"Aw" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 264.
-
PERSOEIRO
Político indio. Educado en Reino Unido, ao volver a India uniuse ao Congreso Nacional Indio e loitou pola liberación do país. Presidiu o partido desde 1929. En 1947, ao conseguir a independencia da Unión India, converteuse en xefe do goberno e ministro de Asuntos Exteriores, cargos que ocupou ata a súa morte. Foi un dos líderes da Conferencia de Bandung (1955) e do Movemento dos Países non-Aliñados
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do fu de Osaka, situada na illa de Honshū, Xapón (257.315 h [1997]). É un centro comercial de arroz e trigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do ken de Kanagawa, na illa de Honshū, Xapón, situada a 50 km da baía de Toquio, ao SO, na baía de Sagami (200.171 h [1997]). Posúe a industria automática de plásticos máis importante de Asia.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa máis grande do arquipélago de Ryūkyū, Xapón, no mar da China Oriental, que forma parte do ken de Okinawa (1.254 km2). A súa capital é Naha. Pertenceu ao Imperio Chinés entre os ss XIII e XVII, e a Xapón desde 1607. Durante a Segunda Guerra Mundial foi ocupada polos estadounidenses, que a converteron nunha das súas bases principais en Extremo Oriente, desde a que operaban contra Corea e Indochina. En 1972 o goberno xaponés recuperou a administración da illa, pero as forzas estadounidenses conservaron as súas bases aeronavais con dereito a gardar nelas armamento nuclear.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do ken de Okinawa, na illa de Okinawa, Xapón, situada na parte central da illa (106.825 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ken da illa de Ryūkyū, Xapón (2.265 km2; 1.318.220 h [2000]). A súa capital é Naha.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Ontario, Canadá, que está situada á beira N do lago Ontario (134.364 h [1996]). A súa economía baséase na produción de accesorios de automóbil e no traballo da la.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Canadá, principal tributario do San Lourenzo (1.120 km de lonxitude), que está situado preto do altiplano laurentiano. Corre cara ao lago Timiskaming e despois xira cara ao SL, onde forma o límite entre as provincias de Québec e Ontario.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Canadá, situada ao SO da provincia de Ontario, na confluencia dos ríos Rideau, Gatineau e Ottawa (323.340 h [1996]). O núcleo central conserva un carácter tradicional, pero o resto da área urbana tivo remodelacións recentes como os novos barrios residenciais ao leste, un moderno sector administrativo no centro e un cinto verde ao redor da área urbanizada e nas ribeiras do Rideau. Na industria destaca a produción de maquinaria téxtil, a química e a electromecánica. Ten aeroporto internacional e centros de estudos superiores. A raíz da construción do canal Rideau (1827), converteuse, co nome de Bytown, en centro de comunicacións. En 1855 cambiou o nome ao actual, obtivo o título de cidade e en 1857, por orde de Vitoria I de Inglaterra, converteuse na capital de Canadá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra xaponés. Ampliou estudos en Berlín con H. von Karajan e foi discípulo de L. Bernstein en Nova York. Debutou en EE UU en 1962, e dirixiu as orquestras de Toronto (1965-1969), San Francisco (1970-1976), Boston (1973-2002) e Viena (desde 2002). Director convidado de numerosas orquestras europeas e americanas, realizou un gran número de gravacións. Foi nomeado Chevalier de La Légion d’Honneur (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
DINASTIAS
Dinastía imperial de Irán. Fundada en 1925 polo xeneral Rida Khān a consecuencia da deposición do Xa A ḥ mad Shāh, a súa instauración, co nome de Reza I de Irán, significou a modernización xeral do país. Sucedeuno (1943) o seu fillo Mu ḥ ammad Reza de Irán, que foi derrocado pola Revolución Islámica (1979) e morreu no exilio en 1980. O seu fillo proclamouse xa no exilio co nome de Reza II Ciro.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa de Filipinas, na rexión de Tagalog Meridional, situada ao SO de Mindoro entre o mar de China Meridional e o mar de Sulu (14.896 km2; 371.782 h [estim 1984]). A illa, longa e estreita, é montañosa e está cuberta de bosques. Ten minas de manganeso.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Fronteira do Noroeste, Paquistán, situada na parte inferior do val de Kābul (988.005 h [1998]). A súa economía baséase no cultivo do algodón e na industria téxtil, alimentaria e de produtos farmacéuticos. Foi residencia de Kanishka, rei de Gāndhāra (123-153), da dinastía Kušhān, baixo o nome de Purushapura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de leis británicas do s XVI que establecían un sistema de asistencia para os pobres, que se mantivo ata despois da Segunda Guerra Mundial. Proporcionaba aloxamento e alimentos aos vellos, enfermos e nenos pobres, e ocupación aos fisicamente capacitados nas casas de traballo. Foi un instrumento para disciplinar unha man de obra non afeita ao traballo industrial asalariado.
-
PERSOEIRO
Poeta polaco. Escribiu máis de 300.000 versos de estilo popular. O seu poema máis destacado é Wojna chocimska (A guerra de Chocim).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Narrador e crítico inglés. Destacou polas súas narracións curtas, cheas de ironía e mordacidade, moitas veces retratos do carácter inglés, tal e como reflectiu en Complete Short Stories (1992). Autor dunha serie de libros sobre España, dos seus volumes de ensaios destacan The Gentle Barbarian (1977) sobre Turgenev, e escolmas como The Complete Essays (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor polaco. De nome Aleksandr Glowacki, cultivou o xornalismo e escribiu narracións breves, como Anielka (1880). Converteuse no retratista da sociedade e da burguesía polaca nas novelas Plakówka (Lugar de garda, 1885), Emancypantki (Os emancipados, 1891-1893) e Faraon (O faraón, 1895-1896).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor polaco. Iniciou a súa actividade literaria en Berlín e cultivou a lingua alemá. Ao seu regreso a Polonia (1898) dirixiu a revista Zycie, onde expuxo as súas teorías sobre a arte pura, traduciu ao polaco as súas obras en alemán e escribiu, en polaco, dramas como Dlaszcześcia (Pola felicidade, 1900), novelas, como Matka (A nai, 1902) e outras obras teóricas e biográficas, como Moiwspóécześni (Os meus contemporáneos, 1929-1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? - O Cairo 1290) Sultán mameluco de Exipto (1279-1290). Membro da dinastía bahrita, loitou contra os cruzados, aos que lles arrebatou o castelo de Marqab e Trípoli (1289). Morreu cando intentaba ocupar Acre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mesquita situada en Fez (Marrocos). Construída en 862, baixo os benimeríns foi convertida en universidade, onde se ensinaban as ciencias relixiosas tradicionais.