"BRE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 949.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome masculino que podería estar relacionado con Bricio ou mesmo proceder de Blasius coma Brais e Bras, se ben tanto a iconografía como as avogacías de san Breixo e san Brais son distintas. O máis probable é que derive do nome latino Verissimus, superlativo de verus ‘certo’, que aplicado á persoa significaría ‘que conta sempre a verdade’; sería un caso máis de adxectivos superlativos convertidos en nomes propios como Máximo ou Felicísimo. Outra variante deste nome é Bréixome. O cambio gráfico do v etimolóxico en b, ten a súa orixe na continua vacilación entre as grafias b/v na antroponimia galega, como adoito se atesta na documentación medieval; así acontece, por exemplo, con Baliño
-
PERSOEIRO
Mártir portugués. O seu culto remóntase ao s IX; tivo diversos mosteiros na Galicia medieval, como o de San Breixo das Donas, en terras da Ulla e Deza, e San Breixo de Arcos de Furcos. O san Breixo de Barro, de moita sona no Salnés, Morrazo e Vigo, é avogoso da reuma; o de Palas de Rei do gando vacún, en especial da produción de leite; o de Foxáns (Touro), malia ser avogoso da reuma da xente, tamén protexe as vacas porque a súa auga é moi milagreira para o ubre. De feito, a forza deste santo disque se transmite pola auga da fonte (vanse lavar na fonte do santo e o pano con que se enxugan déixano nunha silveira para que con el quede a enfermidade), polo aire do libro (os devotos axeónllanse diante do altar e póñenlle o misal aberto pola páxina da última misa dita) e polo contacto co santo (póñenllelo nos ombreiros e na cabeza). Na iconografía represéntase cunha vestimenta antiga en manto rubio e palma de martirio; en Foxáns aparece decapitado cunha espada no pescozo e barbado, e en Barro...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Breixo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Leonid Iljič Brežnev.
-
PERSOEIRO
Escultor alemán. Pertenceu á escola de Belas Artes de Düsseldorf. Instalouse en Francia no 1926 e gañou o Premio de Roma no 1932. Dende o ano 1935 foi o escultor oficial do Terceiro Reich, realizando estatuas colosais que tentaban revivir o clasicismo do Imperio Romano e glorificar a raza aria. Decorou o estadio olímpico de Berlín en 1936. En 1963, trala Segunda Guerra Mundial, instalouse en París, onde recuperou a súa antiga tarefa de retratista. Publicou as súas memorias no 1969.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e compositor. Iniciou as súas actividades en París en 1953. As súas composicións destacan pola súa calidade poética, musical e por unha gran forza interpretativa, baixo un ton crítico e irónico. Entre os seus títulos salientan Ne me quitte pas (Non me deixes, 1959), On n’oublie rien (Nada se esquece, 1961) e Les bourgeois (Os burgueses, 1962). Como actor participou nos filmes Les risques du métier (Os riscos do oficio, 1967) e L’emmerdeur (1973), e dirixiu Franz (1972) e Le Far West (1972), entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Póla pequena das árbores.
-
CIDADES
Cidade de Alemaña, capital do länder homónimo (546.968 h [1998]). Está situada preto do río Weser; este río, dragado a 10 m, converteu a cidade nun centro mercantil de produtos de ultramar. Este feito motivou que as industrias de elaboración se desenvolvesen na zona, en especial, as de tabaco, chocolate e café. Está localizada nunha rexión baixa e pouco fértil e a súa actividade económica complétase coa industria cervexeira, química, tecidos (la e estampados), industria do coiro e refinerías de petróleo. As primeiras noticias de Bremen datan do s VIII, cando Carlomagno a converteu en sede dun bispado. Cando a cidade de Hamburgo foi destruída polos viquingos (845), Bremen substituíuna como centro de evanxelización dos países nórdicos. Baixo o goberno dos príncipes-arcebispos, a cidade medrou e converteuse nun importante centro comercial. Na fin do s XIII independizouse do dominio eclesiástico e a burguesía gobernou a cidade, que se adheriu á liga hanseática e foi un dos centros...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Land de Alemaña (404 km2; 673.883 h [1998]). Está formado por dous territorios: o que rodea a capital, Bremen, situado á beira do río Weser, e o que rodea a cidade de Bremerhaven, que está na ribeira dereita da desembocadura do Weser, drenado polos ríos Geeste e Lune. A actividade económica do territorio é basicamente a portuaria, feito que determinou a estrutura industrial. Pola contra, a actividade agrícola e pesqueira, así como as industrias derivadas sufriron un descenso na súa produción, por mor da escasa fertilidade do solo, entre outros motivos. A poboación activa no sector primario é do 1,1% mentres que no secundario e o terciario comprenden o 38% e o 60%, respectivamente. A constitución de 1947, establecía unha asemblea (Bürgerschaft) de 100 deputados, que elixían un senado de 10 membros. O senado, que exercía o poder executivo, elixía dous burgomestres (Bürgermeister), un deles era nomeado presidente do mesmo. O senado posuía o dereito de veto dilatorio. Un...
