"Miguel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 298.

  • PERSOEIRO

    Xurista. Foi xurado en xefe de Zaragoza e lugartenente de xustiza de Aragón. Foi autor de Repertorium fororum et observantiarum regni Aragonum (1513) e Bernardo Monsoriu publicou un extracto en castelán titulado Suma de todos los fueros y observancias del reino de Aragón y determinaciones de Miguel del Molino (1589). Tamén escribiu sobre o estilo e a práctica das cortes (1516) e publicou un Formulario (1523) sobre a arte de notaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e teólogo. Fundador do quietismo, estableceuse en Roma desde 1663, onde acadou sona como director espiritual. En 1675 publicou Pequeño tratado sobre la comunicación diaria e Guía espiritual, onde expuxo as súas doutrinas. En 1685 foi encarcerado, a consecuencia da intervención dos xesuítas ante Inocencio XI e malia que se retractou deseguido (1687), morreu en prisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Chantada. Realizada con cantaría e cachotaría de granito, trátase dun templo barroco que conserva do románico a nave e a portada do lado sur. O edificio ten planta rectangular e un presbiterio con tramo cadrado e remate semicircular, utilizado como sancristía. Ao presbiterio accédese a partir dun arco triunfal de medio punto, que o separa da nave. No interior, destacan os restos de pinturas murais do s XV, con escenas do Descendemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Quiroga. De grandes proporcións, presenta unha planta de cruz latina sobre a que se ergue, no centro do cruceiro, unha cúpula de media laranxa con nervios radiais de granito. A nave principal está formada por tres tramos separados por pilastras, con arcos de medio punto e bóvedas de canón. Destaca o retablo do testeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático. Foi embaixador de España en Israel (1996) e representante especial da UE para o proceso da paz do Próximo Oriente (1996-2003). Foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores en 2004. Escribiu European Union-Middle East: Developing Societies for Peace: distinguished Lecture (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Defensor do liberalismo democrático e republicano, foi secretario da Junta Revolucionaria de Madrid (1868). Colaborou na formación do Partido Republicano Nacional, propugnou a cátedra libre e propulsou as teorías materialistas. Escribiu La Comuna de París (1872) e Historia general de España (1886-1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Estrada. Construíuse no s XII, en estilo románico, aínda que sufriu diversas remodelacións no s XVIII. Na súa orixe era de planta rectangular, modificada pola construción de capelas que constituíron unha planta en cruz latina. Atopáronse pinturas murais baixo as capas de cal que cubrían as paredes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Catedrático de Lingua e Literatura españolas, ademais do seu labor docente, realizou traballos de crítica literaria e erudición e colaboracións en La Región. Da súa produción destacan Escritores traducidos al gallego (1965), “Los siete cuentos de otoño de Cunqueiro” (1972), en Grial; El diminutivo y la atmósfera religiosa en “El obispo leproso” (1982) e Discografía literaria en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. De raíces expresionistas, comezou a utilizar materiais non pitóricos e evolucionou cara á composición de instalacións. Nelas, recreou a escenografía das paisaxes e comezou a búsqueda da cor e utilización de materiais ensamblados. Realizou tamén carpetas de gravados, ensamblaxes e caixas-colaxe, obras derivadas do construtivismo. En 1980 fundou, xunto a Ignacio Basallo, a primeira asociación sindical de artistas plásticos de Galicia. Da súa obra destaca Vela (1982), Pozzu Cangiari’na testa no tutti i testi (1990) e a serie A Revolta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista e adestrador. Como xogador do Real Madrid C. F. logrou 4 ligas e 3 copas de Europa, e foi internacional en 6 ocasións. Como adestrador conseguiu a marca de permanencia no equipo madridista (1960-1974), co que gañou 9 ligas, 2 copas de España, 2 copas de Europa e 1 Copa Intercontinental. Foi o seleccionador español que estivo máis anos no cargo (1982-1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Biólogo. Doutorouse en Ciencias Biolóxicas na Universidad Complutense de Madrid (1972). Investigador científico e xefe do departamento de Biotecnoloxía e Acuicultura do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, foi director do Instituto de Investigaciones Pesqueras (1983-1987) e vicedirector do Instituto de Investigacións