"Berg" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 270.

  • PERSOEIRO

    Piloto estadounidense. Fixo o primeiro voo directo Nova York-París, o 20 de maio de 1927, en 33 horas e media, co avión Ryan NYP “Spirit or St. Louis”. O rapto e asasinato do seu fillo de dous anos en 1932, tiveron unha gran resonancia. Durante a Segunda Guerra Mundial adoptou unha actidude de non intervención contra Alemaña, e aceptou unha condecoración de H. Göring.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo brasileiro. Pioneiro en Brasil no sector da psicoloxía da aprendizaxe, foi director   (1938-1946) do Instituto Nacional de Estudos Pedagógicos, do Ensino Público en São Paulo, membro do Conselho Nacional de Educação (1937) e director xeral do Departamento Nacional de Educação. En 1944 colaborou na reforma do ensino en Paraguay. Organizou e dirixiu o Seminário Interamericano de Alfabetização de Adultos (1949). Das súas obras   destacan Juazeiro do padre Cícero (1926), Introdução ao Estudo da Escola Nova (1930), en que presenta os fundamentos psicolóxicos e biolóxicos das novas doutrinas   pedagóxicas do s XX, Tendências da educaçao brasileira (1940), A pedagogia de Rui Barbosa (1954) e Cartilha do povo (1954), en que intentou adecuar a alfabetización ás características do medio social do alumno. Recibiu o título de Maestro de las Américas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista sueco. Estudiou os cambios cíclicos como inherentes ao sistema económico e defendeu que a intervención do estado na economía debe limitarse a casos de emerxencia nacional. As súas obras máis importantes son Studies in the Theory of Economic Expansion (1937) e Busines Cycles and Economic Policy (1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta sueco. As súas composicións seguen a liña de E. Tegnér e de V. von Heidenstam. Destaca a súa colección Os poemas á fronteira (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista sueco. Traballou nos campos da fonética e da romanística seguindo as liñas do estruturalismo e enlazando a corrente da escola de Copenhaguen coa de Praga. Das súas obras destacan Nya Vägar inom språkforskningen (Os novos camiños da lingüística, 1959), Språket ochmanniskan (A lingua e o home, 1966), Signes et symboles (1977) e Le langage-signe de l’humain (1979). Foi presidente da Sociedade Internacional de Ciencias Fonéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Xulián que dá nome ao concello de Malpica de Bergantiños, onde se localiza a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Bergantiños, no O da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia da Coruña, situado a 43° 19’ de latitude N e 8° 48’ de lonxitude O. Limita ao N co Océano Atlántico, ao L co concello de Carballo (Bergantiños), ao S co concello de Ponteceso (Bergantiños) e ao O co Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 61,4 km2cunha poboación de 6.432 h (2007), distribuída nas parroquias de Barizo, Buño, Cambre, Cerqueda, Leiloio, Malpica de Bergantiños, Mens e Vilanova de Santiso. A capital do concello é Malpica, situada a 51 km da cidade da Coruña e a 64 km de Santiago de Compostela. Está á arquiarquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Carballo.
    Xeografía física
    É unha estreita franxa de terra cinguida ao mar. O relevo non ofrece unha gran variedade, xa que se trata dunha superficie chá cunha altitude media de 100 m lixeiramente ondulada. Xeoloxicamente, presenta unha alternancia de gneis e xistos. As maiores pendentes sitúanse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor sueco. Nun primeiro momento, as súas novelas recolleron unha visión do tránsito da xente do campo a zonas industrializadas. En anos posteriores, o seu interese centrouse no fenómeno da emigración sueca cara a América. Destacan a súa triloxía sobre Knut Toring (1935-1939), onde analiza o sentido da liberdade, e as obras Rid i natt (Cabalgade esta noite, 1941), en que manifesta o seu sentimento antinazi; e Soldat med brutet gevär (Cando era un rapaz, 1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade do land de Brandenburgo, Alemaña, situada na ribeira dereita do Elba (3.600 h [1982]). Foi fundada no s XIII, ao amparo dun castelo e dun mosteiro cisterciense. É coñecida pola Batalla de Mühlberg (24 de abril de 1547), na que se enfrontaron as tropas do Emperador Carlos V e as da Liga de Esmalcalda. Os exércitos imperiais, xunto co futuro Fernando I, Mauricio de Saxonia e Xoán de Brandenburgo, atacaron ao elector de Saxonia, Xoán, un dos xefes da Liga de Esmalcada, que recuou ata Mühlberg, onde foi vencido por sorpresa polas forzas de Carlos V.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo e filósofo alemán. Foi un dos primeiros que empregou métodos psicométricos en psicoloxía. Como psicólogo intentou unha síntese entre a psicoloxía científica e a doutrina de Fichte. Entre as súas obras destacan Der Ursprung der Sittlichkeit (A orixe da moral, 1889), Beiträge zur experimentellen Psychologie (Contribucións á psicoloxía experimental, 1889-1892) e Psychology and Life (1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico alemán. Descubriu o enzima carboxilase (1911) e investigou sobre os catabolismos, tanto respiratorios coma fermentativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Tratou temas moi diversos aproveitando a súa rica formación humanística e teolóxica. Coñecido pola súa versión castelá da Imitación de Cristo, de Kempis, tamén publicou Obras y días (1628), Oculta filosofía (1634) e Epístolas (1649).