"Omán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 328.
-
GALICIA
Político, enxeñeiro e economista. Enxeñeiro industrial e licenciado en Ciencias Económicas, traballou en Citroën Hispania (1964-1972) e en 1973 incorporouse a Sociedad para el Desarrollo Industrial de Galicia (SODIGA), onde foi responsable das áreas de Promoción Industrial e Relacións Internacionais ata 1997. Na década de 1960 fundou Galicia Socialista e desde 1964 presidiu a Asociación Cultural de Vigo, centro de oposición cultural e política ao Franquismo. En 1975 contribuíu á creación da Asemblea Nacional Popular Galega (ANPG) e do Partido Obreiro Galego (POG). Foi dirixente de UPG-ANPG (1970-1977), do PSG-EG (1977-1996) e do BNG (1996-1999). Foi un dos redactores do Anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia, participando na Comisión dos 16. Foi deputado no Parlamento galego (1981-1993 e 1997-1999) e no Parlamento europeo polo BNG (1999-2004) formando parte do Grupo de los Verdes-Alianza Libre Europea. Como eurodeputado formou parte dunha misión de paz en Iraq e participou no...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente literaria francesa, dentro do xénero novelístico, nacida arredor da década de 1960 e contraria ás formas tradicionais da novela. Caracterízase pola expresión detallada dos acontecementos narrados e pola esquematización dos personaxes, co obxectivo de reproducir a realidade sen xuízos apriorísticos do autor, co conseguinte abandono da análise psicolóxica das personaxes. Os membros desta corrente conciben o mundo como se o narrador fora un cineasta que se limitara a captar as imaxes que se lle presentan diante e onde as situacións surrealistas e inconsistentes nunca teñen explicación por parte do narrador. Tivo un soporte teórico en diversos artigos e en Pour un nouveau roman (1963) do principal impulsor desta corrente, Alain Robbe-Grillet. Outros expoñentes destacados foron Nathalie Sarraute, Marguerite Duras, Claude Simon ou Michael Butor. En Galicia, esta corrente literaria influíu decisivamente nos traballos desenvoltos polos escritores incluídos no movemento da Nova Narrativa.
-
ENTRADA LARGA
Estado do SL de Arabia, limitado ao N polo golfo de Omán, ao L polo mar de Arabia, ao S polo Océano Índico, ao SO por Iemen, e ao O por Arabia Saudí e polos Emiratos Árabes Unidos (309.500 km2; 2.623.000 h [estim 2001]). A súa capital é Mascate.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Morfoloxicamente é unha terra alta formada por grandes relevos calcarios. O N está dominado pola serra de al-Ah- ḋ ar ( Ǧ agal al-Šām, 3.035 m). O clima, cálido e moi caloroso na costa, é máis morno nas zonas montañosas. Carece de recursos perennes de auga. A economía baseábase ata a década de 1960 na agricultura (palmeira de dátil e cítricos), na gandaría (ovina, caprina e de camelos) e na pesca (sardiñas). O sector primario foi de subsistencia ata 1975. A extracción de petróleo, que comezou en 1967, cambiou substancialmente a economía do país. Tamén é importante a produción de gas natural. En 1983 iniciouse a explotación do cobre e en 1985 a da cromita. A enerxía... -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que eran coñecidos os Emiratos Árabes Unidos.