Mariñas (1990-1994). As súas investigacións centráronse na análise residual, dinámica ambiental, metabolismo e aspectos tóxicos dos compostos organoclorados, na calidade microbiolóxica das augas litorais e na súa influencia no cultivo de moluscos, na biorremediación en ambientes mariños, na produción de probióticos e probiontes, na depuración e bioconservación microbiana de residuos da industria alimentaria e na aplicación de modelos matemáticos a procesos de bioconservación, operación e deseño de bioreactores. Membro do consello editorial da revista Investigaciones Marinas, os seus artigos son habitualmente citados en Science Citation Index (SCI). Das súas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Guionista, escritor e xornalista. Arqueólogo de formación, foi reporteiro de guerra nos Balcáns e en Xerusalén, ocupou distintos cargos na Autoridade Nacional Palestina e traballou como correspondente para Europa Press, Radio France Internationale e El Mundo. Presidente da Asociación Galega de Guionistas, fixo unha ducia de guións para documentais, series de televisión como Mareas Vivas e Pratos Combinados e películas como La Ley de la Frontera (1995) e Finisterre (1998). É autor de obras en case todos os xéneros literarios, publicou novelas como Metamorfosis benezianas (Premio Café Gijón, 1983), os libros de relatos Memoria de derribos (1987), Ruído, relatos de guerra (1995) e Mércores de cinza (1997), os libros de poemas Bestiario dos descontentos (1986), Lapidario dos heterodoxos (accésit no IX Premio Esquío 1990) e Lapidario (2004), e dous textos dramáticos, A grande noite...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Gausa. Foi secretario de finanzas tras o Motín de Esquilache (1776), e inspirou as leis de liberdade comercial con América (1778). Foi partidario da industria privada fronte ás manufacturas reais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Afiliado á CNT, a súa actividade centrouse no sector ferroviario. Imprimiu e dirixiu El Luchador Ferroviario (1932-1933) e participou na creación de ateneos e centros culturais vencellados aos cenetistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Residiu en Bos Aires (1921-1923) e frecuentou as tertulias da Xeración do 98 en Madrid. Retratista e figurista, foi un correcto académico, do que destacan as obras Gitana (1914) e Retrato de D. Julián Besteiro Fernández (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Produtor discográfico e cantante. Coñecido como Luis Queimada, foi director da orquestra Queimada e produciu a varios artistas galegos, ademais de buscar novos talentos na súa escola de formación musical. Foi o autor de “Pelegrín”, himno do Xacobeo 93.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Correspondente de Faro de Vigo e Diario 16, foi administrador do Centro Cultural Municipal de Ponteareas (1982-1990). Foi fundador e presidente do Círculo Lírico Galego e do Círculo Colón Gallego, e membro fundador do Centro Luso-Galaico (1982). Publicou o poemario Tempo e terra. Surcos de hastío (1979) e unha biografía do cómico Ignacio Vidales Tomé (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro agrónomo. Foi membro da Misión Biolóxica de Galicia, onde realizou traballos sobre gandaría e xenética. Participou en varias publicacións como Male and female Families and Tribes of the British Large White Breed (1938). Profundou no campo da xenética, sobre todo en relación co grupo animal. Das súas obras destacan Maíz, cebada y arroz en la ceba de cerdos (1942), A los colores del caballo. Guía entre la variedad de ellos y pesquisa de cómo se originan (1951), Estabulación de cerdos ibéricos (1969) e Investigación sobre los datos acumulados en dos piaras experimentales (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Carballedo. Ten nave rectangular románica do s XII e presbiterio recto de estilo renacentista. No s XVI reformouse a capela maior e variou a súa planta. Na fachada principal ten dúas arquivoltas e tímpano debuxado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariñeiro. Participou na expedición contra Orán (1575) e no combate das Ilhas dos Açores na frota de Álvaro de Bazán (1582). Capitán xeneral da escuadra de Gipuzkoa (1587), integrada por mercantes armados, formou parte da Armada Invencible (1588). O seu fillo Antonio de Oquendo (Donostia 1577-A Coruña 1640) mandou as escuadras biscaíña (1598), cántabra e guipuscoana (1607) e foi almirante xeral da Armada do Océano (1623). Obrigou os musulmáns a levantar o cerco de Mamora (1624). Venceu os holandeses en Pernambuco (1631) e, cando se dirixía a Flandres, derrotárono na Batalla das Dunas (1639).

    VER O DETALLE DO TERMO