-
DUCADOS
Territorio do Sacro Imperio creado como consecuencia da secularización do principado episcopal de Bremen coa Paz de Westfalia (1648) e adxudicado a Suecia. No 1712 pasou a Dinamarca e, no 1720, a Hannover.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land de Bremen, Alemaña, no esteiro do Weser (126.915 h [1998]). Situada á beira da desembocadura do Geeste, é unha importante cidade portuaria. O seu porto, creado como porto de pasaxeiros no 1857, foi ampliado en diversas ocasións ata finais do 1931. Serve de anteporto de Bremen, dende que a drenaxe e canalización do Weser lle impedira ás embarcacións de gran tonelaxe remontar o río. O territorio da actual cidade e os seus suburbios industriais (Lehe) foron incorporados ao land de Bremen no 1947, logo da súa reconstrución despois dos danos sufridos polos bombardeos aos que foi sometida durante a Segunda Guerra Mundial, nos que resultaron afectados o 56% dos seus edificios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xesuíta, crítico literario e historiador francés. Foi un dos expoñentes do espiritualismo literario e filosófico francés, sostivo a afinidade da poesía e o misticismo. É autor de Histoire littéraire du sentiment religieux en France 1916-1936 (Historia literaria do sentimento relixioso en Francia 1916-1936), Pour le romantisme (Para o Romanticismo, 1923), La poésie pure (A poesía pura, 1926) e Prière et poésie (Oración e poesía, 1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Radiación electromagnética emitida ao ser decelerada (freada ou deflectida) unha partícula cargada, de alta enerxía, cando atravesa a materia. Gracias ao acelerador de partículas, foi posible producir e estudar a radiación de freada orixinada pola difusión (scattering) de partículas con muóns, pións e protóns. Cando a bremsstrahlung se produce como consecuencia dunha emisión β ou dunha captura electrónica, fálase de bremsstrahlung interna; no resto dos casos, de bremsstrahlung externa. Cando o campo que causa a freada é un campo magnético, fálase de bremsstrahlung magnética, aínda que é máis corrente falar da radiación de sincrotrón (cando as velocidades son relativistas) e da radiación de ciclotrón (cando non o son).
-
Colisión inelástica entre un fotón e un electrón no campo dun ión, coa conseguinte absorción da enerxía do fotón polo electrón.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terra quebrada chea de plantas silvestres.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado na illa de La Palma, ao O de Santa Cruz de la Palma (5.816 h [1996]). A súa actividade económica aproveita os seus recursos agrícolas e gandeiros, sobre todo bovinos.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situada na illa de La Palma, ao S de Santa Cruz de la Palma, preto do Atlántico (3.746 h [1996]). A súa economía baséase no aproveitamento dos seus recursos agrícolas (cereais, plataneiros, laranxeiras e patacas) e avícolas. Acolle unha importante cooperativa agrícola comarcal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Edward Fitzgerald Brenan.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pobra de Brollón baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome de orixe anglosaxona. Probablemente ten a mesma raíz que Brandán, de feito en Irlanda considérase como a súa forma feminina. Este antropónimo parece proceder das Shetland, pero hai estudiosos que consideran que Brenda é a forma feminina do nórdico Brand, nome común en Islandia e que se pode equiparar co noso Xián. Posiblemente, este nome chegou a nós a través do inglés, onde foi usual ata o s XII. A súa festa celébrase o mesmo día que san Brandán: o 16 de maio.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico irlandés coñecido como George Brent. Comezou traballando no teatro no Bronx. Trasladouse a Hollywood onde se lle considerou un dos galáns máis destacados. Traballou con Bette Davis na Warner. Interpretou, entre outras, as películas: The crash (A explosión, 1932), More than a secretary (Escola de secretarias, 1936), Dark vitory (Amarga vitoria, 1939), The spiral staircase (A escaleira de caracol, 1946) e Born again (Nacido novamente, 1978).
VER O DETALLE DO TERMO