"ECA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 560.

    1. Que decapa ou serve para decapar.

    2. Produto que, polas súas propiedades físicas ou químicas, se utiliza para limpar a capa de óxido ou pintura que cobre unha superficie. No caso de superficies metálicas, os máis empregados son o ácido sulfúrico e o clorhídrico diluídos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Limpar da superficie dun metal a capa de óxido, pintura, etc, que a cobre. Esta operación pode efectuarse mediante procedementos mecánicos ou químicos. O decapado mecánico pódese realizar mediante un cepillo metálico, procedemento lento e imperfecto, ou, máis usualmente, mediante un chorro de area, de partículas metálicas pequenas ou de perdigóns. O máis utilizado é o decapado químico, que ten diversas variedades: o decapado ácido, que consiste na inmersión do metal nun baño de ácido clorhídrico ou sulfúrico diluídos, o decapado alcalino que se realiza mediante a inmersión nunha disolución de sosa, sobre todo nas aliaxes de aluminio e cinc, ou o decapado electrolítico, no que a peza de metal actúa de cátodo ou de ánodo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás flores nas que se distinguen quince partes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de decapitar.

    2. Forma de execución da pena de morte que consiste en cortarlle a cabeza ao condenado. Antigamente, era o método máis empregado para executar os nobres ou señores, porque se consideraba non infamante.

    3. Fenómeno mediante o que un río captura ou asimila a cabeceira ou o curso alto da conca doutro río.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de decapitar.

    2. Aplícase á figura representada sen cabeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cortarlle a cabeza a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos decápodos.

      1. Crustáceo da orde dos decápodos.

      2. Orde de crustáceos que se caracteriza por presentar cinco pares de patas torácicas das que o primeiro par, e tamén ás veces o segundo, pode presentar no extremo unha pinza. Tamén se distinguen por ter os tres primeiros pares de apéndices do tórax asociados ao aparato bucal. A este grupo pertencen a maioría dos crustáceos, con máis de 10.000 especies, e tamén os de maior tamaño, xa que aínda que algunhas especies de cangrexo chícharo non superan os 2 mm, hai outras -como o cangrexo araña- que supera os 4 m de envergadura. A maior parte dos decápodos son mariños pero existen unhas poucas especies que se adaptaron a vivir en augas salobres de marismas, na auga doce de ríos e lagos, e mesmo algunhas en terra. A división do corpo dos artrópodos en tres partes (cabeza, tórax e abdome) preséntase simplificada a un cefalotórax, produto da fusión nun único escudo da cabeza (que consta de 6 segmentos) co tórax (de 8 segmentos) e un abdome (de 6 segmentos articulados). A casca quitinosa ou calcaria...

      1. Molusco da orde dos decápodos.

      2. Denominación que reciben os moluscos cefalópodos que presentan oito brazos e dous tentáculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONFEDERACIONS

    Confederación de dez cidades do N de Palestina situadas ao L do Xordán. Creouse trala campaña de Pompeio en Oriente (64 a C - 63 a C) co obxectivo de preservar a cultura helenística e protexerse contra os hebreos e as tribos árabes beduínas e perdurou ata o século II d C. Estaba constituída polas cidades de Damasco, Filadelfia, Rafana, Escitópolis, Gadara, Hippos, Dion, Pella, Gerasa e Canata. O gobernador romano de Siria exercía o control sobre os seus negocios, e as cidades pertencentes á liga tiñan a obriga de prestar servicios militares e pagarlles impostos aos romanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liga de dez cidades constituída en Alsacia no s XIV e formada por Mülhausen, Colmar, Münster, Turckheim, Kaysersberg, Schletsstadt, Oberehnheim, Rosheim, Hagenau e Weissemburg. No s XVI Landau substituíu a Weissemburg. Dividiuse logo da Reforma en tres cidades protestantes, cinco católicas e dúas mixtas, aínda que se mantivo fiel aos Habsburgo. Malia que polo Tratado de Münster pasaron ás mans dos franceses (1648), non se incorporaron dun xeito efectivo á soberanía francesa ata 1679. Durante a Revolución Francesa (1789) integráronse definitivamente en Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida de superficie que equivale a dez áreas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten dez sílabas, aplicado especialmente a un verso ou palabra.

