Cortegada Asociación Deportiva

Cortegada Asociación Deportiva

Club de baloncesto feminino fundado en 1987 no seo do Instituto de Bacharelato do Carril (Vilagarcía de Arousa). O seu equipo, que viste uniforme de color celeste e xoga os partidos como local no pavillón de Fontecarmona, ascendeu á máxima categoría da Liga española na tempada 1996-1997, competición que disputou nas tempadas 1997-1998, 1998-1999, 1999-2000, 2000-2001 e 2001-2002.

Palabras veciñas

Cortegada | Cortegada | Cortegada | Cortegada Asociación Deportiva | Cortegada, Illa de | Cortegada, San Xoán de | Cortegada, Santa María de