"García" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 414.
-
GALICIA
Político. Licenciado en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid. Como candidato popular, foi alcalde de Vilalba entre 1979-1989, cargo que simultaneou coa vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo (1983-1989), e co de deputado autonómico por Lugo desde a III lexislatura (1989). Foi vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia entre 1993-1997 e presidente durante a V lexislatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e na Escuela de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. En 1933 realizou a súa primeira exposición en Vigo e en 1935 abandonou España ao converterse en representante do goberno da Segunda República para actividades culturais da Sociedade de Nacións. Volveu esporadicamente a España ata que regresou en 1953. A súa obra amosa relación coa pintura de El Greco polo seu contido místico, que se traduce tecnicamente no gusto pola estilización e alongamento das figuras, así como no uso dunha gama cromática ampla e variada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante humorístico e crítico taurino. Coñecido como K-Hito, colaborou no semanario Cucut! (1914-1915). Instalado en Madrid, debuxou para diversas publicacións periódicas e dirixiu Macaco, Gutiérrez e Dígame. Publicou, entre outras obras, Yo, García. Una vida vulgar, Manolete ya se ha muerto e De la Ceca a la Meca.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e pintor. Coñecido como Xosé M. García Albeos, é médico especialista en obstetricia e xinecoloxía. Membro da Asociación Española de Médicos Escritores e Artistas (ASEMEYA), foi conselleiro do Consello Social da Universidade de Vigo. Como pintor centrouse na paisaxe, fundamentalmente na paisaxe rural e na natureza galega, tratando de reflictir o paso do tempo na paisaxe. Xunto coa paisaxe física, retrata tamén unha paisaxe humana, a que se desenvolve nese medio físico. Mostrou a súa obra dentro e fóra de Galicia. Destacan, entre outras exposicións, no Concurso Artes da Raia de Monçao (Portugal, 2003), onde acadou unha mención honorífica; no Concurso de Pintura do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra en 2003, onde acadou un accésit, e en 2005 onde acadou o primeiro premio; e a Exposición Arte Celta Contemporánea da Galeríe la Rotonde de Lanester na Bretaña francesa (2007). De xeito individual mostrou a súa obra en diversos lugares de Galicia e en Madrid e Milán.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e cronista de Viveiro. Iniciou o seu labor xornalístico no Faro Asturiano de Oviedo, e dirixiu La Revista Ovetense e La crónica de Asturias. Posteriormente, dirixiu o periódico conservador El Baluarte, de Mondoñedo. Na súa localidade natal exerceu como bibliotecario e colaborou na prensa local, no Álbum Histórico, Científico y Literario de Galicia, e nas revistas Galicia e Vida Gallega. En moitos dos seus artigos amosou o seu interese polos aspectos etnográficos, sobre todo as tradicións e as lendas. Como dramaturgo escribiu, entre outras obras, De balcón a balcón, e como poeta, Fuego del alma (1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Dereito, viviu na madrileña Residencia de Estudiantes, onde contactou coa elite literaria e intelectual dos anos vinte e pertenceu ao grupo de poetas vinculados á Xeración de 1927. No bienio de 1929-1930 visitou EE UU e Cuba e no período 1933-1934 estivo en Arxentina e Uruguay. Republicano e intelectual de esquerdas, foi asasinado en 1936, ao pouco de comezar a Guerra Civil española. Como poeta iniciou a súa traxectoria en 1921 con Libro de poemas, ao que seguiron Canciones (1927), Poemas del cante jondo e Primer romancero gitano (1928). Posteriores son Llanto por Ignacio Sánchez Mejías (1935) e Seis poemas galegos (1935). Con carácter póstumo apareceron Diván del Tamarit e Poeta en Nueva York, ambos os dous publicados en 1940. Máis serodia aínda foi a publicación dos Sonetos del amor oscuro. No terreo teatral é autor de dous dramas modernistas, El maleficio de la mariposa (1920)...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Foi deputado conservador polo distrito de Tui nas lexislaturas 1853-1854, 1857-1858 e 1858-1863.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ensaísta. Foi profesor na Academia de Ingenieros de Montes de Salamanca. Entre outras obras publicou Los bosques (1886), Los montes y la emigración (1916), Estudio en la invasión de los montes de Salamanca del insecto llamado vulgarmente lagarta y medios más adecuados para evitar sus estragos (1885) e Las ideas filosóficas y políticas de Jovellanos (1892).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Dereito. Foi comisario xefe da Policía Nacional de Vigo-Redondela e en decembro de 2002 nomeárono comisario provincial de Ourense. Colaborador en distintos xornais e revistas, publicou De los corregidores a los gobernadores civiles de Orense (1986), La frontera Hispano-Lusa en la provincia de Ourense (1988), Miño, existiu unha fronteira? (1993), O lume de Santo Antón (1999), Las boticas de Vigo y el arte del oficio (1998), As plumas do moucho (1999), Couto Mixto. Unha república esquecida (2000) e Menino morreu (2003). Membro do Instituto de Estudios Vigueses, do Patronato da Fundación Premios da Crítica, do Consello Rector da Fundación Otero Pedrayo e da Fundación Faustino Santalices, foi nomeado xuíz Honorario do Couto Mixto. En 2004 foi nomeado xefe superior da policía en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arcebispo de Santiago (1383-1388) e bispo de Ourense, Sigüenza e Burgos. Home de confianza de Xoán I, dirixiu as tropas que asediaron Porto. Foi titor e rexente de Enrique III. Exiliouse por razóns políticas en Portugal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista colombiano. Estudiou