Maceira, ponte

Maceira, ponte

Ponte situada sobre o río Tambre, entre os concellos de Negreira e Ames, e moi preto da ponte Nova de Ponte Maceira. Foi construída entre os ss XIV e XV, para comunicar Santiago de Compostela coas terras do N do Tambre. A mitra compostelá cobrou a portaxe, xa que era o camiño máis cómodo para dirixirse a Fisterra, Muxía e Bergantiños. Foi restaurada no s XVIII, e conserva cinco arcos de cantería e un tramo de acceso con dúas arcadas máis de aliviadoiro. A bóveda central ten arco oxival, e os pilares teñen tallamares triangulares augas arriba e abaixo.

Palabras veciñas

Maceira | Maceira | Maceira | Maceira, ponte | Maceira, Telmo | Maceiras, As | Maceiras, Flor