"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira asociación económica fundada en Galicia en 1783 polo Bispo Armañá. A súa actividade desenvolveuse sobre todo a partir da Real Orde do 18 de maio de 1834, que dispuña a constitución dunhas sociedades de dereito público para levar os principios do movemento da Ilustración a todos os recunchos do país, no eido económico e educativo. Crearon unha Escuela de Enseñanza Superior y Naútica en Ribadeo e unha cátedra pública de Matemáticas en Lugo. En 1841 o xefe político, Alexandre García, volveu promover a súa organización para apoiar o Goberno na protección da provincia en campos coma: Obras Públicas, Artes e Manufacturas, Comercio e Instrución Pública. Da última etapa desta sociedade só queda unha carta fechada en xaneiro de 1882.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada o 19 de xullo 1784 por Antonio Páramo y Somoza, cóengo da catedral de Santiago, xunto con outros eclesiásticos, universitarios, comerciantes, militares e nobres. A guerra e a inestabilidade política do país no primeiro cuarto de século motivaron a súa inactividade ata 1934. Os seus obxectivos ían encamiñados a arranxar os problemas da sociedade galega e as necesidades dos composteláns en todos os campos: educación, industria, pesca, agricultura ou gandería. Elaboraron informes e publicaron semanarios para denunciar a situación de atraso e explotación que sufrían os galegos -sobre todo no campo, na pesca e na emigración- co fin de buscar solucións xurídicas prácticas. Promoveron o establecemento do ferrocarril en Galicia e a creación da Caja de Ahorros de Santiago (1880). Estableceron, así mesmo, academias de debuxo, música, comercio, artes e oficios ou escolas de adultos, entre outras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución formada o 21 de xaneiro de 1991 e presidida por Eligio Rivas Quintas. O seu obxectivo é conservar a natureza e promocionar o pobo da serra ourensá de San Mamede e dos concellos do seu contorno. Organizan conferencias sobre etnografía ou historia, escaladas ao alto de san Mamede e obras de restauración do camiño e da ermida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Achegar a terra ao pé dunha planta.
-
-
Acción e efecto de amorear ou amorearse.
-
Acción e efecto de amorear materiais. As moreas demasiado grosas poden provocar solidificacións e caldeos internos; así tratándose de carbón fragmentado, non pasan de 5 m de altura, para non provocar a súa combustión espontánea.
-
Acción de dispoñer a madeira en moreas para que cando se seque ao aire libre, non se estrague por podremia.
-
-
-
Facer un montón sen ningunha orde.
-
Amontoar, aglomerar, reunir nun grupo.
-
Colocarse unha cousa sobre outra, formando unha morea ou moreas.
-
Situarse de súpeto, no mesmo espazo e momento, en gran cantidade.
-
No adobo vexetal, poñer as peles ao saír do batán formando moreas e deixándoas repousar, xeralmente entre 12 e 48 horas, cubríndoas a fin de minimizar a oxidación e o secamento. O obxectivo é facilitar a fixación, sobre a substancia dérmica, dos taninos ou combinados.
-
-
PERSOEIRO
Político e educador. En 1806 encargáronlle a creación do Real Instituto Pestalozziano de Madrid e en 1807 ascendérono a Coronel. Foi conselleiro de estado de Xosé I (1808), deputado de Baiona (1808), gobernador de Santander (1808), comisario do País Vasco (1809), ministro de policía para Andalucía (1810) e comisario real para o exército de Portugal (1811). Escribiu unha Representación a Fernando VII de grande interese para o coñecemento do pensamento dos afrancesados. En 1813 emigrou a París e adquiriu a nacionalidade francesa (1816). Interesado pola educación física, en 1818 fundou un ximnasio e formulou o “método francés” de ximnasia, polo que se considerou un dos fundadores da ximnasia moderna. É autor de Manual de educación física, ximnástica e moral (1830). Unha vez de volta na península, outorgáronlle o título de conde de Sotelo (1839).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Respirar con evidentes dificultades ou ficar sen folgos e sen alento por mor dun esforzo físico intenso, a calor ou o cansazo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
vitácea.
-
PERSOEIRO
Historiador da literatura e crítico francés, fillo do científico André-Marie Ampère. Foi un dos primeiros que se trasladou ás fontes da orixe como método para establecer unha literatura comparada. É o autor, entre outros libros, de: Historia romana en Roma (1858), obra na que estableceu o seu método analítico baseado no emprego de fontes orixinais, rexeitando as versións modernas, medievais ou aquelas chegadas pola transmisión e reprodución de textos, para fixar os textos que servirían de base aos estudios de literatura comparada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Semellante a unha ampola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que tamén se coñecía a Ana de Francia.
-
PERSOEIRO
Filla de Luís XI e de Carlota de Savoia e rexente (1483-1491) do seu irmán Carlos VIII de Francia. Durante a súa Rexencia impediu as negociacións con Fernando II de Aragón sobre a restitución dos condados de Rosellón e Sardeña. Sofocou a Guerre Folle e conseguíu anular o casamento de Ana de Bretaña e Maximiliano de Austria a prol de Carlos VIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que pertence á familia das anacardiáceas.
-
Planta da familia das anacardiáceas.
-
Familia de árbores ou arbustos da orde das rutais, de distribución tropical e subtropical, cuns cantos xéneros propios de Eurasia. A maioría teñen tecidos resiníferos e o seu exudado é, ás veces, irritante ou velenoso. As anacardiáceas proporcionan taninos, madeira e, sobre todo, froitas (mango) e froitos secos (anacardio, pistacho e outros). En Galicia pódense atopar o escornacabras e o sumagueiro.
-
-
-
Que pertence á familia das anaplasmatáceas.
-
Rickettsia da familia das anaplasmatáceas.
-
Familia de rickettsias parasitas dos eritrocitos, de aspecto semellante a algúns virus e mesmo a certos protozoos (piroplasmas) tamén parasitos dos eritrocitos. Atacan sobre todo os ruminantes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de anchear.
-
-
Ampliar a dimensión menor dunha cousa, facéndoa máis ancha, agrandándoa.
-
Estar máis ancho.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Andias.
-
PERSOEIRO
Xograr italiano que adaptou cancións de xesta francesas á lingua vulgar italiana e as popularizou. Salientan, sobre todo, I Reali de Francia, recompilación de narracións en prosa do ciclo carolinxio.
VER O DETALLE DO TERMO