"CEI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 262.

  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Rateira, que nace e desemboca na parroquia de Torea (Muros).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Covelo baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas un escudo partido: primeira partición, en campo de prata, con dúas flores de lis, de azul, colocadas en pao; segunda partición, en campo de prata, con media aguia de goles, armada de sable, nacente da liña da partición. Outra variante leva, en campo de goles, dúas estrelas de prata, de oito raios, colocadas en banda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ponte situada sobre o río Tambre, entre os concellos de Negreira e Ames, e moi preto da ponte Nova de Ponte Maceira. Foi construída entre os ss XIV e XV, para comunicar Santiago de Compostela coas terras do N do Tambre. A mitra compostelá cobrou a portaxe, xa que era o camiño máis cómodo para dirixirse a Fisterra, Muxía e Bergantiños. Foi restaurada no s XVIII, e conserva cinco arcos de cantería e un tramo de acceso con dúas arcadas máis de aliviadoiro. A bóveda central ten arco oxival, e os pilares teñen tallamares triangulares augas arriba e abaixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Mondoñedo (1853-1855) e Tui (1855). Doutor en Teoloxía, foi cóengo maxistral da catedral de Santa María de Tui. Recibiu moitos ataques debido ás súas ideas políticas. Emprendeu a reforma administrativa da diocese de Mondoñedo e fundou o Boletín Eclesiástico (1859), primeira publicación periódica de Tui. Foi cabaleiro da Real Orden de Carlos III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Dozón baixo a advocación de san Remixio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Comezou lendo teatro en Radio Nacional de España e, posteriormente, traballou coas compañías Teatro do Atlántico en Non se chora (1993), Tolos de amor (1995) e Casa de bonecas (1995); co Centro Dramático Galego en A fiestra valdeira (1994); e con Espello Cóncavo en Vapores (1996), Bailando en Verán (1996) e As troianas (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ferreiriño real.

    2. pimpín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que en certas celebracións solemnes porta a maza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo onde se sementa o millo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao terreo que é bo e fértil para o millo.

    2. Que recolle moita abundancia de millo.

    3. Aplícase ao pan elaborado cunha mestura de fariña de millo e centeo, con maior cantidade da de millo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cruceiro situado en Melide. Considérase o máis antigo de Galicia, do s XIV. Posiblemente pertenceu ao conxunto do retablo pétreo da desaparecida igrexa de San Pedro de Melide e orixinalmente estivo policromado. Na cruz, tallada nunha única peza, representouse dun lado, a figura de Xesús Cristo crucificado, acompañado por san Xoán Evanxelista e pola Virxe, e doutra, o Cristo en maxestade. É o elemento máis antigo do cruceiro, e a ela engadíronse posteriormente o pé e a columna, octogonal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral cantábrico situada entre as da Ola de Soprano e Os Castelos, na parroquia de Suegos (O Vicedo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que traballa nunha mercería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que lle gusta andar ás mozas ou aos mozos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, produtora e realizadora cinematográfica. Licenciouse en Interpretación na Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid e realizou moitos traballos como guionista e responsable de programas de televisión de Canal +, como La noche +   corta ou Especial Piezas. Tamén dirixiu curtametraxes, como a comedia A todo tren (1995), e participou como guionista de Planeta extraño (1997), onde tamén actuou. No filme Amores (1994) rodou o capítulo “Sopa de cucarachas”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e humorista. Coñecida como Sex, foi unha das primeiras mulleres que realizou humor gráfico en xornais e publicacións en España. Destacan as súas colaboracións en La Voz de Galicia e a creación do seu personaxe “Sir Ope de Buxo”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde ás voces ‘amo, afiador e gobernador ao mesmo tempo’.

    VER O DETALLE DO TERMO