"Jos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1142.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade cultural, con sede nas Casas dos Cóengos (Iria, Padrón), creada na década de 1980 por Camilo Jose Cela para acoller todos os seus manuscritos, libros, cadros, obras de arte, arquivo e referencias literarias, e constituír un centro de investigación da súa obra. Está dirixida por un padroado presidido de xeito vitalicio por Camilo José Cela, que se encarga de representar, dirixir, administrar e preservar os bens da fundación; entre eles, destaca o legado de Camilo José Cela, composto polos manuscritos e bosquexos da súa obra, a súa biblioteca de traballo, documentos persoais e unha compilación dos artigos xornalísticos sobre a súa obra. A biblioteca da Fundación complétase con todas as edicións da súa obra, incluíndo as edicións de bibliófilo, bibliografía sobre a obra e a vida de Camilo José Cela, todas as publicacións da Real Academia Española e os legados feitos por Jose María Sánchez-Silva, autor de Marcelino pan y vino, e o poeta José García Nieto. A Fundación posúe, tamén,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concurso literario convocado dende 1989 polo concello de Padrón. A entrega do galardón realízase o 19 de outubro, día en que lle foi concedido a Camilo José Cela o Premio Nobel de Literatura. Entre as obras galardoadas están Caladamente (1990), de Manuel Ribeiro Loureiro; O barco de seixo (1991), de Carlos Arias Iglesias; Valquiria (1993), de Antonio Riveiro Coello; La guerra de los escribas (1994), de Manuel García Méndez; Estromil (1995), de Xoán Piñeiro Cochón; Sueños (1996), de Luis M. García Méndez; Dos latidos (1997), de Carmen Payá Ferrando; Sñik (1998), de Antonio M. Martínez Flores; e Hacedor de patria (1999), de Antonio L. Vera Velasco.
-
PERSOEIRO
Historiador da arte e escritor. Especialista na arte renacentista, foi catedrático nas universidades de Salamanca, Zaragoza e Madrid. Fundou as revistas Goya e Revista de Ideas Estéticas, foi crítico de arte do xornal ABC e director da Fundación Lázaro Galdiano. Dirixiu a enciclopedia de arte Summa Artis, na que ademais redactou os volumes correspondentes á arte española do Renacemento. Escribiu traxedias (El héroe, 1934), ensaios de filosofía (El ser en el espíritu, 1959) e de estética (El arte desde su esencia, 1940), monografías sobre diversos pintores (Dominico Greco, 1950; Velázquez, 1965; Los Ribaltas, 1958) e outras obras como Las artes y los pueblos de la España primitiva (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou no convento dos dominicanos de San Juan e recibiu a influencia do seu pai, Tomás Campeche, dourador e pintor. Foi discípulo de Luis Paret y Alcázar durante a estancia deste en Puerto Rico. Cultivou a temática relixiosa coas obras Visión de San Felipe Benizi, Virgen de Belén e Sacra Conversación, o retrato con La Dama a caballo e El gobernador don Miguel Antonio de Ustáriz, e a pintura histórica con El sitio de los ingleses e El naufragio del Power.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político asturiano. Concibiu un plan para ocupar militarmente o Milanesado, proxecto que lle presentou á Raíña Isabel Farnesio. En 1741 ocupou, entre outros, os cargos de secretario de Mariña, Guerra e Indias, gobernador do consello de Facenda e lugartenente do infante Filipe. As súas ideas sobre política económica recóllense fundamentalmente no libro Nuevo sistema de gobierno económico para la América (1743), obra de grande influencia, que circulou manuscrita ata a súa publicación en 1789. Escribiu ademais Apuntes sobre el bien y el mal de España e o Tratado de los intereses de Europa, publicadas postumamente en 1759 e 1819, respectivamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político arxentino. Foi presidente da Cámara de Diputados entre 1948 e 1953. Elixido como presidente da República en marzo de 1973, dimitiu en xullo do mesmo ano en favor de Perón. Desempeñou o cargo de embaixador en México (1973-1974). Opúxose ao goberno de María Estela Martínez de Perón e ao golpe de estado militar de 1976, polo que tivo que exiliarse. Considerárono o representante da ala esquerda do peronismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e historiador. Foi profesor de teoloxía en Salamanca, Burgos, Toledo e Madrid, e no 1814 confinárono en Ávila. Colaborou no xornal de tendencia liberal El Universal. Novamente en Madrid continuou, xunto con Antolín Merino, o libro España Sagrada de Enrique Flórez. Publicou Pintura de un jansenista (1799). En 1844 foi nomeado director da Academia de la Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario e dirixente deportivo. En 1988 accedeu á presidencia da Sociedade Deportiva Compostela. Baixo o seu mandato o club acadou os mellores resultados da súa historia: ascenso á Segunda División B (1989-1990), á Segunda División A (1991-1992, 1992-1993 e 1993-1994) e Primeira División, na que se mantivo durante catro tempadas. Durante esta xeira (1988-1998), Caneda caracterizouse por confiar o primeiro equipo a adestradores galegos (Fernando Castro Santos ata 1995, Fernando Vázquez Pena entre 1995 e 1998, e Gabriel Leis Veiga dende marzo de 1998). Durante o seu mandato, en 1992, o club tivo que acometer a conversión en Sociedade Anónima Deportiva, en virtude do contemplado na Lei do Deporte; o Concello de Santiago, que subscribiu a maior porcentaxe do capital social establecido, confioulle a Caneda a presidencia do consello de administración.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e economista. Deputado por València ás Cortes de Cádiz, a Xunta Central nomeouno ministro de Facenda, cargo que desempeñou novamente ao inicio do Trienio Constitucional (1820-1823). Exiliado a finais do Trienio, estableceuse en Londres. En 1831 retornou a España onde foi director do Archivo General de Simancas. Publicou Elementos de la ciencia de la hacienda (1825) e Dicionario de Hacienda (1826-1827).