"Mie" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 190.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección da medula espiñal que se caracteriza anatomicamente pola formación de cavidades no interior da medula, que se deben a anomalías do desenvolvemento, a tumores intramedulares e a inflamacións medulares.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Asturias, bañado polo río homónimo e situado na Cordilleira Cantábrica, no límite con Castela e León (1.565h [2001]). A poboación vive maioritariamente diseminada e o núcleo principal é Pola de Somiedo. O Parque Natural de Somiedo ten unha extensión aproximada de 300 km2 e foi declarado Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Reserva da Biosfera en 2000. O relevo é de vales angostos e vertentes pronunciadas e inestables, sucadas polos ríos Pigüeña e Somiedo, que se dispoñen en dirección N-S. Existen numerosas mostras de modelado glacial nas zonas máis elevadas, ademais de formas de modelado cárstico na franxa de calcarias que atravesa o parque de SL a NO. A vexetación máis representativa son os faiais e as carballeiras e, entre a fauna, o oso, as diferentes aves rapaces, os rebezos e a pita de monte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Soporte elástico do colchón, constituído por un marco ou bastidor, de madeira ou de metal, que leva unha tea metálica, un conxunto de resortes fixados ao bastidor por outros resortes ou un conxunto de láminas de madeira flexibles, dispostas en paralelo, cuxos extremos descansan sobre os laterais do bastidor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución cultural fundada en 1786 en Estocolmo coa finalidade de cultivar e fomentar a lingua sueca. Outorga anualmente diversos premios de literatura, dos que destaca o Premio Nobel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque nacional que ocupa 1.928 ha dos municipios de Daimiel e Villarrubia de los Ojos, na provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha. Foi creado en 1973 e é un exemplo do ecosistema chamado táboas fluviais, que se formou polos desbordamentos, na súa confluencia, dos ríos Guadiana e Gigüela, favorecido pola escasa pendente do terreo. Representa os ecosistemas ligados ás zonas húmidas continentais. Unha gran variedade de aves acuáticas viven na zona, e das máis adaptadas á auga están diversas especies de somorgullos, ademais de garzas e todo tipo de anátidas ibéricas. Da flora, as plantas acuáticas son o substrato básico do parque, e as únicas árbores presentes son os tarais. Este parque asegura a supervivencia dun gran número de aves que a utilizan como área de descanso. Ten, entre outras figuras de protección, a declaración de Reserva da Biosfera (1981).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óleo de Francisco de Goya realizado en 1814. De grandes dimensións (2,66x3,45 m), representa os fusilamentos por parte das tropas francesas dun grupo de madrileños que se resistían á ocupación. Fai parella con El Dos de Mayo de 1808 ou La carga de los mamelucos en la Puerta del Sol, do mesmo ano. Pintada cunha liberdade técnica sen precedentes, significou a renovación absoluta do cadro histórico. Consérvase no Museo del Prado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
vimbieira.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castro Caldelas baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Joanne Woodward, destacou como intérprete dramática. Da súa filmografía sobresaen The Three Faces of Eva (1956, Oscar á mellor actriz en 1957), Rachel, Rachel (1968), Harry and Son (1983), Mr. and Mrs. Bridge (1990) ou Breathing Lessons (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, II marqués de Valero e I duque de Arión (1725). Foi vicerrei de Sardeña (1704-1706) ao servizo de Filipe V, a favor do que loitou durante a Guerra de Sucesión. Acabada esta, foi recompensado co cargo de vicerrei de Nova España (1716-1722). Volvendo á Península Ibérica, foi presidente do Consello de Indias.
VER O DETALLE DO TERMO