bremsstrahlung*

bremsstrahlung*
Nome científico: [radiación de freada]
  1. s f [FÍS]

    Radiación electromagnética emitida ao ser decelerada (freada ou deflectida) unha partícula cargada, de alta enerxía, cando atravesa a materia. Gracias ao acelerador de partículas, foi posible producir e estudar a radiación de freada orixinada pola difusión (scattering) de partículas con muóns, pións e protóns. Cando a bremsstrahlung se produce como consecuencia dunha emisión β ou dunha captura electrónica, fálase de bremsstrahlung interna; no resto dos casos, de bremsstrahlung externa. Cando o campo que causa a freada é un campo magnético, fálase de bremsstrahlung magnética, aínda que é máis corrente falar da radiación de sincrotrón (cando as velocidades son relativistas) e da radiación de ciclotrón (cando non o son).

  2. bremsstrahlung inversa [FÍS]

    Colisión inelástica entre un fotón e un electrón no campo dun ión, coa conseguinte absorción da enerxía do fotón polo electrón.

Palabras veciñas

Bremen, Ducado de | Bremerhaven | Brémond, Henri | bremsstrahlung* | breña | Breña Alta | Breña Baja