"MIT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 424.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de magnesio con ferro e fluor, de fórmula Mg(OH,F)2·3Mg2SiO4. Cristaliza no sistema rómbico. É de cor amarela ou laranxa. Ten unha dureza 6 e un peso específico 3,2-3,32.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Judeţ de Romanía (4.453 km2; 304.923 h [estim 1999]). A súa capital é Slobozia (56.310 h [estim 1999]).
-
PERSOEIRO
Profesor e lexicógrafo. Catedrático de ensino medio de Lingua e Literatura Galega en Lugo, publicou, en colaboración con outros autores, varios dicionarios de lingua galega, como Vocabulario Gallego-Castellano (1984), Dicionario Xerais da Lingua Galega (1986), Dicionario Castelán-Galego (1990) e Gran Dicionario Xerais da Lingua (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que non se pode limitar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non ten límites.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser imitado.
-
-
Acción de imitar.
-
Cousa que imita outra.
-
-
Maneira, segundo os pitagóricos, en que as cousas se relacionan cos nomes e coas entidades superiores.
-
teoría da imitación /
Doutrina segundo a que a arte consiste en imitar. En Platón, a arte é imitación, aparencia sensible e esta é a imitación das ideas. Para Aristóteles, a arte poética (creadora) comporta imitacións de determinadas accións. Modernamente, a imitación artística enténdese como actividade reveladora da forma esencial da realidade que o obxecto real realiza inadecuadamente.
-
-
Termo que indica unha serie de sons repetida de forma analóxica. É un procedemento contrapuntístico no que se reproduce un motivo unha ou máis veces. Ten diferentes formas: por movemento directo, por movemento contrario, por movemento retrógrado e por diminución ou aumento dos valores rítmicos do modelo. A imitación é a base de formas musicais como o canon e a fuga.
-
Fenómeno psíquico, consciente ou non, caracterizado pola reprodución activa dunha conduta observada anteriormente noutro individuo.
-
Proceso polo que, segundo o sociólogo Gabriel Tarde, teñen lugar os vínculos que conforman a sociedade. Non se imita tanto á persoa como o que representa e, polo tanto, aquilo que se capta é o grupo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro da espiritualidade cristiá. Obra mestra da literatura espiritual da Idade Media (XIII-XIV), tense atribuído a diferentes autores -Joan Gerson e Geert Groote-, aínda que a autoría de Tomé de Kempis é a mellor fundamentada. Despois da Biblia, foi o libro máis divulgado en toda a cristiandade. Divídese en catro libros, que en realidade son catro tratados diferentes, segundo se desprende do estudo da tradición manuscrita, da falta dun título orixinal común e das diferencias de vocabulario, estilo e contido. Nacida no ambiente da Devotio Moderna dos Países Baixos, caracterízase por un antiespeculativismo e por unha gran propensión para a vida interior. Vén marcada por un certo pesimismo e unha ascética da fuga e do desprezo do mundo, típicos de finais da Idade Media, cunha revalorización da razón humana, do estudo e da especulación. A profundidade da doutrina, a unción con que é exposta, a simplicidade da linguaxe e a beleza de estilo -conciso, sentencioso e a miúdo rítmico- son...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen imita.
-
-
Reproducir unha persoa a forma de ser ou de actuar de alguén.
-
Reproducir algo máis ou menos fielmente.
-
Presentar unha cousa características semellantes a outra.
-
Parecerse unha persoa a outra, tanto no aspecto físico coma no moral.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á imitación.
-
-
Que non está domado.
-
Que é dificil de domar ou someter.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non pode ser imitado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de intermitente.
-
-
Que se produce ou actúa a intervalos.
-
Luz de certos vehículos que serve para indicar as manobras laterais.
-
Mecanismo co que se acende e apaga unha luz intermitente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen segue os preceptos do islamismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación dun istmo, especialmente do istmo da gorxa.
-
PERSOEIRO
Escritor búlgaro. Coñecido como Elin Pelin, foi profesor e redactor da revista literaria Selska Razgovorka (Conversos do pobo). Iniciador da poesía realista búlgara, escribiu Mectateli (Os soñadores) ademais de diversas novelas infantís. Pertenceu á Academia das Ciencias de Bulgaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor ruso. Coñecido como Chadr, formouse en París e Roma. Representou a corrente romántica do realismo. Realiou os bustos de K. Marx, Rosa Luxemburgo e Lenin e en 1951 o monumento a Gorki en Moscova.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do il de Kocaeli, na rexión de Mármara e Costa do Exeo, Turquía (275.800 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO