Joven Rienzi, El

Joven Rienzi, El
[PUBLIC]

Periódico de tendencia liberal editado en Santiago de Compostela a partir do 3 de outubro de 1868. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xosé Rodríguez Ruibal. Trátase dunha publicación fundada por mozos universitarios composteláns, en que se trataba de defender o dereito á liberdade individual, fronte ao caciquismo e a corrupción.