Maceira
Maceira
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae por armas un escudo partido: primeira partición, en campo de prata, con dúas flores de lis, de azul, colocadas en pao; segunda partición, en campo de prata, con media aguia de goles, armada de sable, nacente da liña da partición. Outra variante leva, en campo de goles, dúas estrelas de prata, de oito raios, colocadas en banda.