"Ende" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 379.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lousame baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado do preito antes da súa terminación.

    2. Tempo entre a presentación dunha demanda e a súa resolución.

    3. Excepción dilatoria que admite a lei cando unha causa está investigada por outro tribunal ou xuíz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e etnógrafo. Capitán do exército vinculado ás JONS, durante a Guerra Civil Española uniuse aos sublevados e foi xefe de hospitais de Valladolid. Crítico co Franquismo, despois da guerra viuse involucrado no desvío irregular de aceite, polo que pasou catro anos na prisión de Carabanchel. Publicou traballos referidos a Galicia, dos que destacan Dicionario castellano-gallego. [...] en el lenguaje popular (1935), Tres andrómenas con retrouso (1952) e Refraneiro Galego, libro de refráns recollidos da fala dos soldados e con colaboracións de Vicente Risco, Xoaquín Lorenzo e Martínez Barbeito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Ingresou no Corpo Técnico da Administración Civil do Estado e foi asesor xurídico da Universidade de Vigo. Fundou a Asociación Amigos de los Pazos, da que é presidente, e coa que publicou Inventario de Pazos y Torres e El Camino Portugués, entre outras obras. Contribuíu á declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo e á difusión e recuperación do Camiño Portugués.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ender algo a un prezo inferior ao desexado ou ao real sen obter beneficio, xeralmente por causa das circunstancias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político neerlandés. Foi ministro de Agricultura (1945-1958) e negociou con Bélxica e Luxemburgo a constitución do Benelux. Foi vicepresidente da comisión executiva da CEE (1958-1967) e presidiu a Comisión Europea (1972-1973). Elaborou o Plan Mansholt (1968), no que propoñía a modernización da agricultura europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Meavía (Forcarei) e Ribela (A Estrada). O seu cumio acada os 633 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e gravador, fillo de Enrique Mayer Castro. Realizou numerosas obras suntuarias en Santiago de Compostela e traballos de gravado, acibeche e marfil. Escribiu unha Guía de Santiago (1931), ilustrada con minigravados. Recibiu a terceira medalla no II Concurso Nacional de Artesanía Artística de Madrid (1944) e a primeira no Concurso Provincial da Coruña (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e maxistrado. Catedrático de Humanidades en Salamanca, nos tempos da ocupación francesa tivo cargos gobernamentais, polo que logo tivo que exiliarse. Entrou en contacto co movemento ilustrado e foi un poeta lírico do neoclasicismo castelán, aínda que se pode considerar prerromántico por uns cantos romances que desenvolven lendas románticas. Publicou Poesías (1785).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Especializouse en naturezas mortas (Bodegón del besugo, 1772) e destacou pola sobriedade dos elementos empregados. Realizou dúas series para o palacio de Aranjuez e a casiña do príncipe en El Escorial. Destaca a súa obra Autorretrato (1746).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia do concello de Ourense, actual parroquia de Tras do Hospital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Barbeito (Vilasantar). Trátase dun edificio de grandes dimensións con planta baixa en forma de escuadro. Conta cun frontón semicircular e un escudo de armas na fachada principal e cun patio labrado na parte posterior. Fronte ao pazo localízase unha capela con espadana e un amplo soportal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociopsicanalista. Considerado o pai da sociopsicanálise, publicou diversos traballos, dos que destacan Le révolte contre le Père (1968), Pour décoloniser l’enfant (1971) e La crise de générations (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico. Foi ordenado sacerdote no convento agostiño de San Tomé, en Brno, onde adoptou o nome de Gregor. Ensinou ciencias naturais na escola primaria de Brno, e dedicou boa parte do seu tempo á experimentación con diversas clases de chícharos e outras plantas. Publicou os seus resultados en Versuche über Pflanzenhybriden (Investigación sobre os híbridos das plantas, 1865), onde estableceu as leis xerais da hibridación, que non foron recoñecidas polos seus coetáneos e que máis tarde tomarían o seu nome. En 1868 nomeárono abade do seu mosteiro, polo que abandonou as súas investigacións. Foi un dos primeiros científicos que utilizou procedementos estatísticos na súa experimentación. Non foi considerado o verdadeiro fundador da xenética ata que, dezaseis anos despois da súa morte, varios científicos, entre eles Hugo de Vries, deron a coñecer ao mundo científico a súa obra. Anos máis tarde, T. H. Morgan explicou as leis de Mendel como un mecanismo da herdanza, e a súa implicación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico fisiolóxico. En 1913 descubriu xunto con Thomas B. Osborne a vitamina A e investigou as funcións da vitamina C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leis xenéticas fundamentais formuladas por J. Mendel como resultado de numerosos experimentos con vexetais, sobre o comportamento na herdanza dos xenes. A primeira é a lei da uniformidade, e predí que se se cruzan dous individuos de razas puras (homocigotos para un mesmo carácter, pero con alelos diferentes), todos os descendentes da primeira xeración (xeración F1) son iguais. Isto débese a que os alelos dun individuo son dominantes sobre o outro, é dicir, para o carácter color, existen os alelos color amarelo A, que son dominantes sobre os alelos de color verde a; os homocigotos AA crúzanse cos homocigotos aa, e obtense unha primeira xeración F1 de heterocigotos Aa, de cor amarela. Se houbese codominancia entre os alelos, a xeración F1 sería de individuos iguais, pero cun fenotipo intermedio ao dos proxenitores. A segunda lei de Mendel ou da segregación ou disxunción dos caracteres...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor bielorruso. De nome Šalom Ya’akov Abramovitz, formouse na tradición hebrea estrita, e propuxo a reforma e a educación das comunidades xudías en Rusia. Comezou a súa obra con sátiras escritas nun hebreo de estilo bíblico, que decontado substituíu polo yiddish, co que se converteu así nun dos creadores do yiddish literario moderno. Da súa produción destacan as novelas Dos Kleyne Menshele (O home pequeno, 1864), Kitser masoes Binyomin hashlishi (Viaxes e aventuras de Benxamín III, 1875) e Sefer ha-kabzanim (O libro do mendigo, 1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico ruso. Estableceu unha clasificación periódica dos elementos químicos coñecidos nese momento (63), que dispuxo por orde crecente de pesos atómicos. O primeiro esbozo (marzo de 1869) foi seguido por unha clasificación máis esmerada (xaneiro de 1871), que non é moi diferente da táboa periódica moderna. Grazas a esta, púidose fixar con exactitude o peso atómico e as propiedades físico-químicas dalgúns elementos e prever a existencia doutros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento químico da familia dos actínicos, de número atómico 101 e peso atómico 256. Admítese que participa das propiedades dos seus veciños na táboa periódica, é dicir, do fermio, do einstenio e do seu homólogo inferior, o tulio, que pertence ao grupo dos lantánidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mendelismo.

    2. Aplícase ao carácter xenético que se transmite e se manifesta con herdanza alelomórfica, de acordo coas leis de Mendel.

    VER O DETALLE DO TERMO