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautor. Coñecido como Carlos Cano, da súa produción discográfica destacan: A duras penas (1975), A la luz de los cantares (1976), Crónicas granadinas (1978), De la luna y el sol (1980), El gallo de Morón (1981), Si estuvieran abiertas todas las puertas (1983), Cuaderno de coplas (1985), A través del olvido (1986), Quédate con la copla (1987), Luna de abril (1988), Ritmo de vida (1989), En directo (1990), Mestizo (1992), Forma de ser (1994), Algo especial (1994) e El color de la vida (1996), entre outros títulos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e crítico literario. Actuou como secretario e colaborador da revista Insula dende a súa creación en 1946. Da súa produción poética destacan as obras Otoño en Málaga y otros poemas (1955), Luz del tiempo (1963) e Poesía 1942-1962 (1964). Como crítico literario publicou Poesía española del siglo XX (1960), La poesía de la generación del 27 (1970), Heterodoxos y prerrománticos (1975) e as biografías de Federico García Lorca (1962), Antonio Machado (1976) e Vicente Aleixandre (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor francés. Foi discípulo de Vincent d’Indy na Schola Cantorum. Escribiu dúas óperas, aínda que o seu traballo máis importante realizouno como folclorista. Destacan os Chants d’Auvergne (1923-1930), escolma de cancións populares, harmonizadas para piano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xadrecista. Aprendeu a xogar o xadrez aos catros anos. Aos 11 anos, no Instituto de La Habana, tomou de novo contacto con este deporte e converteuse no mellor xogador da illa. En 1903 marchou aos EE UU para estudar enxeñería na Universidade de Columbia. En 1908 disputou un encontro co campión estadounidense F. J. Marshall e venceuno. Anos máis tarde, en 1921, proclamouse campión mundial ao derrotar a M. Lasker, título que mantivo ata 1927.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Experto en gastronomía e colaborador habitual nas revistas Club de Gourmets, Sobremesa e Gran Reserva. Crítico gastrónomo do xornal El País, é autor de diversos libros, entre eles, Manual del pescado, Mil pares de huevos, Pícaros, ollas, inquisidores y monjas ou Comer en Andalucía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote e historiador da arte. Foi profesor na Universidade Laboral da Coruña. En 1974 defendeu a tese de licenciatura El arte relixioso en el valle de Veiga e doutorouse en 1990 coa tese El arte en el valle de Barcala. Siglos XVI al XX. Colaborou no xornal El Ideal Gallego e escribiu Luces y sombras del arte en As Mariñas dos Frades (1993), Santuarios marianos de Galicia: historia, arte y tradiciones (1995) e Rutis-Vilaboa: pasado, presente y futuro de una parroquia que cambia (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico flamengo. Fillo de pais obreiros, estudiou ciencias sociais e políticas en Louvain. En 1912 fundou o movemento da Xuventude Obreira Cristiá (XOC), que non foi recoñecida oficialmente ata o ano 1925. Foi nomeado cardeal por Paulo VI en 1965.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pedagogo. Doutor en Pedagoxía, é profesor de pedagoxía social na Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1984 e 1986 foi vicedecano de Investigación da facultade de Filosofía e Ciencias da Educación. De 1980 a 1981 foi cofundador e primeiro presidente do Colectivo de Pedagogos de Galicia e cofundador da Sociedad Ibérica de Pedagogía Social, constituída o 22 de setembro de 2000 en Pontevedra. Realizou varios estudios sobre o sistema educativo galego e a súa influencia no medio rural, a Educación Ambiental e a Educación Social, entre outros. Director da revista Adaxe dende maio do 2000, forma parte dos consellos editoriais e científicos das revistas: Perspectiva Educacional, Innovación educativa e Revista Interuniversitaria de Pedagogía Social. Colaborador, entre outras, nas revistas Cuadernos de Realidades Sociales e Temps d’Educació, TE, cómpre destacar as súas publicacións: A educación en Galicia. Informe cero (1988), A educación...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. De orixe cubana, reside en Vigo. Autodidacta de formación, dedícase principalmente á acuarela e a súa temática céntrase nas mariñas. Entre as súas obras destacan Puerto e Tarde de lluvia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e crítico musical. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Socio fundador e presidente dende 1996 da Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza e director e membro do consello de redacción dende 1998 da revista Cavatina. Colaborador como crítico musical nas revistas especializadas Scherzo, Ópera Actual e Ritmo, e nos xornais La Voz de Galicia e Diario 16. Ademais de participar en distintas publicacións no campo da medicina, é autor de artigos e programas de man para a Universidade de Santiago de Compostela, Consorcio para a Promoción da Música da Coruña, Concello de Santiago de Compostela, Festival Mozart da Coruña, Asociación Galega da Lírica, entre os que destacan “Da música sacra de Mozart: a obriga, a ocasión e a vocalidade” (Festival Mozart 2000, 2000), “A canción e a cantata ao redor de Johann Sebastian Bach” (Bach 2000, 2000), “Beethoven: o popular en miniatura” (O Lied e a Canción de Cámara...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Foi un dos xefes da revolta contra os españois. Asumiu o poder en 1811 pero, derrotado polos españois, foi substituído por O’Higgins en 1813. A rivalidade entre ambos os dous líderes contribuíu ao desastre de Rancagua en 1814. Exiliouse a Arxentina e, nun dos seus intentos de levantamento contra O’Higgins, foi detido e executado.
VER O DETALLE DO TERMO