"Aso" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 411.

    1. Casa de pequenas dimensións e de pouco valor.

    2. Pequena construción que serve de refuxio, con paredes case sempre de madeira, teito de palla, canas ou doutro material parecido e o chan normalmente de terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Inicialmente interesouse polo futurismo e, posteriormente, estivo influído por Cézanne (Retrato da irmá). Autor dunha obra moi persoal, arredor de 1930 derivou cara á arte abstracta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Nápoles, na Campania, Italia, situada a 6 km ao N da capital (84.113 h [1996]). Tradicional centro agrícola, converteuse nun núcleo de industria diversificada, acompañado da expansión das áreas residenciais obreiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anta situada na parroquia de Cures (Boiro) que se atopa nunha das áreas de maior densidade de megalitos. Aprécianse restos do que foi a mámoa e ten planta poligonal. Formada por sete chantas, e a tampa, só conserva unha laxe do corredor e unha das chantas. Aínda que non se teñen noticias de achados no seu interior, unha das laxes está gravada con dúas figuras, unha antropomorfa e outra circular. As análises polínicas amosaron a existencia dunha paisaxe con abundancia de gramíneas e pequenas masas arbóreas (Quercus). Pola forma e magnitude desta mámoa pertence ao Megalitismo de apoxeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Especie de paraugas empregado para protexerse dos raios do sol.

    2. Tecido fino de la ou seda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral da parroquia de Soesto, no concello de Laxe, no sector dos Penedos de Traba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira do dobramento terciario que forma parte do sistema alpino europeo e que se estende desde o Mar Negro e o Mar de Azov ata o Mar Caspio, nunha dirección xeral L-O. Ocupa uns 450.000 km2 da parte sudoriental da Rusia europea, Xeorxia e Acerbaixán. A cadea principal comeza na península de Crimea, cunha lonxitude de máis de 1.500 km, e aparece de novo no outro lado do Mar Caspio, ao N de Irán, onde recibe o nome de cordilleira de Kopetdāg. Constitúe o eixe principal da Caucasia e comprende dúas aliñacións fundamentais: o Pequeno e o Gran Cáucaso. O Gran Cáucaso, que é a cadea propiamente dita, é unha auténtica barreira a máis de 4.000 m de altitude (culmina a 5.642 m do macizo volcánico do Elbrus), formada por rochas cristalinas e metamórficas. As fontes termais, os continuos tremores de terra e a abundancia de lavas, son testemuño da forte actividade volcánica que houbo no pasado. As rochas intrusivas teñen mineralizacións de onde se extrae ouro, prata, cobre e tungsteno....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Especializado en papeis biográficos, interpretou P’otr Pervij (Pedro o Grande, 1937-1938), de Vladimir Petrov; Alexandr Nevskij (1938) e Ivan Groznij (Iván o Terrible, 1943-1945), de S.M. Eisenstein; e Don Quixote (1956), de Grigorij Kozincev.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nicolaj Konstantinovič Čerkasov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Expuxo con Santiago Rusiñol e Ramón Casas en 1890. Contra o 1885, o seu estudo chegou a ser lugar de reunión de artistas. Traballou na decoración da Exposición Universal de Barcelona de 1888. A súa obra participou do naturalismo anecdótico (Forjador) e do modernismo (Eva, 1904). Recibiu a primeira medalla da Exposición Internacional de París de 1900 con Memento homo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e humorista. Fillo de Enric Clarasó, escribiu en 1938 a novela Francis de Cer (Premio Crexells). A partir de 1939 publicou, en castelán, numerosas novelas, relatos e artigos humorísticos, e guións para cine e televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización integrada por 47 federacións e confederacións provinciais ou autonómicas, compostas por 12.000 asociacións de pais de alumnos, que operan nos centros públicos de ensino e algunhas no sector privado. Está representada no Consejo Escolar del Estado. En Galicia integra un número considerable de asociacións agrupadas, á súa vez en varias federacións provinciais e comarcais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efecto fónico que se produce cando nunha rima se manteñen os sons consonánticos e se cambian as vocais tónicas, átonas, ou ambas as dúas. Pode ser simple, se a identidade entre as consonantes se limita ás situadas en posición postónica; ou dobre, se coinciden tanto na posición anterior como na posterior á vogal tónica. Na tradición poética moderna considérase un medio de enlace entre versos ou un recurso para incrementar a variedade estilística, que posibilita a creación de paronomasias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Paso de danza dado en dirección oposta ao que se deu con anterioridade.

    2. Baile propio de Galicia, que constitúe unha das diversas variacións da muiñeira. Báilase facendo unha roda, e nela os homes xiran en sentido contrario facendo unha espiral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno óptico que consiste na aparición dun ou máis arcos nos que se pode apreciar o espectro lumínico (do vermello ao violeta). Prodúcese cando unha cortina de gotas de auga en forma de chuvia, néboa ou orballo está iluminada directamente polo Sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de baloncesto feminino fundado en 1987 no seo do Instituto de Bacharelato do Carril (Vilagarcía de Arousa). O seu equipo, que viste uniforme de color celeste e xoga os partidos como local no pavillón de Fontecarmona, ascendeu á máxima categoría da Liga española na tempada 1996-1997, competición que disputou nas tempadas 1997-1998, 1998-1999, 1999-2000, 2000-2001 e 2001-2002.

    VER O DETALLE DO TERMO