Poor Laws
Poor Laws
Conxunto de leis británicas do s XVI que establecían un sistema de asistencia para os pobres, que se mantivo ata despois da Segunda Guerra Mundial. Proporcionaba aloxamento e alimentos aos vellos, enfermos e nenos pobres, e ocupación aos fisicamente capacitados nas casas de traballo. Foi un instrumento para disciplinar unha man de obra non afeita ao traballo industrial asalariado.