"Asti" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 460.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao pórtico ou á fachada dun templo clásico que ten dez columnas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á substancia que favorece a queratinización das células epiteliais en procesos cicatrizantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quitar o fastío a alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á formación dos diferentes minerais que integran unha rocha, consistente nunha interpenetración irregular dos distintos cristais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista en castelán aparecida en 1982 en Ferrol. Editada por Arte Galicia-SAF, incluíu información sobre certames, xornadas, concursos e premios relacionados coa arte. Ofrece tamén datos sobre museos, seminarios e galerías.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao templo ou edificio columnado no que os seus intercolumnios equivalen a tres imoscapos ou diámetros inferiores do fuste.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello que permiter medir distancias curtas automaticamente sen necesidade de desprazarse. Consta esencialmente dun prisma, co ángulo de desviación pouco acentuado, que ten no remate unha lente e unha regra graduada coa que se pode coñecer a distancia entre os puntos obxecto da observación.
-
PERSOEIRO
Militar e cronista de Indias. Marchou a Cuba no 1514 e participou na primeira expedición a México (1517), dirixida por Francisco Hernández de Córdoba, e na segunda (1518), con Juan de Grijalva. Acompañou a Hernán Cortés durante a terceira (1519) e tomou parte na conquista de Nueva España, do Yucatán, de Guatemala e de Honduras. Dende 1539 viviu en Santiago de los Caballeros de Guatemala, onde casou con Teresa de Becerra, filla do conquistador de Guatemala. Nomeado rexedor perpetuo de Santiago (1551), recibiu tamén o nomeamento de Hijodalgo e o Certificado de Armas, outorgado por Filipe II. Escribiu Historia verdadera de la conquista de la Nueva España, publicada en 1632, crónica sobre as accións colectivas que fixeron posible o triunfo de Cortés, que refuta as versións de Francisco López de Gómara na Historia general de las Indias y conquista de México (1552) e das Cartas de Hernán Cortés. É unha das narracións máis destacadas da conquista, que revive procedementos da crónica medieval e...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos animais, de simetría radial, que durante o seu desenvolvemento embrionario só presentan dúas capas blastodérmicas (ectodermo e endodermo), como é o caso dos cnidarios e dos ctenóforos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia artística italiana de carácter futurista que se caracterizou polo gusto pola velocidade pura. Pertenceron a ela, entre outros, Carrá, Marinetti e Severini.
-
-
Serie de soberanos que pertence a unha mesma familia.
-
Serie de individuos dunha familia na que se transmite ou perpetua o poder ou a influencia política, económica ou cultural.
-
-
-
Relativo ou pertencente a unha dinastía.
-
Que ou quen é partidario do mantemento da dinastía reinante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adhesión a unha dinastía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
diblástico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á docimasia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio que ten doce columnas na fachada. Aplícase sobre todo aos templos da arquitectura clásica.
-
GALICIA
Prateiro. Realizou, entre outras obras, unha cruz de prata para a igrexa de San Fiz de Asma (Chantada, 1654).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e pianista. Coñecido como Chano, en 1978 formou a agrupación CAI, posteriormente foi discípulo do pianista Bill Dobbins e en 1986 formou o grupo Hiscadix, gañador da edición inaugural da Muestra de Jazz para Jóvenes Intérpretes. En 1992 creou un trío, que se consolidou en 1993 con Guillermo McGill e Javier Colina, no que fusionou o jazz co flamenco e co que gañou de novo a Muestra de Jazz para Jóvenes Intérpretes. Da súa discografía destacan Hiscadix (1987), Memorias (1988), xunto a Tito Alcedo, D’aquí pa allá (1991), co grupo Decoy, e Chano (1993). Participou nos programas televisivos La Buena Música e Jazz Entre Amigos, no que foi elixido Mellor Solista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín informativo de periodicidade anual editado pola Casa de Galicia de Donostia a principios de 1990.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festival cinematográfico anual que se celebra na cidade de Donostia desde 1953. A súa organización está a cargo dunha sociedade integrada a partes iguais polo Eusko Jaurlaritza (Gobierno Vasco) a Gipuzkoako Foru Aldundia (Diputación Foral de Guipúzcoa), o Donostiako Udala (Ayuntamiento de San Sebastián), e o Ministerio de Educación e Cultura, e preside esta sociedade o alcalde de Donostia-San Sebastián. Ata mediados da década dos 50 non se consolidou como festival de categoría internacional. Moitas son as categorías que se premian, aínda que destacan os premios da Concha de Oro, Concha de Plata, Premio Donostia e Premio de la Crítica Internacional. Ao longo dos anos premiáronse coa Concha de Oro e coa Concha de Plata distintas producións, entre as que cómpre salientar Vertigo (1958), de Alfred Hitchcock; One-Eyed Jacks (1961), de Marlon Brando; America, America (1964), de Elia Kazan; The Rain People (1969), de Francis Ford Coppola; Paper Moon...