"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
VER O DETALLE DO TERMO
antocianidina.
-
GALICIA
Relixioso. Abandonou a Compañía de Xesús pero seguiu a exercer o sacerdocio en Viana do Bolo, Verín e Ourense. Pouco despois, licenciouse en Filosofía e Letras e exerceu como profesor en varios institutos de Ourense. No 1931 publicou Los jesuitas desenmascarados, o historia verídica y documentada de un jesuita, onde se desvelan os seus amplos coñecementos eclesiásticos e lingüísticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia ou división administrativa romana, cun breve período de existencia (216 e 217), creada polo Emperador Marco Aurelio Antonino Caracalla (211-217) como resultado da secesión dun territorio da Provincia Citerior Tarraconense, identificado coa Gallaecia, e que se correspondía cos tres conventus xurídicos noroccidentais: asturicense, lucense e bracarense. A súa creación debeuse a motivos económicos e militares: era preciso controlar o territorio fronte a posibles revoltas indíxenas e asegurar o acceso ás minas de ouro do noroeste de Hispania, situadas principalmente no Bierzo. Con estas medidas, Caracalla tentaba revitalizar as explotacións auríferas, que xa coñeceran o seu momento de esplendor durante a época flavia. Coa morte de Caracalla no 217, xa certificado o esgotamento mineiro debido en gran medida á pouca rendibilidade dos procedementos técnicos empregados, a nova provincia desapareceu e pasou a estar baixo o mando do gobernador da Tarraconense. O seu único gobernador,...
-
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Ferrol en 1901 que desapareceu en abril de 1905. Subtitulado como “Semanario socialista, defensor de los trabajadores y del pueblo”, foi editado na imprenta do xornal La Marina. Ao cabo dun ano de andaina tiña unha tiraxe de 300 exemplares. Foi o sucesor de El Bien del Obrero (1900-1902).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro cultural para a educación do proletariado, fundado na Coruña o 14 de xullo de 1936. No seu domicilio social da rúa dos Feáns impartíase unha formación obreira de claro carácter anarquista, fundamentada nas bases da educación libertaria promovida e organizada por Ferrer i Guardia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adiviñación baseada no estudo das vísceras humanas, principalmente o corazón.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter anual editada polo Grupo Voz iniciada no ano 1984. Coordinada por Luci Garcés, conta con seccións mensuais dedicadas a “Economía”, “Internacional”, “Galicia”, “Deportes”, etc. Introduce amais cadros estatísticos, gráficos, debuxos e fotografías dos acontecementos máis impactantes do mundo acontecidos ao longo do ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na cidade de Ferrol no ano 1903, onde se recollían as actividades do Ateneo Ferrolano. Na edición de 1905-1906 incluíase un extenso poema en galego titulado “Cipriana” de Emilio Balás.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Feito de consentir ou aprobar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anunciación.
-
-
Acción de anunciar.
-
-
Anuncio feito a María polo arcanxo Gabriel de que sería nai do Mesías. Os pais da Igrexa consideran que este foi o momento no que o Fillo de Deus se encarnou.
-
Festa coa que a Igrexa celebra este misterio: 25 de marzo. OBS: Normalmente escríbese en maiúsculas.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome procedente do latín eclesiástico annuntiatio ‘anunciación, anuncio’, derivado de annuntio. Este último termo procede de ad-nuntio ‘anunciar’, composto de ad ‘cara a, en dirección a’ e nuntio ‘informar, notificar’ e este, á súa vez, deriva de nuntius ‘nuncio, mensaxeiro’. Este antropónimo ten unha orixe cristiá; alude ao anuncio do nacemento de Xesús (“Anunciación a María”), relatado no evanxeo de san Lucas. A Anunciación tamén se coñece cariñosamente como a “Nosa Señora das Merendas”, porque a súa festa marca o comezo dos traballos nas veigas e, xa que logo, das merendas fóra da casa. A festividade da Anunciación, que antano se celebraba o 18 de decembro por non cadrar co espírito da Coresma, trasladouse logo ao 18 de decembro. Actualmente festéxase o 25 de marzo agás en Entrimo, onde se conmemora o 5 de agosto, e en Baiona, onde se celebra os días 5 e 10 de agosto. A Anunciación é titular dunha parroquia. Unha variante deste antropónimo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orde da cabalería creada polo conde Amadeo VI de Savoia no 1362. Os estatutos foron doados no 1400 polo duque Amadeo VIII. Foi a orde suprema do Reino de Italia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que anuncia.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación filatélica aparecida o 1 de novembro de 1895 en Ferrol, e dirixida por Manuel Riva. Desapareceu en xullo de 1896.
VER O DETALLE DO TERMO -
DIARIOS
Diario aparecido na Coruña o 1 de xaneiro de 1863, subtitulado “Periódico consagrado al comercio, a la industria y a las artes”. Dirixido por Cándido Salinas, foron redactores Ramón Pérez Costales e Gonzalo Brañas. Foi impreso por Brañas e Pombo. Trataba temas económicos e comerciais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal nado en Pontevedra o martes 2 de xaneiro de 1877 e desaparecido en maio de 1893. Foi subtitulado como “Diario de noticias, anuncios e intereses morales y materiales”, “Diario de intereses generales, noticias y anuncios”, “Diario de Pontevedra”, “Diario republicano” e “Diario republicano progresista” ao longo de diversas etapas. Fundado por Xosé Suárez, tivo como directores a Indalecio Armesto, Xosé Madrigal, Xoán M. Rodríguez, Cosme Fernández, Emilio Couto e Xosé Sequeiros. Tratou temas políticos, culturais e mesmo publicou poemas en castelán de Renato Ulloa, Claudio Cuveiro, Nicanor Rey, Andrés Muruais, Núñez de Arce, Alfredo Brañas e Xesús Muruais, entre outros. Xunto a estes, poemas en galego de Rosalía e Francisco Mª de la Iglesia, e unhas crónicas tituladas “Farangullas” de Roque Pesqueira. Tamén difunden información sobre o dicionario de Cuveiro Piñol e Aires da miña terra de Curros Enríquez. Reaparecería no ano 1893.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal republicano aparecido na Coruña en 1877 e subtitulado “Diario de La Coruña y de Galicia”. No número do 25 de xullo de 1883 incluíuse o poema “O probe” de Manuel Martínez González.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome adoptado polo xornal El Avisador (1862) da Coruña no ano 1877 ata a súa desaparición definitiva no ano 1894.