"Imo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 631.

  • Ausencia de ánimo e enerxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario anarcosindicalista, voceiro da Federación Regional Marítima, integrada na CRG-CNT, e imprentado en Vigo entre o 15 de decembro de 1926 e o 1 de xullo de 1927. Foi dirixido por Xosé Villaverde ata a súa suspensión polas autoridades gobernativas. Oito meses despois foi substituído por Despertad!!

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello que permiter medir distancias curtas automaticamente sen necesidade de desprazarse. Consta esencialmente dun prisma, co ángulo de desviación pouco acentuado, que ten no remate unha lente e unha regra graduada coa que se pode coñecer a distancia entre os puntos obxecto da observación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dicionario lexicográfico e etimolóxico elaborado por Joan Coromines, en colaboración con José Antonio Pascual, publicado en seis volumes (1980-1991). Este dicionario revisa, amplía e actualiza o anterior dicionario publicado por J. Coromines (Dicionario crítico etimológico de la lengua castellana, 1954-1957). Nel resólvense problemas etimolóxicos e estúdiase o léxico do castelán e do resto das linguas (galego, portugués, éuscaro e catalán) e dialectos hispánicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ás estruturas ou órganos que se presentan en parella.

    2. testículo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. Coñecido tamén como Dídimo de Alexandría, dirixiu a escola cristiá de Alexandría (340-395). Entre os seus discípulos sobresaen Paladio, Rufino e Xerónimo. Seguidor de Oríxenes, a súa doutrina foi condenada nos concilios xerais sexto e sétimo. Consérvanse fragmentos das súas obras De Trinitate (Sobre a Trindade) e De Spiritu Sancto (Do Espírito Santo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espora bicelular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo engadido ao nome dun monarca, emperador ou doutro gobernante co fin de enxalzar o seu estatus ou para salientar unha proeza ou característica súa. As máis das veces constitúe un tipo de alcume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Catoira baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de dimorfo.

    2. Tipo de polimorfismo no que se dan dúas formas distintas pola súa morfoloxía externa, dentro dunha determinada especie vexetal ou animal. Fálase de dimorfismo sexual cando estas dúas formas se corresponden cos dous sexos. Tamén hai un dimorfismo estacional, que conduce a dúas xeracións morfoloxicamente diferentes, adaptadas cada unha de xeito distinto ás variacións dos factores ambientais. Nos ciliatos e nalgúns foraminíferos dáse o dimorfismo nuclear, que consiste na presenza de dous tipos de núcleos en cada célula: o micronúcleo, de carácter xenerativo, e o macronúcleo, somático ou metabólico, que non adoita dividirse.

    3. Propiedade de certas substancias que, tendo unha composición química definida, poden presentar, desde un punto de vista estrutural, dúas ordenacións distintas, que dan lugar a cristais que pertencen a clases cristalinas diferentes. É un caso particular de polimorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode presentar baixo dúas formas distintas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles, da orde dos pterosauros, de ata 120 cm de envergadura. Presentan unha cabeza grande e estreita de ata 20 cm de lonxitude. Propios de principios do Xurásico, os xacementos máis importantes están en Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas anuais e glabras, da familia das asteráceas, de ata 40 cm de altura. Posúen follas grosas, estreitas e dispostas nunha mouta basal. Os capítulos están formadas por lígulas de cor laranxa. Algunhas especies, orixinarias do S de África, especialmente D. aurantiaca, foron introducidas como ornamentais en Europa a finais do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período do reinado de Afonso XIII no que o xeneral Primo de Rivera actuou como xefe de goberno con poderes ditatoriais (13.9.1923-28.1.1930). Ante a incapacidade dos divididos partidos dinásticos para crear un goberno forte que afrontase a radicalización da loita obreira e que superase a situación de recesión económica, e ante as consecuencias políticas da Desfeita de Annual, o xeneral Primo de Rivera adiantouse á discusión no Congreso cun golpe de estado militar. Formouse un Directorio Militar coa misión de establecer a orde pública, suspendeuse o réxime constitucional, estableceuse unha ríxida censura e prohibíronse todos os partidos políticos e sindicatos, agás os ligados á patronal. A política do réxime levou a numerosos sectores a un enfrontamento co goberno que acentuou a radicalización dentro dos mesmos partidos dinásticos e do exército, incluso houbo dous intentos de cambio de goberno, a Sanjuanada (xuño de 1926) e o intento de Sánchez Guerra (xaneiro de 1929), que fracasaron. A...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ideónimo que designa un documento histórico, como un tratado, un acordo, un pacto, unha paz, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ideónimo empregado para designar unha obra teatral ou, por extensión, un filme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo que designa un medio forestado onde prenominan especies arbóreas ou arbustivas, como unha fraga ou unha selva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo que designa unha ruta de comunicación ou transporte por terra, mar ou aire.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ocupa o lugar número doce nunha serie. OBS: Tamén se emprega a expresión décimo segundo.

    2. Que corresponde a cada unha das doce partes en que se pode dividir un todo.

    3. Cada unha das doce partes en que se divide unha unidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Discípulo de Francesc Galí, formouse na Escola Tècnica Superior d’Arquitectura de Barcelona (1926). Construíu, xunto con Pelai Martínez, o Palau de les Arts Gráfiques da Exposición Internacional de Barcelona (1929) e fixo o vestíbulo da Estació de França. En 1933 asociouse ao Grup d’Arquitectes e Técnics Catalans per al Progrés de l’Arquitectura Contemporània (GATCPAC). Realizou, entre outras obras, a casa Espona (1934-1935) e a casa Cardenal (1935-1940), rematou a igrexa de Montserrat en Barcelona e restaurou a sala capitular do mosteiro de Sant Joan de les Abadesses (1948-1963).

    VER O DETALLE DO TERMO