccio (1834), algunha novela curta como Margot (1838) e unha obra de crítica, Lettres de Dupuis et Cotonet (1837). Foi   membro da Académie Française (1852).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Dirixiu a Académie de France en Roma. Foi autor dos medallóns do Palais Soubise (París), da cúpula de San Luigi dei Francesi (Roma) e dos cartóns coa Histoire de Don Quichotte para a fábrica de tapices de Beauvais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico francés. Precursor de Darwin pola súa concepción da evolución orgánica, fixo numerosos experimentos de hibridación e chegou a unha serie de conclusións teóricas que achegan a súa obra á de Mendel, motivo polo que se considera un dos fundadores da xenética.

    VER O DETALLE DO TERMO