"Mau" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 189.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo francés. Emigrado xunto coa súa familia a EE UU (1914), interesouse pola arte e a fotografía, e entrou no New York Institute of Photography (1916) baixo a tutela de E. Brunel. Retratista dos estudios Bachrach (1922-1928), viaxou a París (1928) onde traballou como fotógrafo de moda (Harper’s Bazaar, Jardin des Modes e Vu), coñeceu o surrealismo e experimentou novas técnicas (solarización, fotomontaxe ou escorzos). A partir da década de 1950 traballou como freelance para Paris Match, Elle ou Marie Claire.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e diplomático, príncipe de Benevento e duque de Talleyrand. Foi bispo de Autum en 1788 e deputado aos Estados Xerais un ano máis tarde. Entre 1797 e 1799, foi ministro de Asuntos Exteriores e participou no golpe de estado do 18 brumario. Colaborou inicialmente con Napoleón pero, en 1814, caído este, foi nomeado xefe do goberno provisional que instaurou Luís XVIII. Despois dos Cen Días foi presidente do consello de ministros, pero perdeu as eleccións e tivo que dimitir.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de México (79.384 km2; 2.753.222 h [2000]). Limita ao N con EE UU, ao L co golfo de México, ao S cos estados de Veracruz e San Luis de Potosí, e ao O de novo con San Luis de Potosí e con Nuevo León. A súa capital é Ciudad Victoria. Composta por unha inmensa chaira inclinada suavemente cara ao L, está interrompida por algúns montes de tipo volcánico. A súa principal fonte de riqueza é o petróleo e os seus derivados. Posúe minas de cobre, chumbo, ouro e prata. Conquistado por Gonzalo de Sandoval (1522), o territorio formou parte da provincia de Pánuco, primeiro, e de Nueva Santander desde 1748. Converteuse en estado en 1824 e trasladou a capital a Ciudad Victoria. Tomou parte activa durante a revolución a favor dos agraristas no campo e dos constitucionalistas nas cidades.
-
PERSOEIRO
Político francés. En 1920 participou na fundación do Partido Comunista Francés, do que se converteu no seu secretario xeral en 1930. Deputado en 1932 e impulsor da Fronte Popular, foi perseguido polo goberno de Vichy e refuxiouse na URSS. Ao volver a Francia, foi deputado en 1945, ministro de Estado (1945-1946) e vicepresidente (1946-1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote. Coñecido como o abade de Vilar e Couto, actuou como guerrilleiro durante a Guerra da Independencia na provincia de Tui. Atacou a cabalaría francesa na ponte de Mourentán (Arbo), participou no sitio de Tui e na reconquista de Vigo e Santiago de Compostela. Foi nomeado xeneral dos patriotas de Miño, cóengo da catedral de Santiago de Compostela e recibiu a Cruz de Carlos III.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Foi presidente do Círculo das Artes e do Consello de Área de Lugo de Caixa Galicia, vicepresidente do Consello de Administración e presidente da Comisión de Control de Caixa Galicia. Foi deputado por Lugo na IV, V e parte da VI lexislatura, polo Partido Popular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Traballou con André Derain en Chatou, durante máis dun ano, de onde parte a súa fase máis característica, con formas tendentes ao dramatismo e cores puras. En 1905 expuxo no Salon des Indépendants e no Salon d’Automne. Atraído por Cézanne, estruturou máis os seus cadros e, máis tarde, a súa pintura volveuse máis realista, razoada e expresionista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e biólogo británico. Fixo estudos sobre a difracción dos raios X que permitiron a Watson e Crick propoñer un modelo nuclear do ácido desoxirribonucleico (1953). En 1962 compartiu con estes dous investigadores o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina. Tamén traballou na separación de isótopos de uranio para o proxecto Manhattan que creou a bomba atómica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro do Reagrupamento Democrático de África (RDA), foi o primeiro presidente do país. Prohibiu gradualmente os partidos políticos ata que só quedou o RDA. Foi derrocado por un golpe de estado liderado por S. Lamizana, xefe do estado maior do exército.
VER O DETALLE DO TERMO