"Arra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 638.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Piñor baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da beira setentrional da ría de Arousa, no fondo da enseada de Boiro, na parroquia e concello de Boiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sucidade producida por unha substancia pegañenta de textura semellante á do barro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da parroquia homónina, no concello de Arteixo, situada ao O da punta do Trei, á beira do Océano Atlántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arteixo baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desprendemento de terra nun terreo inclinado.

    2. Inclinación ou corte fondo nun terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Santander, Colombia, na beira dereita do río Magdalena (180.653 h [1995]). É o primeiro centro produtor de petróleo de Colombia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desprendemento de terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terreo cun descenso vertical brusco e escarpado.

    2. Escavación profunda que fai a auga da chuvia na terra, especialmente en materiais brandos doados de erosionar, ou por outras causas.

    3. Dificultade ou estorbo que se encontra para realizar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federico Rodríguez Benítez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico do Plio-plistoceno (2,0 M a) sobre un nivel palustre situado no concello de Orce (Andalucía). Nesta localidade atopáronse numerosos manuportes, xunto cunha lasca de sílex, asociados a un elefante e outra macrofauna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico do Plio-plistoceno (1,8 M a) sobre un nivel lacustre situado no concello de Orce (Andalucía). Nesta localidade atopáronse numerosos restos de animais parcialmente removidos, asociados a un conxunto de sílex no que predominaban as pequenas lascas, aínda que tamén se detectou a presenza de núcleos e manuportes. A análise espacial do xacemento demostra a existencia de dous solos diferentes, no primeiro deles establécese unha clara relación entre as industrias líticas e os restos dun hipopótamo. Así mesmo, nesta localidade arqueolóxica detectouse un molar humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Necrópole calcolítica (2330-2300 a C) da cultura dos Millares que se relaciona co poboado de El Tarajal situado en Almería. As tumbas escavadas son de tipo tholos: os túmulos estaban construídos por aneis concéntricos de pedra, o corredor que conducía á camára funeraria estaba compartimentado con pedras perforadas e a cámara acaroada podía ter arrimadas outras anexas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento do Atlántico, Colombia, preto da desembocadura do río Magdalena, que é navegable dende o seu porto (1.157.826 h [1997]). Situada nunha rexión agrícola, é ao mesmo tempo un centro industrial, pesqueiro e comercial, que canaliza a maior parte do comercio exterior de Colombia. A cidade, fundada no 1629, adquiriu importancia a mediados do s XIX, medrando extraordinariamente a partir do 1930.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que recibe un tipo de viño que se produce no concello de Ribadumia e nalgunhas parroquias de Cambados, Meaño, Meis, Portas e Vilanova de Arousa, sempre dentro do val pontevedrés do Salnés. É un produto artesanal, aínda que de orixe recente, xa que está elaborado a base do froito de modernos híbridos da vide, fundamentalmente dos chamados popularmente folla redonda e americano (os cales, como todo híbrido da Vitis vinifera, non están autorizados para vinificación). O resultado é un caldo tinto moi cuberto e algo basto, que mancha vistosa e caracteristicamente as cuncas nas que se adoita servir, sendo o seu gusto suave, a mosto, lixeiramentte astrinxente e acedo, cunha moderada gradación alcohólica. Normalmante consómese no ano. Gozou dunha gran popularidade a nivel local a partir de mediados do s XX e na actualidade está facendo mermar o labor do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas a prol das castes de uva autóctonas e recoñecidas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribadumia baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tomiño baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica. O nome de lugar remite á base precéltica *bar ‘outeiro, elevación’.

    2. Liñaxe que ten a súa orixe no arcebispado de Santiago de Compostela, na parroquia de San Vicente de Barrantes, concello de Tomiño. A primitiva casa desta estirpe foi a torre e o couto de Barrantes, na freguesía de Santo André de Barrantes, concello de Ribadumia, que por sucesivos enlaces matrimoniais cos Aldana e Maldonado pasou á casa dos Soutomaior. Estendeuse posteriormente por Castela, Extremadura e Andalucía, chegando incluso a América. As súas armas levan, en campo de goles, unha banda de ouro, engulida en cabezas de dragóns de sinople, lampasados de goles; bordo de goles con oito cruces de santo Andrés de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento asinado en outubro de 1930 por representantes do Nacionalismo, do Republicanismo e do Agrarismo galegos nunha xuntanza celebrada no pazo de Barrantes, en Ribadumia. Tiñan como finalidade fixar unha serie de obxectivos comúns como a liquidación do caciquismo e do centralismo, a consecución da autonomía plena de Galicia e a consolidación dun réxime político que emanase da soberanía popular; tamén pretendía a cooficialidade do galego e do castelán, a galeguización do ensino e a liberalización da terra e do labrego. Entre os asinantes figuraban Castelao, Otero Pedrayo, Casares Quiroga, Portela Valladares, Basilio Álvarez e Peña Novo, entre outros persoeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Ribadumia. Trátase dunha construción do século XVI con reformas posteriores do s XVIII. Foi sede da sinatura do Pacto de Barrantes en setembro de 1930.

    VER O DETALLE DO TERMO