o bacharelato no Liceo Nacional de Zipaquirá (1940-1946) e, posteriormente, matriculouse na facultade de Dereito e Ciencias Políticas na Universidad Nacional de Bogotá. Participou en 1950 no Grupo de Barranquilla, liderado por Ramón Vinyes, e tomou parte na revista Crónica do mesmo grupo. Colaborou nas publicacións Juventud (1942), El Universal (1946), El Heraldo (1948-1952), El Espectador, El Nacional, Élite (1956), Momentos (1957) e Venezuela Gráfica, entre outras. Foi correspondente de El Espectador en Xenebra e Roma, e da axencia cubana Prensa Latina (1959-1961) en Colombia, Cuba e Nova York; ademais, colaborou nas axencias de publicidade J. Walter Thompson e Stanton. En 1957 realizou unha viaxe pola República Democrática Alemana, Checoslovaquia, Polonia, Hungría e a Unión Soviética, que reflectiu no seu artigo “Noventa días en la Cortina de Hierro”. En...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e sociólogo. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Viaxou a París e Bruxelas para estudar socioloxía e interesouse por diversos campos de estudio, como o ensaio, a filosofía e a literatura. Colaborou en publicacións como Noticiero de Vigo e El Liberal, onde asinaba os seus artigos co pseudónimo de El Duque de Él. Escribiu Del mundo interior (1911), Caracteres de la vida social y mundana (1921), Lugares de belleza y devoción. Impresiones de Galicia (1922), La voluntad y el destino (1942), España (1946), La vida no es sueño (1949) e Tres narraciones gallegas (1950). Membro da Real Academia Española, foi académico de honra da Real Academia Galega e secretario do Ateneo de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arqueólogo e prehistoriador. Director do Museo do Pobo Galego. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1968). En 1967 ingresou na sección de Arqueoloxía e Prehistoria e en 1970 na de Etnografía e Folklore do Seminario de Estudios Gallegos, do que tamén foi bibliotecario (1974-1979). Foi bolseiro do CSIC, membro fundador do Museo do Pobo Galego, membro da comisión xestora do novo Seminario de Estudios Gallegos, patrón fundador da Fundación Castelao, do Padroado da Fundación Pedrón de Ouro e presidente do Consello Galego de Museos. Realizou traballos de campo e escavacións arqueolóxicas e participou en numerosos congresos. Colaborou, entre outras publicacións, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Grial, Compostellanum e Boletín do COAG. Colaborou en Galicia Eterna (1980-1981) e Fermín Bouza-Brey: unha fotobiografía (1999) e escribiu De alicerces e devocións: unha ollada arredor das orixes (1999). É académico...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Coñecido como Miguel de Lira, estivo vinculado á compañía Chévere e á Sala Nasa, onde realiza labores de dirección e produción; entre eles, destacan Río Bravo, Máquina Total ou A rutina é o deber de todas as criaturas. Co Centro Dramático Galego participou en espectáculos como O mozo que chegou de lonxe (1988) e Salomé (1989). Tamén actuou na serie Mareas vivas da TVG.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués. Desenvolveu a súa arte cara ao 1255 na corte de Afonso X onde coñeceu a Pero da Ponte co que compuxo o partimen “Don Garcia Martinz, saber” recollido no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Consérvanse apenas dúas estrofas e nelas formula un problema de casuística amorosa consistente en saber se debe ou non un amante declararlle á dama o seu amor.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Colaborou en diversas publicacións, ás veces co pseudónimo de o Guedelliñas. Da súa produción destaca Cancións do lume novo (1956), Romance fondo e longo (en nove cantos) de lendas da Terra Cha, Terra Cha, meu amor, Contos e lendas da Terra Cha (1971), Poemas de min pra vós (1972-1973) e Poemas pra Helena.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador da liñaxe dos Sousas. Estivo na corte de Sancho I de finais do s XII ata 1211. Trala subida ao trono de Afonso II e as loitas dinásticas que mantivo coas súas irmás, debeu fuxir á corte de León, onde estivo exiliado (1212-1217) e lugar de residencia habitual do seu irmán, mordomo e testamenteiro de Sancho I. A súa única composición, unha cantiga en occitano moi deturpada, debeuna compor en Galicia no período final do seu exilio, arredor de 1215; conservada no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, marca o inicio do que sería o movemento trobadoresco no occidente peninsular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresaria. Presidenta do consello de administración e conselleira delegada do Grupo de Empresas El Progreso. Estudiou secretariado internacional en Madrid e Oxford. Tralo falecemento do seu home, P. de Cora Paradela, quedou á fronte do grupo empresarial e emprendeu a modernización e ampliación do mesmo, do que forman parte o diario El Progreso, de Lugo, Diario de Pontevedra, Telelugo e El Progreso-Artes Gráficas. É tamén presidenta da Fundación CEL-Iniciativas por Lugo, da Agencia Galega de Noticias (AGN) e forma parte do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Da súa produción destacan Archipiélago (Premio Sésamo 1981), El Sur (1985), Bene (1985), El silencio de las sirenas (Premio Herralde 1985 e Premio Ícaro), La lógica del vampiro (1990), Mujeres solas (1996) e El secreto de Elisa (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Formado en Marburg, foi profesor da Universidad de Madrid e discípulo J. Ortega y Gasset, de quen tomou o concepto de “razón vital”. Tras residir en París, converteuse ao catolicismo e ingresou no mosteiro de Poio. As súas obras máis destacadas son La filosofía de Kant (1917), La filosofía de Bergson (1917), Ensayos sobre el progreso (1932), Lecciones preliminares de filosofía (1937) e Idea de hispanidad (1941).
VER O DETALLE DO TERMO