-
GOLFOS
Golfo do mar de Arabia, comprendido entre a costa N de Omán e a meridional de Irán, cunha anchura máxima de 320 km. Comunícase co Golfo Pérsico a través do estreito de Ormuz.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Omán ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Omán.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adiviñación que se basea na interpretación dos soños. Presente nas relixións e culturas máis antigas, a verdadeira oniromancia presupón que os soños teñen unha linguaxe non comprensible para todos e que, polo tanto, precisan ser interpretados por persoas especializadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de adiviñar o que lle depara o futuro a unha persoa a través do estudo do seu nome.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de dependencia do opio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen padece opiomanía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Impulso morboso e desmesurado que obriga a certas persoas a inxerir certa clase de alimentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección dos cincuenta ordines litúrxicos romanos e romano-franceses máis antigos dos que se identificaron ata o de agora, que editou criticamente Michel Andrieu (1886-1956). O máis antigo parece ser o ORVI, datado en 650-700, que contén as cerimonias de bautismo, e o máis moderno a ORL, datado a mediados do s X, que explica todas as cerimonias do ano litúrxico. Moitos deles compiláronse no Pontifical Romano-Xermánico, do que dependen todos os pontificais e rituais romanos posteriores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adiviñación que se fundamenta na observación do canto ou do voo das aves.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado na Cidade do Vaticano a partir do 1 de xullo de 1861. Subtitulouse “Giornale politico morale”, “Giornale quotidiano” e “Giornale quotidiano político religioso”. Foi voceiro propagandístico do Santo Pontífice e da Santa Sé e, en 1861, pasou a mans dos xornalistas Zanchini e Bastia. O 30 de xuño de 1865 tomou o control o marqués de Baviera e comezou unha nova etapa marcada pola independencia e a polémica con outras publicacións romanas. Aínda que publica documentos oficiais do Vaticano e está considerado como o seu órgano oficioso, é a Acta Apostolicae Sedis a que desenvolve esta función.
-
-
Relativo ou pertencente ao Imperio Otomán.
-
turco.
-
Tecido de trama de algodón e urdido de seda ou de la, que se emprega especialmente na elaboración mantóns, cortinas e tapices.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de territorios sobre os que exerceu a autoridade o sultán de Turquía (1299?-1924). Fundado por Osmán I, a organización do imperio foi obra de Orhan I (1326?-1359), quen dividiu o territorio en san ǧ aqs (‘bandeiras’) e obrigou aos novos súbditos a participar nas empresas de expansión. A expansión otomá tivo un novo impulso coa toma de Constantinopla por Mehmet II en 1453 e a invasión da Europa balcánica, o arrebato aos mamelucos de Siria, Exipto e as cidades santas de Arabia por Selim I (1512-1520), e, finalmente, co dominio de Iraq por Solimán I (1520-1566). Foi o tempo de máximo esplendor do imperio. No s XVIII iniciou a decadencia, motivada, sobre todo, pola incapacidade dos sultáns de gobernar un territorio tan vasto. Grazas á mediación francesa, o Tratado de Belgrado e a atinada política de Mehmet Paxá significaron un rexurdimento do imperio ata a desfeita de Mustafá III (1757-1774) ante Rusia. O enfrontamento do sultán co paxá de Exipto provocou continuas...
-
-
Relativo ou pertencente ás linguas otomangueanas.
-
Familia de linguas do phylum amerindio que falan os pobos do centro de México. Inclúe, entre outras, o mixteco, o zapoteco, o pamé e o otomí.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou ponte vella ou ponte maior Construción situada sobre o río Miño ao seu paso pola cidade de Ourense. Construída en tempos de Traxano ou Augusto, sitúase na vía XVIII ou Nova, que unía Bracara Augusta con Lucus Augusti. Da primitiva fábrica romana consérvase parte das bases dos piares e o primeiro arco da marxe esquerda. Está formada por grandes perpiaños de granito, arcos de medio punto e apuntados e tallamares arredondados, agás un, que é triangular. Foi reformada e reconstruída en varias ocasións desde a época medieval ata o s XVIII e conserva sete dos máis de dez arcos que probablemente tiña en orixe. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1961.
-
VER O DETALLE DO TERMO
No día seguinte a mañá.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional impulsada desde Suíza, España e Países Baixos que agrupa a estudantes e intelectuais católicos con vista á difusión da mensaxe cristiá. Orixinouse nas reunións de estudantes promovidas por G. de Montenach e A. de Mun (1887). A fundación oficial tivo lugar en Friburgo (Suíza) en 1921, co nome de Asociacións Nacionais dos Universitarios Católicos. Foi continuadora da Auxilium Studiorum, que axudara aos estudantes católicos vítimas da Primeira Guerra Mundial (1914-1918), e organizouse, en 1946, en dúas ramas autónomas: Movemento Internacional dos Estudantes Católicos (MIEC) e Movemento Internacional dos Intelectuais Católicos (MIIC).