"CIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 410.

  • Aumento anormal do número de glóbulos vermellos do sangue circulante que pode observarse en diversas enfermidades. OBS: Tamén se denomina policitemia ou poliglobulia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Escitia ou ao pobo escita.

    2. Individuo do pobo escita.

    3. Pobo nómade, orixinario das estepas de Asia Central, que se desprazou cara ao S e ao L de Europa a comezos do I milenio a C. Atacaron a rexión das estepas pónticas e, ante a presión doutros pobos, atravesaron o Cáucaso e establecéronse no S de Rusia, onde parte deles se volveron sedentarios. Impuxéronse sobre diversos reinos e pobos da zona entre o s VI e V a C, e estableceron relacións coas colonias gregas do N do Mar Negro, a través das que se desenvolveu un importante comercio greco-escita. Trala súa derrota polos medos (613 a C), repregáronse cara ao N e no s IV a C infiltráronse cara aos Balcáns e ocuparon parte da actual Romanía, ata que Filipo II de Macedonia os derrotou. Absorbidos polos sármatas, desapareceron cara ao s II a C.

    4. Grupo de linguas faladas polos escitas, que pertencen ás linguas iranias da familia indoirania (phylum indoeuropeo). Deste grupo lingüístico permanece vivo o ossetio, que representa un enclave iranio en territorio caucásico e que se fala en Ossetia e Xeorxia. Consérvanse restos do escita antigo en certos nomes propios, transcritos en asirio e en grego.

    5. 2 estepa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás escitamíneas.

    2. Planta da antiga orde das escitamíneas.

    3. Antiga orde constituída por plantas herbáceas perennes, a miúdo moi corpulentas, de follas enteiras, grandes e amplas, provistas de vaíñas grosas e con flores trímeras, cigomorfas ou asimétricas, de ovario ínfero e de androceo xeralmente reducido. É unha orde tipicamente tropical. Os seus membros están actualmente incluídos dentro da orde das zinxiberáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do S de Europa habitada polos escitas. Este foi o nome que deron lle os gregos á rexión do N do Mar Negro, entre o Don e os Cárpatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estadio único do Triásico inferior correspondente ao dominio alpino, comprendido entre o Pérmico e o Anisiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Escitiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás escitonematáceas.

    2. Alga da familia das escitonematáceas.

    3. Familia de esquizofíceas filamentosas que teñen hormogóneas e heterocistos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado durante os períodos helenístico, romano e bizantino (s III a C- s VII d C) á antiga cidade Palestina de Bet Shean.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás escitosifonais.

    2. Alga da antiga orde das escitosifonais.

    3. Antiga orde da clase das feofíceas, constituída por algas mariñas de talo máis ou menos cilíndrico e macizo, con crecemento intercalar. Actualmente se inclúen dentro da orde das ectocarpais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma patoxénica dos eritrocitos, que adquire unha forma esférica, moi abundante no sangue dos afectados pola esferocitose hereditaria, a drepanocitose e as anemias hemolíticas autoinmunes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trastorno en que os eritrocitos adquiren forma de esferocito.

    2. Enfermidade hereditaria, de carácter dominante, que acostuma manifestarse na infancia, aínda que tamén pode aparecer en idades máis avanzadas, e que se caracteriza por unha anemia hemolítica con itericia e esplenomegalia. A causa é un trastorno da membrana dos eritrocitos, que os converten en esféricos e máis pequenos. Tamén se coñece como enfermidade de Minkowski-Chauffard.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula procedente do crecemento e división das espermatogonias dentro do proceso de espermatoxénese. Distínguese entre espermatocito primario ou de primeira orde, que é o resultado do crecemento das espermatogonias, e espermatocito secundario ou de segunda orde, que procede da división meiótica dos espermatocitos primarios e que sofre a segunda división meiótica para orixinar as espermátidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín aparecido en maio de 1811 e que se considera como o primeiro periódico de Lugo. Recibiu diversos epígrafes e denominacións, entre elas: Estado Mayor. 6º Exército. Resultado de las operaciones de este Exército; Quartel General del Exército. Diario de Operaciones del Ejército Español; Boletín del 6º Cuerpo del Ejército. Diario del 6º Cuerpo de Operaciones. Os seus artigos acompáñanse de datos sobre outros corpos do exército e novas sobre recoñecementos e actos de valor e heroísmo dos soldados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de excitable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se pode excitar.

    2. Que se excita con facilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de excitar ou excitarse.

    2. Produción do fluxo magnético de indución nunha máquina eléctrica. A corrente de excitación pode estar producida por unha máquina ou por unha fonte auxiliar (excitación independente), ou ben pola mesma máquina (autoexcitación).

      1. Colisión ineléstica.

      2. Aumento da enerxía dun sistema microfísico.

    3. Estado de actividade estimulada dun individuo unicelular ou pluricelular ou dalgún dos seus órganos ou sistemas.

    4. Creación dun campo magnético por unha corrente eléctrica.

    5. Conxunto formado por un motor, as máis das veces térmico, e unha dinamo, en que o primeiro acciona a segunda, empregado para a excitación dos indutores dun motor ou dun alternador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen excita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cociente entre o fluxo emitido por un elemento infinitamente pequeno dunha superficie emisora e a área deste elemento. Atendendo a se o fluxo é enerxético ou luminoso, distínguese unha excitancia radiante (Me) e unha excitancia luminosa (Mv).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que excita.

    2. Aplícase ao axente que determina un cambio no equilibrio metabólico das células.

    VER O DETALLE DO TERMO