"Omo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 696.

  • coanoflaxelado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás crisomonadais.

    2. Alga da antiga orde das crisomonadais.

    3. Antiga orde de crisofíceas unicelulares cun flaxelo ou dous (máis raramente tres ou catro), xeralmente desiguais e en parte con bárbulas. Actualmente, están repartidas entre a orde das ocromonadais e a das nomulinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Elemento de transición metálico, de número atómico 24 e peso atómico 51,996, situado entre os elementos dos bloques s e p da táboa periódica. Normalmente actúa coas valencias +3 e +6, aínda que presenta un número considerable de graos de oxidación. Na codia terrestre localízase nun 0,02%. N. L. Vauquelin descubriuno en 1797, R. W. Bunsen illouno en 1854 e V. M. Goldschmidt obtívoo en estado puro en 1900. É un metal moi duro, de cor branca azulada, que resiste ben a calor e unha gran parte dos axentes químicos. Os seus minerais principais son a cromita (FeO·Cr 2 O 3 ou FeCr 2 O 4 ) e a crocoíta (PbCrO 4 ), menos abundante. A cromita redúcese a miúdo directamente polo carbono no forno eléctrico e obtéñense ferros coados (ferrocromos), moi ricos en cromos (ata un 70%), destinados á fabricación de aceiros especiais. Para obter compostos puros de cromo divídese finamente o mineral e despois quéntase a 900°C con cal mesturado...

      2. carbonilo de cromo [Cr(CO) 6 ]

        Principal composto do cromo. Obtense por acción do monóxido de carbono sobre unha suspensión de cloruro de cromo(III) no seo dunha solución de bromuro de fenilmagnesio. Emprégase para aumentar o índice de octano da gasolina.

      3. cloruro de cromo(III) [CrCl 3 ]

        Cristais hexagonais de cor violeta e insolubles en auga, obtidos pola acción do cloro sobre unha mestura de óxido crómico e carbono. Emprégase no cromado e como mordente na industria téxtil.

      4. óxido de cromo [Cr 2 O 3 ]

        erde de cromo que se obtén por reacción do cromato ou do dicromato de sodio con xofre. Emprégase como pigmento abrasivo, semicondutor e catalizador.

      5. sulfato de cromo(III) [Cr 2 (SO 4 ) 3 ]

        Sal de cromo que se obtén, en forma hidratada, por disolución do hidróxido crómico co ácido sulfúrico. Emprégase moito como mordente na industria téxtil e no proceso de cromado.

    1. Adobo a base de sales de cromo, como o bicromato sódico ou potásico ou ben o sulfato ou o cloruro de óxido de cromo. Esta técnica desprazou en moitos campos o adobo vexetal, pola maior rapidez e porque dá peles máis lixeiras e suaves. A elevada resistencia á humidade e á tracción, e a flexibilidade resultante, fai que as peles adobadas por este sistema sexan especialmente aptas para calzado e correas de transmisión, entre outras aplicacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reprodución en cores dunha figura baseada no emprego de varias pranchas litográficas, especialmente a estampa pequena de papel, cun debuxo ou fotografía, destinada a coleccións ou xogos infantís. OBS: Na linguaxe técnica adoita empregarse o termo cromolitografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • e suf crom(a/ato/o)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agregado formado por heterocromatina pertencente a distintos cromosomas, visible na interfase ao estar intensamente tinguido por colorantes básicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría cuántica das interaccións fortes, tamén coñecida como cromodinámica cuántica (QCD), na que os quarks cargados con cor intercambian gluóns. Presenta analoxías coa electrodinámica cuántica (QED), na que as partículas cargadas electricamente intercambian fotóns na interacción electromagnética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás algas caracterizadas pola presenza de plastos acastañados ou dourados, xa que son ricos en carotenos, e pola carencia de clorofila b.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a un cromóforo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación atómica insaturada dunha molécula (cromóxeno) que absorbe radiación visible ou ultravioleta de forma selectiva. Son un exemplo os grupos azo, nitro e nitroso. Nos colorantes a cor vén determinada por unha estrutura cromofórica asociada a unha ou algunhas auxocrómicas, que forman unha combinación que absorbe radiación visible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que, estruturalmente, pertence ao grupo das dicromonas. Inhibe a liberación da histamina e da substancia de reacción lenta da anafilaxe (SRS-A) dos mastocitos. Emprégase no tratamento da asma extrínseca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato de experimentación fónica inventado polo portugués A. de Lacerda. Está inspirado no quimógrafo pero, a diferenza deste, no cromógrafo o estilete gravador substituíuse por un tubo capilar de onde sae un fío de anilina que se deposita nun papel móbil, mentres recibe unhas alteracións moduladas de corrente recollidas por un rexistro de boca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de impresión litográfica en tintas inventado por Aloys Senefelder. Consiste no uso dun gravado en pedra ou en prancha de aluminio ou cinc para cada cor que se quere imprimir, ao que se lle aplica un sistema de impresión sucesiva idéntico ao empregado na litografía en negro. Con este procedemento pódense obter carteis, reproducións en cor, etc. OBS: Nun rexistro coloquial tamén se emprega a forma abreviada cromo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á cromolitografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos gránulos de cromatina dun cromosoma que se tingue máis intensamente na profase e que, probablemente, corresponde a rexións de eucromatina máis densamente repregada en hélice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos derivados estruturais da 1,4-benzopirona, presentes como pigmentos das follas e das flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filamento helicoidal de ADN visible durante a interfase e que forma un cromosoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plasto que contén soamente pigmentos non asimiladores, polo xeral amarelos ou vermellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Complexo formado por unha proteína específica conxugada cun pigmento. As cromoproteínas forman un grupo que inclúe: pigmentos respiratorios, como a hemoglobina, a clorocruorina e a hemocianina; fotosintetizadores, como a ficocianina e a ficoeritrina; os citocromos e as flavoproteínas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento renacentista de vento constituído por unha dobre lingüeta encapsulada e curvado no extremo do pavillón. Ten un buraco para o polgar, outro de ventilación na parte curva e sete para o resto dos dedos. É probable que date do s XV e que sexa orixinario do norte de Italia, dende onde se estendeu o seu uso a Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO