Bremerhaven

Bremerhaven

Cidade do land de Bremen, Alemaña, no esteiro do Weser (126.915 h [1998]). Situada á beira da desembocadura do Geeste, é unha importante cidade portuaria. O seu porto, creado como porto de pasaxeiros no 1857, foi ampliado en diversas ocasións ata finais do 1931. Serve de anteporto de Bremen, dende que a drenaxe e canalización do Weser lle impedira ás embarcacións de gran tonelaxe remontar o río. O territorio da actual cidade e os seus suburbios industriais (Lehe) foron incorporados ao land de Bremen no 1947, logo da súa reconstrución despois dos danos sufridos polos bombardeos aos que foi sometida durante a Segunda Guerra Mundial, nos que resultaron afectados o 56% dos seus edificios.