"Ove" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 360.

  • CIDADES

    Cidade de Bohemia Oriental, situada en República Checa (99.899 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado no val do Almanzora (14.850 h [2001]). Posúe actividade agrícola, cunha crecente implantación do regadío e da gandería. Destacan as minas de chumbo e prata. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Nuestra Señora de la Asunción e o castelo de Santa Bárbara, declarado Ben de Interese Cultural en 1993.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non admite dúbida nin discusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude absorbente cara ao mundo interior, con abstracción respecto do exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • introvertido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen tende a retirarse en si mesmo, rexeitando entregarse ao mundo exterior.

    2. Aplícase á persoa introvertida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Activo en Urbino en 1468, traballou para Federico de Montefeltro. O seu estilo, aínda gótico, humanizouse co contacto cos renacentistas italianos. Da súa obra destaca A comuñón dos apóstolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario. Presidente fundador de FADESA. Exerceu como presidente da Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios da Coruña, e foi membro do comité executivo da Asociación Nacional de Promotores de España, membro do comité organizador de Barcelona Meeting Point e membro do comité organizador do Salón Inmobiliario de Madrid. Conseguiu situar a FADESA entre as principais inmobiliarias de España. En 2001 foi galardoado co premio ao mellor Empresario Inmobiliario Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Cónsul Jove.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. Foi alcalde do crime en Sevilla (1767) e alcalde de casa e corte (1778) en Madrid, cidade na que contactou cos ilustrados. Coa chegada ao poder de Godoy, foi perseguido, detido e deportado a Mallorca, confinado primeiro na cartuxa de Valldemossa (1801) e, posteriormente, no castelo de Bellver (1802). Liberado en 1808, trala abdicación de Carlos IV, negouse a participar no equipo afrancesado, e formou parte da Junta Suprema Central y Gubernativa del Reino, onde representaba a tendencia ilustrada oposta ao Antigo Réxime e ao liberalismo político. Distinguiuse polas súas ideas renovadoras (humanización da xustiza, fomento das obras públicas, regalismo, loita contra a Inquisición, racionalización do ensino -que consideraba o motor máis potente de transformacións-, liberalismo económico). Expuxo as súas ideas político-económicas no Informe sobre el Banco de San Carlos (1782) e, especialmente, en Informe en el expediente de ley agraria (1795). Escribiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Participou na Guerra de África e ascendeu a xeneral (1863). Subsecretario de Guerra (1864), combateu os revolucionarios de Madrid (1866), pero uniuse á Revolución de Setembro de 1868. Tenente xeneral (1872), foi capitán xeneral de Cuba (1873-1874). Volveu á Península Ibérica e ocupou o cargo de ministro da Guerra no primeiro goberno de Afonso XII (1874-1875). Capitán xeneral de Cuba (1876-1878) e Filipinas (1883-1885), volveu ocupar o ministerio da Guerra no primeiro goberno de P. M. Sagasta (1885-1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en Santiago de Compostela a partir do 1 de xaneiro de 1860. Desde finais de 1860 ata 1862 tivo unha segunda época. Subtitulouse “Revista de instrución pública, ciencias, literatura, bellas artes e intereses materiales”. Difundiron o proxecto Xosé Agra e Xosé Rodríguez Ruibal, mentres que Xosé Planellas exerceu como director. O seu obxectivo era mellorar o nivel cultural e técnico de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico de tendencia liberal editado en Santiago de Compostela a partir do 3 de outubro de 1868. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xosé Rodríguez Ruibal. Trátase dunha publicación fundada por mozos universitarios composteláns, en que se trataba de defender o dereito á liberdade individual, fronte ao caciquismo e a corrupción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario socialista, voceiro das xuventudes do PSOE, editado na Coruña desde o 29 de outubro de 1935 ata a Guerra Civil. Foi dirixido por Luís Tato Vento e composto na Imprenta Obrera, propiedade dos sindicatos cenetistas maioritarios na cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse en Madrid e Roma. Pintou os frescos da cúpula da capela de San Antonio de Cádiz e de San Francisco el Grande de Madrid. Adquiriu o mosteiro gótico de Fresdeval (Burgos) e salvou o seu claustro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Catedrático de Historia Moderna e Contemporánea na Universidad de Murcia (1949-1963) e de Historia Moderna e Universal na Universidad Complutense de Madrid (ata 1974). Renovador da historiografía española, centrou o seu interese no estudo das relacións internacionais e na historia das ideas e das mentalidades. Desde 1975 dirixiu a obra Historia de España, de Menéndez Pidal. Recibiu o Premio Nacional de Historia de España (1981) e o Premio Internacional Menéndez Pelayo (2000) e foi membro da Real Academia Española de Historia desde 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao son que se articula coa participación dos labios e o posdorso da lingua (órganos activos), e o veo do padal (órgano pasivos). En galego son labiovelares [o], [ "Stone Sans PhoneticIPA"; ɔ ] e [u].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Articulación que se realiza coa participación dos labios, o posdorso da lingua e o veo do padal.

    2. Propagación do carácter labiovelar dun son a outros que forman parte dunha mesma secuencia sintagmática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín de periodicidade trimestral editado en Santiago de Compostela a partir do outono de 1991. Presentouse como voceiro dunha nova iniciativa editorial e coa coordinación de Francisco Pillado Mayor. Nas súas follas e artigos analizáronse cada un dos volumes publicados por Edicións Laiovento e as opinións dos autores, ademais doutras noticias culturais de interese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo das Nacións Unidas integrado polos organismos internacionais Biosfera, Xeosfera e Sobre Dimensións Humanas do Cambio Ambiental. A sede está en Barcelona. Dedícase ao estudo da relación entre o uso do territorio e o cambio global, entre o sostemento e o uso do territorio, e entre o uso do territorio, bioxeoquímica e o clima.

    VER O DETALLE DO TERMO