batisfera

batisfera

(< bati- + gr σϕαῐρα ‘esfera’)

s f [TECNOL/MAR]

Esfera destinada a acadar grandes profundidades mariñas. A súa finalidade era investigar a fauna. A primeira foi construída en 1930 por William Beebe, coa colaboración de Otis Barton, e estaba sostida desde un barco por un cable de aceiro. En 1934 cerca das Bermudas conseguiu somerxerse a 906 m de profundidade. Incapaz de manobrar por ela mesma, a batisfera foi substituída polo batiscafo.