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Tivo un papel decisivo na interpretación do código xenético e en 1961 encontrou ribosomas e conxugounos cun ARN artificial. Amosou como as instrucións xenéticas no núcleo celular controlan a composición das proteínas. Recibiu a Medalla Nacional de Ciencia e o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (1968), que compartiu con H. Gobind Khorana e Robert W. Holley.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo sueco. As súas liñas de investigación centráronse nas linguas romances e na súa literatura histórica. Publicou Syntaktische Forschungen (Estudos sintácticos, 1943), Beiträge zur spätlateinischen Syntax (Achegas á sintaxe do latín tardío, 1944), La poésie latine rythmique du haut moyen âge (1954), Introdution à l’étude de la versification médiévale (1958) e Manuel pratique du latin médiéval. Foi membro das academias suecas de Belas Artes e Ciencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico austríaco. Especializouse na investigación da Terra por medio de sensores remotos situados en satélites artificiais. Emigrou a EE UU e en 1953 participou no proxecto de satélites meteorolóxicos TIROS e Nimbus e nos de busca de recursos terrestres ERTS e Landsat. Foi xefe da sección de medidas físicas no centro Goddard da NASA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de arquitectos expresionistas alemáns que, a finais da Primeira Guerra Mundial, se organizaron coa intención de reconstruír Alemaña despois do desastre. Vinculados activamente ao proceso revolucionario alemán de 1918 e seguindo o exemplo soviético de 1917, intentaron facer unha arquitectura ao servizo do pobo. O fundador foi B. Taut, seguido por H. Poelzig, P. Behrens e H. Scharoun. W. Gropius, F. Ll. Wright e Mies van der Rohe, antes de formular o racionalismo arquitectónico rigoroso, estiveron tamén vinculados ao grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Baviera, Alemaña (486.628 h [2000]). Capital histórica de Franconia, sitúase á beira do Pegnitz, nun cruzamento de vías entre os portos italianos e as cidades hanseáticas do N, entre o Rin e o Danubio. Tivo un papel importante na historia alemá e forma unha conurbación industrial con Fürth e Erlangen. Das súas industrias destacan as de automóbiles, de maquinaria, de aparatos de precisión, químicas e papeleiras. En 1191 constituíuse como burgraviato pertencente aos Hohenzollern. Foi sede da dieta imperial en varias ocasións e nunha delas ditouse a Bula de Ouro (1356), que establecía o número dos electores imperiais. Os Hohenzollern intentaron anular o desenvolvemento das liberdades municipais, o que provocou unha guerra civil entre os señores e a cidade entre 1388 e 1389. Finalmente, os Hohenzollern cedéronlle o seu feudo á cidade en 1427, pero o contrato de cesión, mal interpretado, deu lugar ás guerras dos margraves (1449-1450 e 1552-1553). Durante os ss XV e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo de carácter defensivo asinado en Nuremberg en 1538 entre o Emperador Carlos V, os príncipes alemáns e as cidades alemás para reaccionar contra os progresos do luteranismo nos países nórdicos. Atacou os príncipes protestantes reunidos na Liga da Esmalcalda e venceunos na Batalla de Mühlberg en abril de 1547. O emperador convocou entón a Dieta de Augsburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xuízo que se celebrou en Nuremberg por un tribunal militar internacional contra 24 membros do Partido Nazi e oito organizacións acusadas de crimes de guerra (20 de novembro de 1945-1 de outubro de 1946). O veredicto condenou a ser aforcados a Hermann W. Göring, Joachim von Ribbentrop, Alfred Rosenberg, Hans Frank, Wilhelm Frick, Julius Streicher, Fritz Sauckel, Arthur Seyss-Inquart, Ernst Kaltenbrunner, Wilhelm von Keitel e Alfred Jodl. Foron sentenciados a prisión Karl Dönitz, Erich Raeder, Konstantin von Neurath, Walter Funk, Albert Speer, Baldur von Schirach e Rudolf Hess. Foron absoltos Horace G. H. Schacht, Hans Fritsche e Franz von Papen, e catro organizacións foron condenadas: o Partido Nazi, a Gestapo, as SS e o SD (Servizo de Seguridade). O veredicto permitiulle á ONU definir o delito de xenocidio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal penal internacional creado por EE UU, URSS, Reino Unido e Francia en 1945 para xulgar os crimes cometidos polas potencias europeas do Eixe durante a Segunda Guerra Mundial. Xulgou tres tipos de feitos delituosos: os crimes contra a paz, os de guerra e os crimes contra a humanidade. Os principios deste tribunal formaron a base legal das normas que se aplicaron posteriormente noutros tribunais internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO