García López, Xosé Manuel
Médico e pintor. Coñecido como Xosé M. García Albeos, é médico especialista en obstetricia e xinecoloxía. Membro da Asociación Española de Médicos Escritores e Artistas (ASEMEYA), foi conselleiro do Consello Social da Universidade de Vigo. Como pintor centrouse na paisaxe, fundamentalmente na paisaxe rural e na natureza galega, tratando de reflictir o paso do tempo na paisaxe. Xunto coa paisaxe física, retrata tamén unha paisaxe humana, a que se desenvolve nese medio físico. Mostrou a súa obra dentro e fóra de Galicia. Destacan, entre outras exposicións, no Concurso Artes da Raia de Monçao (Portugal, 2003), onde acadou unha mención honorífica; no Concurso de Pintura do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra en 2003, onde acadou un accésit, e en 2005 onde acadou o primeiro premio; e a Exposición Arte Celta Contemporánea da Galeríe la Rotonde de Lanester na Bretaña francesa (2007). De xeito individual mostrou a súa obra en diversos lugares de Galicia e en Madrid e Milán.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Vigo