Despertar Marítimo, El

Despertar Marítimo, El
[PUBLIC]

Quincenario anarcosindicalista, voceiro da Federación Regional Marítima, integrada na CRG-CNT, e imprentado en Vigo entre o 15 de decembro de 1926 e o 1 de xullo de 1927. Foi dirixido por Xosé Villaverde ata a súa suspensión polas autoridades gobernativas. Oito meses despois foi substituído por Despertad!!