"Ava" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 621.

  • PERSOEIRO

    Pintor, caricaturista e crítico de arte. Coñecedor das vangardas europeas de entreguerras, converteuse nun dos renovadores da arte moderna no Brasil. Colaborou xunto con Anita Malfatti na creación da Semana da Arte Moderna (1922). Introduciu os temas brasileiros nas súas obras, como as favelas ou as festas populares, pintou escenas e tipos populares, e, sobre todo, a figura da mulata. A súa produción caracterizouse pola influencia do expresionismo e, principalmente, da poética do futurismo italiano e do tratamento xeometrizante das figuras segundo a obra de Fernand Léger. Entre as súas obras sobresaen Cinco moças de Guaratinguetá (1930), Mulata sentada (1936) e Cens da Bahia (1960). Está presente nas principais coleccións de arte contemporánea do Brasil. Entre os diversos galardóns que acadou destacan o Premio da II Bienal de São Paulo 1953 e a Medalla de Ouro da II Bienal Interamericana de Arte (México, 1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. De familia güelfa, ocupou diversos cargos públicos e participou activamente nas loitas internas da cidade. Foi discípulo de Brunetto Latini, mantivo amizade con Dante Allighieri e recibiu a influencia da filosofía de Averroes. Considérase o principal representante do dolce stil nuovo. Da súa produción consérvanse arredor de cincuenta composicións das que destacan a canción “Donna mi prega”, sonetos e baladas que cantan a Giovanna ou a Madonna Primavera, entre as que destaca “Perch’io non spero” (1300). É autor tamén de poemas cómico-satíricos e de correspondencia (un soneto de queixa a Dante) e dunha serranilla. O primeiro libro impreso que recolleu as súas composicións foi Sonetti e canzoni di diversi antichi autori toscani, in X libri raccolti (Sonetos e cancións de varios autores toscanos antigos, recollidos en X libros, 1527).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte italiano. Estudiou na Academia de Venecia e foi inspector de belas artes en Roma. Publicou obras sobre pintura italiana e flamenga, en colaboración con Joseph Archer Crowe entre 1825 e 1896; entre elas destaca A New History of Painting in Italy (Unha nova historia da pintura en Italia, 1864-1866).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do apelido Cabaleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. Comezou a súa andaina rodando filmes cun rigor clásico e logo levou a cabo realizacións experimentais. Entre outras películas, dirixiu: Le combat dans l’île (O combate na illa, 1962), La chamade (A chamada, 1968), Martin et Leà (1977) e Thérèse (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Giuseppe Cesari.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mattia Predi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Debutou en 1775 e especializouse en composicións alemanas. Destacou na interpretación das óperas de Mozart Die Entführung aus dem Serail e Don Giovanni.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi organista en San Marcello de Roma (1578-1584). En 1588, Fernando I de Medici nomeouno intendente das artes en Florencia. A súa obra principal, Rappresentazione di Anima e di Corpo (Representación da alma e do corpo, 1600), é unha representación escénica segundo o novo estilo de recitar cantando, afastado do oratorio clásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e xesuíta. Discípulo de Galileo, foi catedrático de Astronomía en Boloña e introduciu os logaritmos en Italia. Da súa obra destaca Geometria indivisibilium continuorum nova quadam ratione promota (Nova xeometría dos indivisibles continuos con algún cálculo resolto, 1635) e Exercitationes geometricae sex (Seis exercicios xeométricos, 1647), estudo no que estableceu a teoría dos indivisibles e expuxo o seu gran descubrimento: a conexión que existe entre a diferenciación e a integración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. O seu apelido orixinario era Caletti, pero adoptou o do seu protector Federico Cavalli. Foi organista (1640) e mestre de capela de San Marcos de Venecia (1668). A súa produción relixiosa seguiu a tradición veneciana dos Gabrieli e de Monteverdi (Musiche sacrae, 1656) e (Vesperi, 1675). Das súas óperas destacan Didone (1641), Ormindo (1644), Giasone (1649), Calisto (1651) e Ercole amante (1662), nas que usa o recitativo dramático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e mosaicista. Activo entre 1273 e 1308, a súa obra coñécese a través de Ghiberti e de Vasari. A súa actividade centrouse en Roma, onde traballou en San Paolo Fuori le Mura (1270-1279), realizou os mosaicos das ábsidas de Santa Maria in Trastevere (1291) e os frescos do Judici Universale, na igrexa de Santa Cecilia in Trastevere. Traballou en Nápoles para Carlos de Anjou en Santa Maria Donnaregina (1308). Atribúesenlle os frescos da tumba do cardeal Matteo d’Acquasparta en Santa Maria d’Aracoeli (Roma, 1302), os da catedral de Nápoles e un Cristo pintado en San Paolo Fuori le Mura. A súa obra abriu o camiño á pintura de Giotto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Pertenceu á escola napolitana do s XVII e recibiu a influencia de Artemisia Gentileschi. Foi o máximo expoñente da liña caravaggesca melodramática e realizou obras relixiosas, en xeral de pequeno formato, entre as que destaca Santa Cecilia en éxtase (1645).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. Garibaldino e, posteriormente, de tendencias socialistas, colaborou na prensa da época. Escribiu poesía e teatro de carácter neorromántico. Da súa produción destacan as obras Battaglie (Batallas, 1871) e I pezzenti (Os mendigos, 1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da costa guineana, en África Occidental. Nace no monte Nimba e a maior parte do seu curso forma a fronteira entre a Costa de Marfil e Liberia. Desemboca no Océano Atlántico, no cabo Palmas, logo dun percorrido de 500 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome inglés do condado de An Cabhán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizadora cinematográfica italiana. Accedeu á dirección cinematográfica despois de producir documentais históricos para a RAI. Os seus filmes máis destacados son: Il portiere di notte (O porteiro da noite, 1974), La pelle (A pel, 1981), Berlin affaire (Asunto en Berlín, 1985), Francesco (1988) e Dove siete? Io sono qui (Xestos de amor, 1993). Tamén dirixiu obras teatrais e escenificacións de óperas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, historiador e avogado. Foi síndico do concello de Madrid (1831) e censor político de teatros (1832-1856). Publicou, entre outras obras: Lequeitio en 1857 (1858), Diálogos políticos y literarios y discursos académicos (1859), Historia de España (1860-1863) e Memoria sobre el fuero de Madrid del año 1202 (1892). Foi membro da Academia de la Historia (1841) e da Academia de Ciencias Morales y Políticas (1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores da orde das malvais, de follas alternas, flores pentámeras reunidas en cimas umbeliformes e froitos alados. Propio do S de América, caracterízase por presentar un tronco en forma de pipa que almacena auga e substancias nutritivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de corda, orixinario de Portugal, característico de Brasil. Ten unha forma similar á guitarra e consta de catro cordas que se pulsan cos dedos.

    VER O DETALLE DO TERMO