Peshāwar
Peshāwar
Capital da provincia de Fronteira do Noroeste, Paquistán, situada na parte inferior do val de Kābul (988.005 h [1998]). A súa economía baséase no cultivo do algodón e na industria téxtil, alimentaria e de produtos farmacéuticos. Foi residencia de Kanishka, rei de Gāndhāra (123-153), da dinastía Kušhān, baixo o nome de Purushapura.