    2. erso composto de dez sílabas. Empregábano xa na época medieval os trobadores provenzais, os galego-portugueses e os antigos poetas italianos. Comporta dous acentos principais, un fixo na décima sílaba e outro na cuarta, seguido ou non de cesura. Por influencia italiana introduciuse na poesía castelá o decasílabo sen cesura, co acento interno predominante na sexta sílaba e, de xeito eventual, con acentos secundarios nas sílabas cuarta e oitava, feito que o converte nun verso de ritmo binario. Segundo a posición dos seus acentos distínguense varios tipos: trocaico simple, no que os acentos recaen nas sílabas impares do verso; trocaico composto, formado por dous pentasílabos trocaicos que se acentúan na segunda e cuarta sílaba de cada un; dactílico simple, que leva os acentos na terceira, sexta e novena sílabas; dactílico composto, que combina dous pentasílabos dactílicos, acentuados na primeira e cuarta sílabas de cada un; dactílico esdrúxulo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao pórtico ou á fachada dun templo clásico que ten dez columnas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tomar consciencia de algo, percibir polos sentidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atleta especializado no décathlon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proba combinada de atletismo que comprende dez disciplinas. Celébrase en dúas xornadas consecutivas coa seguinte orde: na primeira, 100 m libres, salto de lonxitude, lanzamento de peso, salto de altura e 400 m libres; na segunda, 110 m valados, lanzamento de disco, salto con pértega, lanzamento de xavelina e 1.500 m libres. Os resultados obtidos polos atletas en cada unha das probas proporcionan unha serie de puntos, segundo unha táboa de cualificacións elaborada pola IAAF (Federación Internacional de Atletismo Amateur), de xeito que o vencedor nunha competición desta modalidade é o que máis puntos suma. Forma parte do programa olímpico dende os Xogos de Estocolmo 1912, aínda que xa se disputara con anterioridade nos de Saint Louis 1904 (EE UU). Nas competicións oficiais de atletismo, o décathlon está reservado exclusivamente aos homes; as probas combinadas para mulleres constan de tres especialidades menos e por iso se denomina héptathlon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de remate que se lles dá ás pezas de la pura ou mesturada para diminuír e regularizar o brillo que adquiren cando se prensan e para proporcionarlles un tacto esponxoso e suave. Con esta operación tamén se consegue que queden fixadas as dimensións do xénero e que este obteña unha certa resistencia contra as marcas producidas polas pingas de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tubo electrónico provisto dun ánodo central, dez cátodos fríos e dez electrodos de transferencia, que se emprega para contar os impulsos no sistema decimal. A cada impulso a descarga pasa dun cátodo ao seguinte. Pode contar de 0 a 9, de xeito que para contar n cifras decimais se necesitan n decatróns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema francés de vías desmontables e de doado traslado para pequenos transportes ferroviarios eventuais, ideado por Paul Decauville (1846-1922). A anchura da vía é de 60 cm e os carrís van asentados fixamente sobre os traveseiros de ferro, que son moi amplos e permiten colocar a vía sobre o terreo sen necesidade do leito de grava habitual nas liñas fixas. Pódese usar en obras e, nalgún caso, no transporte de viaxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés, duque de Decazes. Logo de colaborar co goberno de Bonaparte, achegouse aos Borbóns (1814) e chegou a ser o home de confianza de Luís XVIII, quen o nomeou ministro do Interior (1815) e primeiro ministro (1819). A súa vinculacíon no asasinato do duque de Berry, acusación realizada polos ultrarrealistas, supuxo o inicio da caída da súa carreira política. Foi nomeado por Luís XVIII embaixador no Reino Unido (1820-1821). Participou nos acontecementos políticos da Revolución de Febreiro (1848).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de defecar.

    2. Totalidade de materias que se expulsan ao defecar.

      1. Operación de limpar as impurezas dun líquido.

      2. defecación do mosto

        Operación mediante a que se separan por sedimentación os grans, as peles e as impurezas do mosto antes de que este fermente.

    VER O DETALLE DO TERMO