"Hel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 558.

  • PERSOEIRO

    Escritor alemán, irmán de Jacob Ludwig Carl Grimm. Ademais de filólogo, escribiu títulos como Deutsche Heldensage (1829).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Foi profesor na Universidade de Dresden. En 1888 investigou o efecto fotoeléctrico descuberto por H. Hertz no ano 1887 e decatouse de que a luz ultravioleta era capaz de descargar placas de metais cargadas negativamente. Anos máis tarde, cando se descubriu o electrón, estableceuse que certas substancias emiten electróns cando son expostas ao campo electromagnético da luz incidente. É autor de Die Lichtelektrizität (1914).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista romántico alemán. Coñecido polo pseudónimo de Willibald Alexis, participou na guerra contra Napoleón. Das súas novelas histórico-patrióticas cómpre destacar Ruhe ist die erste Bürgerpflicht (A calma é o primeiro deber cidadán, 1852).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Formado en Filosofía e teoloxía no seminario de Tübingen, foi profesor nas universidades de Jena, Heilderberg e Berlín. Amigo de F. W. J. von Schelling e F. Hölderlin, editou con eles a Gaceta de Bamberg, revista de filosofía crítica onde publicou os seus primeiros traballos. Concibiu a filosofía coa intención de comprender o propio tempo e considerou que a relixión tiña un contido racional que a filosofía debía facer seu. Opúxose, polo tanto, a unha concepción transcendente do absoluto, Deus está aquí e maniféstase progresivamente na historia, a medida que o home consegue a liberdade. Entre as súas obras destacan Phänomenologie des Geistes (Fenomenoloxía do espírito, 1807), Wissenschaft der Logik (Ciencia da lóxica, 1812), Enzyklopädie der philosophischen Wissenschaften im Grundrisse (Enciclopedia das ciencias filosóficas en compendio, 1817) e Grundlinien der Philosophie des Rechts oder Naturrecht und Staatswissenschaft im Grundrisse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista alemán. Na liña do Sturm und Drang, escribiu Läidon oder die eleusinischen Geheimnisse (Laidón ou os misterios de Eleusis, 1774), Ardinghello und die glückseligen Inseln (Ardinghello e as illas afortunadas, 1787) e Hildegard von Hohenthal (1795-1796).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome do inferno e da deusa que reinaba nel na antiga mitoloxía xermánica. Estaba situado baixo unha das raíces da árbore Yggdrasil e, para chegar alí, había que pasar o río Gjöll.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de Grecia na Antigüidade que procede dos seus primeiros poboadores, os helenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cultura heládica.

    2. Cultura prehistórica que se desenvolveu no territorio grego continental durante a Idade do Bronce. A súa periodización máis aceptada distingue tres etapas: heládico antigo (2500 - 1990 a C), heládico medio (1990 - 1550 a C) e heládico recente (1550 - 1100 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariantes gráficas dos antropónimos Eladio/Eladia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta portugués. É un destacado representante da poesía experimental ou concreta e, nalgunhas das súas composicións, achégase ao surrealismo. Da súa obra poética destacan O Amor em Visita (1958), Os Passos em Volta (1963), O Bebedor Nocturno (1968), as compilacións Poesia Toda I   e   Poesia Toda II (1973), Photomaton & Vox (1979), A Cabeça entre as Maõs (1982), Do Mundo (1994) ou Poemas Ameríndios (1997), ademais dos contos Os Passos em Volta (1963) e as novelas Apresentação do Rosto (1968) e Vocação Animal (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • herba do gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Montana, EE UU, situada no Prickly Pear Valley, á beira do Missouri (25.780 h [2000]). É un centro comercial e industrial (industria siderúrxica e de transformación da madeira).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino procedente do nome latino Helena ou Helene, tomado do grego ἑ λένη; probablemente proceda da fusión das palabras gregas helane ‘facho, tea’ e hele, heile ‘fulgor ou calor do sol’. Ten os hipocorísticos Lenuca e Lele. Na mitoloxía grega, Helena é unha das principais protagonistas da Ilíada de Homero, pois ao ser raptada por Paris, desencadeou a Guerra de Troia. Santa Helena (250-330?) é titular dunha parroquia e celébrase o 18 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroína grega, filla de Zeus e Leda, e irmá dos dióscoros e Climenestra. Cando Paris lle concedeu a Afrodita a mazá da discordia, a deusa prometéralle a Paris a muller máis fermosa do mundo, Helena. Como consecuencia, Paris embarcou cara a Esparta e alí, aproveitando a ausencia do seu home, Menelao, conseguiu raptala. Este suceso provocou a coalición das polis gregas contra a cidade de Troia, a expedición dos gregos contra Ílion e a razón de que os gregos loitasen durante dez anos cos troianos. Trala destrución de Troia, Helena volveu con Menelao a Esparta, de onde foi expulsada polos seus fillastros ao enviuvar.   A figura desta heroína inspirou numerosas obras literarias, artísticas e musicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz romana. De nome Flavia Iulia Helena, foi concubina de Constancio I Cloro e nai de Constantino I o Grande. En 313 converteuse ao cristianismo, seguíu ao emperador a Palestina para buscar alí as reliquias de Cristo e ordenou a construción de basílicas en Roma, Constantinopla e Terra Santa. O seu fillo concedeulle o título de Augusta e gravou o nome dela nas moedas. Segundo a lenda, atopou a cruz de Cristo. Na iconografía viste como emperatriz romana con coroa real na cabeza, ou como as matronas romanas, con toucas mouras ou vestiduras de monxa, e leva como atributos persoais unha gran cruz, unha coroa de espiños e os tres cravos. É titular dunha parroquia e a súa festividade celébrase o 18 de agosto, e na Igrexa Bizantina o 21 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que se obtén de Inula helenium e que se emprega coma antiespasmódico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Período da historia e da civilización gregas, e dos países baixo a súa influencia cultural, que se estendeu entre a morte de Alexandre o Grande (323 a C) e a Batalla de Actium (31 a C). O termo foi cuñado polo historiador J. G. Droysen na súa obra Geschichte des Hellenismus (Historia do Helenismo1836-1843). Trala morte de Alexandre o Grande, os seus sucesores tentaron unificar os territorios do seu imperio, que recollían pobos diversos con distintas relixións, linguas e estruturas sociais e políticas, a través da promoción da lingua e cultura gregas e da progresiva afirmación das estruturas da polis grega. Formaron tres Estados (Exipto, Macedonia e Siria), que xunto coa apertura de novas rutas comerciais e a creación de novas cidades (Alexandría, Pérgamo, Antioquía) con criterios racionais, contribuíron á cohesión económico-cultural do mundo helénico, favorecida polo uso dun idioma único (koiné). No terreo relixioso produciuse un abandono das crenzas tradicionais...

    2. Influencia da cultura grega, especialmente da época clásica, noutras civilizacións.

      1. Palabra ou xiro grego, en especial da época clásica, incorporado noutra lingua.

      2. Rama de estudios sobre temas de lingua, de literatura e de pensamento da Antiga Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que se lle daba aos que adoptaban a lingua grega ou imitaban os costumes gregos.

    2. Persoa especializada na lingua, literatura e cultura gregas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao helenismo.

    2. Aplícase ao período cultural da historia grega entre 323 a C e 31 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO