Nogueira Román, Camilo

Nogueira Román, Camilo

Político, enxeñeiro e economista. Enxeñeiro industrial e licenciado en Ciencias Económicas, traballou en Citroën   Hispania (1964-1972) e en 1973 incorporouse a Sociedad para el Desarrollo Industrial de Galicia (SODIGA), onde foi responsable das áreas de Promoción Industrial e Relacións Internacionais ata 1997. Na década de 1960 fundou Galicia Socialista e desde 1964 presidiu a Asociación Cultural de Vigo, centro de oposición cultural e política ao Franquismo. En 1975 contribuíu á creación da Asemblea Nacional Popular Galega (ANPG) e do Partido Obreiro Galego (POG). Foi dirixente de UPG-ANPG (1970-1977), do PSG-EG (1977-1996) e do BNG (1996-1999). Foi un dos redactores do Anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia, participando na Comisión dos 16. Foi deputado no Parlamento galego (1981-1993 e 1997-1999) e no Parlamento europeo polo BNG (1999-2004) formando parte do Grupo de los Verdes-Alianza Libre Europea. Como eurodeputado formou parte dunha misión de paz en Iraq e participou no Foro Social Mundial de Porto Alegre. Escribiu, ademais de en publicacións económicas e políticas sobre a cuestión nacional galega, Población y desarrollo económico en Galicia (1977), O Poder industrial en Galicia (1980) e A Memoria da nación: o reino da Gallaecia (2001).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lavadores, Vigo