"Iros" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 271.

  • PERSOEIRO

    Trobador, irmán do tamén trobador Pero Velho de Taveirós. Membro da pequena nobreza galega, desenvolveu a súa actividade literaria no segundo cuarto do s XIII, entre as cortes de Sancho I de Portugal e Rodrigo Gomez de Trastámara, aínda que probablemente tamén estivo ligado á corte de Fernando III, na década de 1240, onde se relacionou con Martin Soarez. Consérvanse 15 cantigas da súa autoría, aínda que cinco delas presentan problemas de atribución, recollidas nos tres cancioneiros trobadorescos: 10 cantigas de amor (catro están só en A e tamén aparecen atribuídas a Martin Soarez: “Eu soo tan muit’ amador”, “Meus ollos, gran cuita d’ amor”, “No mundo non me sei parella” e “Sennor, os que me queren mal”), tres cantigas de amigo (a cantiga “Quando se foi meu amigo” aparece tamén atribuída a Afons’ Eanes do Coton) e dúas tenzóns con Martin Soarez e Pero Velho de Taveirós (transcritas só en B). Do seu cancioneiro amoroso destacan as cantigas “Como morreu quen nunca ben”, “Entend’eu ben, senhor,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Guntimil (Xinzo de Limia). O seu cumio acada os 812 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Lugo que está formado polos concellos do Páramo e Paradela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Gondomar baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Gondomar. De orixe románica (s XII), foi reconstruída no s XVIII. Ten planta de cruz latina á que se engadiu outro corpo para a sancristía e a torre. A portada é románica con tres arquivoltas, apoiadas sobre columnas de capiteis decorados, que rodean o tímpano con altorrelevos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo S da parroquia de Nogueira (Ribas de Sil). O seu cumio acada os 1.125 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada na ría de Betanzos, parroquia de Veigue (Sada).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e sindicalista. Emigrante na Arxentina, traballou como obreiro e pintor. En 1912 afiliouse ao Partido Socialista e foi deputado no Congreso Nacional (1924, 1931, 1934 e 1942). Promoveu importantes reformas sociais como unha lei de previsión social para gráficos e xornalistas. A súa andaina como sindicalista comezou en 1916 cando fundou a Unión de Obreros y Empleados Municipales de Bos Aires (UOEM), da que foi secretario xeral a partir de 1919. En 1922 participou na creación da Unión Sindical Argentina (USA) e en 1926 promoveu a creación dunha Central Sindical. Desde 1935 participou nas tarefas directivas da Confederación General del Trabajo. A súa idea de formar unha central obreira latinoamericana culminou na creación da Confederación de Trabajadores de América Latina (CETAL), en 1938, e da que foi vicepresidente ata 1945. Durante os gobernos de J. D. Perón desenvolveu a súa actividade na clandestinidade. Participou na Organización Regional Interamericana del Trabajo (ORIT). Dirixiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador galego, irmán do tamén trobador Pai Soarez de Taveirós. Pertenceu á familia de Rica de Taveirós, da pequena nobreza galega. Activo no segundo cuarto do s XIII, permaneceu na corte señorial de Rodrigo Gomez de Trastámara e na do Rei Fernando III, e quizais tamén na de Sancho I. Consérvanse tres composicións, recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional; dúas cantigas de amor, tamén atribuídas a Nun’ Eanes Cêrzeo, “Par Deus, dona Maria, mia senhor ben-talhada”, de estilo paródico, e “Quand’ ora fôr’ a mia senhor veer”; e a tenzón amorosa “Vi eu donas encelado”, en que participa o seu irmán Pai Soarez e que presenta abundantes trazos orixinais e elegantes, o que evidencia unha cultura moi definida e a formación aristocrática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello dos Blancos baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e montañeiro, marqués de Villaviciosa de Asturias. Primeiro medallista olímpico español, obtivo a medalla de prata en tiro na II Olimpíada (París 1900). Impulsor do Parque Nacional de Covadonga, foi o primeiro en escalar o Naranjo de Bulnes, con Gregorio Pérez (1904). Escribiu El Naranjo de Bulnes. Peña Santa (1919) e Política al alcance de todos (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Paradela, no concello homónimo. O seu cumio acada os 579 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barco propulsado por un motor de vapor. O enxeñeiro francés Claude François Jouffroy d’Abbans (1751-1832) deulle este nome a embarcación de vapor que construíu e na que remontou o río Saona en 1783.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte da adiviñación a través da interpretación das chamas do lume. Adoita formar parte da piromancia, aínda que no antigo Exipto era unha disciplima autónoma que se baseaba na observación dunha folla de papiro mentres se consumía lentamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termómetro diferencial, cunha das súas dúas bólas prateada ou dourada, empregado para medir a calor radiante ou reflectida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que detecta e avisa dos incendios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sensación de ardor que parte do epigastrio e remonta o esófago ata a gorxa. Está acompañada de erutos e de regurxitacións dun líquido ácido e proídos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que antigamente recibía a parte interior da Terra que se supoñía en estado candente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anión de fórmula Si2O76-, que forma parte dos silicatos discretos.

    VER O DETALLE DO TERMO